.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

TEMA 8: OS REIS CATÓLICOS: A MONARQUÍA AUTORITARIA


TEMA 8: OS REIS CATÓLICOS (1479-1516): ESTADO MODERNO

  1. INICIO DOS TEMPOS MODERNOS:
    A. Realizacións:.
    a. Unificación dos reinos, fin da Reconquista, creación dun Estado moderno.
    b. Hexemonía no Mediterráneo occidental, comezos de expansión en América.
    c. Maior estabilidade social, en contraste con convulsións anteriores.
    d. Incorporación cultural de España ao humanismo renacentista.
    B. Claves do seu éxito:
    a. O seu matrimonio: Froito da visión política de Juan II que buscou en Castela apoio fronte a Francia.
    b. Onda de recuperación económica no occidente europeo.
    c. Personalidade complementaria:
    -Fernando: Política exterior e cuestións importantes.
    - Isabel : Actividade en cuestións interiores.
    d. Capacidade para elixir colaboradores en función das súas aptitudes.

    2. ESFORZO POLA UNIDADE PENINSULAR:

    a. Unión de tipo persoal entre Castela e Aragón, tras unha guerra civil con Xoana, filla de Enrique IV, apoiada por Portugal.
        - Castela e Aragón manteñen a súa organización peculiar respectiva.
    c. Fin da Reconquista: Conquista de Granada, 1492, con armas e diplomacia.
    d. Recuperación de Rosellón-Sardeña por vía diplomática.
    e. Ocupación de Canarias.
    f. Conquista de Navarra en 1512 polo Duque de Alba.
    g. Intentos de unión con Portugal por vía matrimonial: - Dous das súas fillas, casadas con monarcas portugueses: Isabel e María con Manuel o Afortunado (a 2ª logo de morta a 1ª)

    3. CRÉASE UN ESTADO MODERNO:

    A: Sometemento de Estamentos ao poder Real
    a. Nobreza: Perde poder político independente, conserva o económico.
    b. Clero: 1) Polo Padroado Rexio, os reis propoñen persoas para ocupar cargos eclesiásticos; 2) Reforma de Cisneros.
    c. Burguesía pouco poder: 1) Os reis conseguen maior independencia económica.
            2) Apenas convocan ás Cortes.
    d. Municipios: Sometidos a través de delegados gobernativos : Corrixidores .
    B: Nova estrutura estatal: Autoridade monárquica forte: monarquía autoritaria.
    a. Creación de Consellos: Organismos consultivos.
    b. Creación dun exército permanente.
    c. Codificación das leis.
    d. Reorganización da facenda: O Estado consegue independencia económica.
    e. Diplomacia permanente.
    f. Política relixiosa de unidade:
        1) Igrexa única: Mudéxares e xudeus, obrigados a converterse ou emigrar. Os xudeus expulsados en 1492.
        2) Inquisición ou Santo Oficio, para vixiar aos conversos.
        3) Igrexa reformada: Cisneros reforma o clero secular e regular.

    4. ECONOMIA ( Premercantilismo) :

    a. Auxe da gandería: Privilexios da Mesta, en prexuízo da agricultura.
    b. Monopolio do ouro e prata por parte do Estado.
    c. Lento desenvolvemento industrial: Algunha medida proteccionista, pero insuficiente.
    d. Falta de política mercantilista ordenada e coherente.
        - Expórtanse materias primas, la especialmente; impórtanse manufacturas.

    5. POLITICA INTERNACIONAL

    a) Intervención en Italia contra os intereses de Francia.
        -Conquista de Nápoles polas tropas do Gran Capitán.
    b) Ideal de Cruzada na loita contra os turcos do Norte de África.
        -Conquista de Melilla, Oran, Buxía, Trípoli.
    c) Política matrimonial que buscaba illar a Francia.
        -Casan aos seus fillos con monarcas portugueses, ingleses e Habsburgos
  2. Fonte: Daniel Gómez Valle
    6. HUMANISMO CRISTIÁN:

    Síntese entre tradición hispánica e tendencias renacentistas.
    A característica principal do humanismo español é o seu sentido católico. Hai unha admiración dos clásicos, pero nun aspecto puramente literario
        - Figuras: Cisneros, crea a Universidade de Alcalá; Nebrixa, primeira gramática castelá.
    LITERATURA: Destacaron os místicos SANTA TERESA e SAN XOÁN DA CRUZ, tamén Garcilaso da Vega, Frei Luís de León, "El Lazarillo de Tormes"

    7. ARTE:

    Pervivencia do Gótico e inicios do renacemento que se vai desenrolando despois da metade do século XVI
    Existiron diversos estilos:
  3. ARQUITECTURA:
    OBRAS:
    PLATERESCO Universidade de Salamanca. Casa das Conchas, -Portada do Hostal dos reis Católicos en Santiago
    PURISTA ou Clasicista: San Xoán dos Reis. Pazo de Carlos V en Granada
    HERRERIANO: Mosteiro do Escorial. Cartuxa de Miraflores...
  4. ESCULTURA: Utilízase moito a madeira con pinturas policromadas e pans de ouro
    ALONSO BERRUGUETE: Retablo de San Bieito en Valladolid
    XOÁN DE XUNI: Santo Enterro
  5. PINTURA: Juan de Juanes e Luís Morales, pero sen dúbida o máis máis destacado foi O GRECO que xogou nos seus cadros coa luz e a cor OBRAS: -O enterro do Conde Ordaz, O cabaleiro da man no peito, o espolio, San Mauricio...

    VISIONAR VIDEO



    ***************
    Para saber máis sobre o Tema ir á páxina de Recursos de 2º ESO

No hay comentarios:

IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04