.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

Actividades Mapa Físico de Europa

EUROPA FÍSICA
Fai click no mapa para baixalo ou imprimilo
Para repasar o mapa de EUROPA pincha no seu nome. Dende aqui podes tamén baixar o mapa físico mudo, imprimilo e despois completalo cos accidentes xeográficos propostos
 Accidentes xeográficos propostos:
 
CORDILLEIRAS E MACIZOS
RÍOS e LAGOS
MARES
PENÍNSULAS
ILLAS
CHAIRAS, DEPRESIONS
E MESETAS
CABOS, ESTREITOS, CANAIS E GOLFOS
1. Montes Escandinavos
2. Montes Urais
3. Montes Grampianos
4. Cárpatos
5. Caúcaso
6. Alpes
7. Alpes Dináricos
8. Balcáns
9. Macizo Central
10. Perineos
11. Apeninos


PICOS
12. Mont Blanc
13: Elbrus
1. Pechora
2. Dvina
3. Volga
4. Ural
5. Don
6. Dniepper
7. Dniester
8. Vístula
9. Oder
10. Elba
11. Rhin
12. Danubio
13. Támesis
14. Sena
15. Loira
16. Ródano
17. Po


LAGOS
Ladoga
1. Océano Atlántico
2. Mar Báltico
3. Mar de Noruega
4. Mar do Norte
5. Mar Cantábrico

6. Mar Mediterráneo
6a. Mar Tirreo
6b. Mar Adriático
6c. Mar Xónico
6d. Mar Egeo

7. Mar de Mármara
8. Mar Negro
9. Mar de Azov
10. Mar Caspio

11. O. Glacial Ártico
1. P. de Kola
2. P. de Xutlandia
3. P. Ibérica
4. P. Itálica
5. P. Balcánica
6. P. Peloponeso
7. P. de Crimea



ILLAS

1. Islandia
2.Británicas (Irlanda e Gran Bretaña)
3. Baleares
4. Corsega
5. Sardeña
6. Sicilia
7. Malta
8. Creta
1. Ch. de Europa Oriental
2. Gran Chaira Europea

3. Depresión do Caspio


4. Meseta de Rusia Central
1. Cabo Norte
2. Cabo Fisterre
3. Cabo de San Vicente
4. Canal da Mancha
5. Estreito de Xibraltar
6. Estreito Dardanelos
7. Estreito do Bósforo
8. Golfo de Botnia
9. Golfo de Vizcaia





Para aprender máis xoga co mapa  pinchando nestes enlaces:



Fontes utilizadas: páxinas dos profesores: Enrique Alonso e Isaac Buzo Sánchez

Autoavaliate facendo este test :
        Ligazón test                                   Fonte Prof. Juanjo Romero

Tema IV: RÍOS E MARES. GALICIA. ESPAÑA



1. A auga na natureza
1.1. Auga salgada: océanos e mares
A meirande parte da auga do noso planeta é salgada (97,21% da auga que existe na Terra) e atópase nos océanos e máis nos mares.
  • Un océano é unha gran masa de auga que separa os distintos continentes. Os grandes océanos da Terra son: o Pacífico, o Atlántico e o Índico. Os tres xuntos forman, ao Sur da Terra, o océano Glacial Antártico.
O Pacífico e mais o Atlántico únense, ao Norte, formando o océano Glacial Ártico.
  • Os mares son a prolongación dos océanos nas zonas máis próximas aos continentes, como por exemplo o mar Cantábrico ou o mar Caribe, que son unha continuación do océano Atlántico.
1.2. Auga doce: lagos e ríos
A auga doce do planeta representa o 2,79% do total da auga da Terra, e repártese entre: lagos e ríos, capas e humidade do solo, icebergs e glaciares, e a atmosfera.
  • Os lagos son masas de auga permanente depositadas en depresións e que se alimentan da auga da chuvia e da que achegan os ríos.
  • Os ríos son correntes continuas de auga. A auga dos ríos procede de fontes e de mananciais, da chuvia ou da fusión da neve.
A cantidade de auga que leva un río é o caudal. O caudal dun río depende das características da súa cunca, isto é, do conxunto de terras cuxa auga vai parar ao devandito río.
O réxime dos ríos
O réxime dun río é o conxunto de variacións que experimenta o seu caudal ao longo do ano.
  • Se o río ten un réxime pluvial, significa que as súas augas proceden principalmente da chuvia. O seu caudal depende da extensión da cunca do río e da regularidade e mais da cantidade da chuvia:
– Se un río recolle a auga dunha cunca que recibe chuvia abundante todo o ano, será moi caudaloso e regular.
– Se a chuvia da cunca dun río non é regular, ese río ha de ter enchentes na época de chuvia e estiaxes nas épocas secas.
  • Cando a alimentación do río é de réxime nival, a auga procede maioritariamente da fusión da neve. Este tipo de ríos presentan enchentes na primavera e a comezos do verán, pero o seu caudal é baixo no inverno.
A circulación da auga.
 
2. A dinámica oceánica
2.1. Os movementos de mares e océanos
Debido á acción das ondas, das mareas e das correntes mariñas, a auga dos océanos e mares está sempre en movemento.
As ondas
As ondas son ondulacións que se forman cando o vento axita a superficie de mares e de océanos. A auga rízase e empurra a que está ao carón, e esta, ao mesmo tempo, axita a auga contigua, e así de maneira sucesiva.
Cando observamos as ondas desde a costa, temos a impresión de que avanzan cara á praia, pero en realidade non se desprazan: unicamente soben e baixan nun movemento de tipo circular, e defórmanse e rompen cando rozan o fondo do mar.
As mareas
As mareas son ascensos e descensos do nivel da auga do mar provocados, basicamente, pola atracción da Lúa sobre a auga de océanos e mares.
  • A fase na que o nivel da auga sobe, coñecémola como marea alta.
  • A fase de descenso chámase marea baixa.
marea alta e marea baixa
As correntes mariñas
As correntes mariñas son como grandes ríos que discorren polos océanos. Aínda que semelle estraño, a auga das correntes e a auga do resto do mar non se mestura porque é moi distinta unha da outra en temperatura, densidade e salinidade.
Cando a temperatura dunha corrente é superior á da auga contigua, considérase que é unha corrente cálida, e se a temperatura da corrente é inferior, a corrente é fría.

2.2. A acción do mar na modelaxe das costas
A acción da auga (ondas, mareas e correntes) modela as costas, desgastando os cantís e provocando o seu retroceso.
As rochas que foron arrincadas do cantil, xunto cos sedimentos que os ríos depositaron no mar, son arrastradas polas correntes costeiras e deposítanse en zonas resgardadas, onde se van formando praias, albufeiras, etc.

  
GALICIA:

GALICIA:
Unidades de relevo:
a)      O Litoral:  Bañado polo mar Cantábrico e o Océano Atlántico
a.      Rías:
                       Altas:  Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro e Ortigueira
                       Medias:  Ferrol, Betanzos, Coruña; Corme e Laxe; Camariñas e Corcubión
                       Baixas: Muros e Noia; Arousa; Pontevedra e Vigo
b.      Cabos: Estaca de Bares, Ortegal, , Prior, Roncudo, Vilano, Touriñan, Fisterre e Corrubedo
c.       Illas: Sisargas, Sálvora, Ons e Cies
b)     As Serras:
a.       Serras do Litoral occidental: Sª do Barbanza e Sª do Morrazo
b.      Serras Centrais (Dorsal galega): Serra da Loba, Cova da Serpe, Farelo, Faro, Faro de Avión, Suido
c.       Serras setentrionais: Faladoira e Xistral
d.      Serras Orientais: Sª de Meira, Sª dos Ancares (Penarrubia), Courel (Pia Paxaro), Sª do Eixe (Pena Trevinca),  Sª de Qeuixa (Cabeza de Manzaneda), Sª de San Mamede.
e.       Serras Sudorientais: Sª Segundeira e Sª do Xurés.
c)      Mesetas, Chairas e depresións:
a.       Meseta de Lugo e Terra Cha
b.      Chaira de Bergantiños e da Mariña Lucense
c.       Depresión Meridiana (Tui-Padrón) , D. de Sarria, D. de Monforte, D. de Maceda, D. do Limia
d)     Vales Fluviais: RÍOS
a.       Vertente Cantábrica: Eo, Masma, Landro
b.      Vertente Atlántica: Eume, Xallas, Tambre, Ulla e Umia, Lérez, Oitabén e o Río Miño co seu afluente o Sil  e cos encoros de Belesar e San Estevo

Rías Baixas                                         Rías Altas     


ESPAÑA:



Unidades de relevo de España
O relevo ibérico é moi variado. Caracterízase pala abundancia de montañas e mesetas de considerable altitude. En Europa só Suíza ten unha maior altitude media.
As unidades que constitúen o relevo peninsular son:

a) A Meseta Central e os seus sistemas montañosos.
A Meseta: Ocupa, aproximadamente, o centro de España e ten unha altitude media duns 600 metros. Está rodeada de montañas, excepto polo oeste.
Montañas Interiores á meseta: o sistema Central e os Montes de Toledo.
Montañas que rodean a Meseta: Cordal Cantábrico, sistema Ibérico e Serra Morena.
Montañas exteriores: Macizo Galaico, montes Pirineos, cadea Costeiro-Catalana e sistema Béticos e Penibético.

b) Os grandes vales do Ebro e do Guadalquivir e as chairas litorais




Tema III: AS FORMAS DA TERRA. O NOSO CONCELLO.


As Capas da Terra:

 A estrutura da Xeosfera:
A Terra é unha grande esfera lixeiramente achatada polos polos que se divide en tres grandes zonas concéntricas. A parte máis interna é o núcleo e supón un 15% do volume total do planeta. Ao seu redor está o manto, que representa un 84% do volume da Terra.
A capa externa é a codia, que apenas representa o 1% do total do planeta. A codia, xunto coa parte superior do manto, recibe o nome de litosfera.
A codia terrestre
A codia terrestre ten unha anchura moi desigual. A codia terrestre non é lisa, senón que forma montañas, vales, depresións e chairas que configuran o relevo da Terra.
O relevo da Terra, aínda que parece estable, cambia debido á acción dos axentes internos (volcáns e terremotos) e externos. Os relevos transfórmanse tamén lentamente pola acción da auga, do vento e da actuación humana. 
Actividade de repaso
A deriva dos continentes
Segundo a teoría da deriva dos continentes, a codia da Terra estaba formada por un único continente, denominado Panxea, que aboiaba sobre o manto.
O movemento de rotación da Terra rompeu este único continente dando lugar ás chamadas placas tectónicas.
Malia os lentos movementos, cando dúas placas baten unha delas pode elevarse formando grandes cordilleiras, mentres que a outra se afunde ata crear profundas fosas mariñas.
Os puntos de contacto entre dúas placas son áreas de grande inestabilidade, que se manifesta en forma de terremotos e volcáns.

Os axentes internos As forzas internas da Terra ou axentes internos, provocan os terremotos e os volcáns.
Os terremotos son sacudidas que se orixinan no interior da Terra e que se propagan en forma de ondas sísmicas. 

Os volcáns son profundas fendas na codia terrestre polas que ascende o magma. Este pode saír ao exterior en forma de erupción volcánica.
Nas erupcións volcánicas expúlsanse gases, cinza, pedras e lava incandescente. Estes materiais, ao contacto co aire, arrefrían e forman os chamados conos volcánicos.
Os axentes externos
As formas do relevo tamén son o resultado dos axentes externos: auga, vento, vexetación, ser humano…
A auga, principal axente modelador da paisaxe, pode actuar intensamente e de diversas maneiras: a auga da chuvia (barrancas, vales, chairas e deltas), a auga xeada, as ondas, as correntes mariñas, as mareas (praias, golfos), ...
O vento desgasta as rochas e erosiónaas.
As raíces de plantas e árbores poden axudar a romper as rochas, pero tamén a fixar o solo na aba das montañas.
O Ser Humano actúa sobre o medio físico transformando a paisaxe natural (edificación de cidades, vías de comunicación, encoros, pontes, portos, etc.,)
Actividade de repaso Vicens Vives

Formas de relevo : 
O relevo terrestre (Fonte Juanjo Romero)
Relevo Continental (Fonte Isaac Buzo Sánchez)
Relevo Oceánico  (Fonte (Fonte Isaac Buzo Sánchez) 
Formas do Relevo Costeiro ou do litoral (Isaac Buzo Sánchez)

Aprender a definición de cada unha das formas do Relevo

Amplía Conceptos deste Tema

A división do mundo en continentes
Os continentes son grandes extensións de terras emerxidas que separan os océanos:
A auga ocupa tres cuartas partes da superficie terrestre e forma cinco grandes océanos:
o Pacífico, o Atlántico,  o Índico e os acéanos Glacial Ártico e Glacial Antártico
Algúns sectores dos océanos situados xunto ás costas denomínanse mares (como o Caribe ou o Adriático).
Nos océanos e nos mares emerxen algunhas porcións de terra rodeadas pola auga que se denominan illas, que cando se agrupan forman arquipélagos
Actividades multimedia Vicens Vives: Actividade
O NOSO CONCELLO 
Península de Barbanza. Formada pola comarca da Barbanza e tamén por parte da bisbarra de Muros-Noia
A Bisbarra do BARBANZA:  Formada polos concellos de: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira
Península do Barbanza Ademáis dos anteriores tamén están nela: Porto do Son, Noia e Lousame

Accidentes xeográficos máis importantes:
Parroquias que o forman: Aguiño,  Artes, Carreira, Castiñeiras Corrubedo, Oleiros,Olveira, Palmeira, Ribeira
Montes: A Curota, A Garita, Castro da Cidade, Facho, Os castelos, Os Forcados, San Alberto, Tahume
Ríos: Listres, Artes
Lagoas: Carregal, Vixán
Illas: Falcoeiro, Forcadiño, Noro, O Carreiro, Rúa, Sagres, Sálvora, Vionta
Praias: A ladeira, A Tasca, Penisqueira, Area Secada, Baleiros, Castro, Corna, Coroso, O Vilar
Cabos: Corrubedo, Punta de Couso
MAPAS:
 Ribeira                                                                               Ribeira Mudo        

Para saber máis sobre Ribeira
 

TEMA II: A representación da Terra: Os mapas



Tema 2: A Representacion da Terra. Os mapas
Introdución
Antigamente, a realización de mapas era lenta e difícil, xa que se debuxaban a partir de observacións sobre o terreo .
Na actualidade, os mapas realízanse partindo de fotografías aéreas e de imaxes obtidas por satélites artificiais.
Estas técnicas cartográficas permiten representar exactamente a superficie da Terra.
Os mapas teñen múltiples usos, un deles pode ser para orientarnos.

A latitude e a lonxitude
Serve para:
a) Situarnos no espazo terrestre
b) Localización exacta dun punto na Terra

a) Para situarnos no espazo terrestre
Coa finalidade de calcular a distancia entre distintos lugares da Terra ou determinar unha situación exacta, creouse un sistema de localización : as coordenadas xeográficas .
As coordenadas xeográficas: son unhas liñas imaxinarias ( paralelos e meridianos ) que aparecen nos globos terráqueos e mapas formando unha cuadrícula.

Os paralelos son liñas imaxinarias paralelas ao Ecuador . O Ecuador é o paralelo 0.
Os meridianos son liñas imaxinarias trazadas de Norte a Sur, de polo a polo. Greenwich é o meridiano 0 .


b) Localización exacta dun punto na Terra (Latitude e Lonxitude)
Para situar exactamente un punto na Terra hai que buscar o paralelo e o meridiano que pasan por ese punto.
A latitude é a distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o Ecuador (o paralelo 0 ). Pode ser Norte ou Sur.
A lonxitude é a distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o meridiano de Greenwich (ou meridiano 0 ). Pode ser Leste ou Oeste.


A representación da Terra: Os mapas e as proxeccións

A mellor forma de representar a Terra é o globo terráqueo ; xa que logo, para un estudo polo miúdo dalgunhas partes da Terra, isto podería resultar imposible.
Para isto, os cartógrafos idearon a maneira de representar unha imaxe esférica nunha superficie plana: os mapas .
Dado que proxectar de forma exacta unha superficie esférica sobre unha superficie plana é imposible, ideáronse distintos tipos de proxeccións cartográficas : cilíndrica , cónica e plana ou cenital .

A escala dos mapas
A escala indícanos cantas veces se reduciu unha zona xeográfica real para poder ser representada no mapa.
A escala aparece escrita nos mapas e planos de forma numérica (unha fracción) ou de forma gráfica (unha liña recta dividida en segmentos).
En función da escala os mapas poden ser de grande escala (denominador pequeno) ou de pequena escala (denominador grande).

Escala Gráfica: Nos mapas a escala gráfica ven representada por unha liña graduada ou  gráfica na que se representan os Km que se corresponden coa realidade; máis ou menos así:

 

Para calcular, mediante a escala gráfica, a distancia entre dous puntos, podemos facelo de dúas maneiras:
A: Proceder como nos indican no libro de texto na páxina 22
                         D no mapa en cm  X  Km que marca a regleta
Distancia real = ------------------------------------------------
                                       Lonxitude da regleta en cm

B: Ou ben:
1º:Tomar  cun compás a abertura (distancia entre dous puntos)
2º:Con esa abertura ir sobre a escala gráfica do mapa e mira-los Km que marca. Esa será a distancia real en linea recta entre os dous puntos.
Se a abertura é máis grande que toda a escala gráfica, teremos que ver cantas veces está contida a escala gráfica na abertura, sumaremos as distancias e co cacho que sobre procederemos como no primeiro caso.
Exemplo: No mapa da páxina 22 do libro de texto calcula-la distancia real entre 2 puntos distancias que se elixan ao chou. (Ex. Santiago e Barcelona,...)
Escala numérica: Nos mapas ven representada por dous números (unha fracción) así: 1:50.000  ou ben así      1/ 50.000
O numerador da fracción representa a medida que se toma como base, e o denominador ás veces que esa unidade se corresponde coa realidade.
E dicir que 1 medida tomada no mapa equivale a 50.000 na realidade.
Nos mapas tomase como medida o cm.
 Exemplo: Supoñamos que temos un mapa con escala 1:600.000 e queremos calcula-la distancia entre dous puntos A e B.
1º : Collemos unha regra e medimo-la distancia entre A e B, supoñamos que sexan 14 cm. Entón teremos que face-las seguintes operacións:
14 x 600.000 = 8.400.000 de cm e dicir que 14 cm no mapa serán na realidade 8 millóns catrocentos mil cm na realidade.
Se nos mandan expresa-lo resultado en m. teremos que dividir por 100 e se nolo mandan en Km teremos que dividir por 100.000 polo tanto quedaría así:
8.400.000 : 100 = 84.000 m                        ou ben                               8.400.000 : 100.000= 84 Km.
Os mapas:Tipos de mapas
En xeral, os topógrafos traballan con dous tipos de mapas: os topográficos e os temáticos .
Os mapas topográficos inclúen información tanto de aspectos físicos (naturais) como humanos (artificiais) e adoitan servir de base para realizar outros mapas.
Os mapas temáticos reflicten un aspecto concreto da realidade: o clima, a vexetación, a poboación, os recursos económicos …

 Os signos convencionais:
Cada un dos elementos que aparecen no mapa represéntase mediante un símbolo ou unha cor . A estes símbolos denomínaselles signos convencionais .
Na lenda aparecen os signos convencionais xunto ao seu significado .
Os signos convencionais utilizados nos mapas temáticos adoitan ser: tramas de cores, liñas, puntos, círculos, ... que poden ser de tamaños e grosores distintos.
Signos Convencionais serven para ler un mapa:
Ler un mapa é aprender a localizar e a interpretar a información que está representada.
Todos os mapas reproducen a realidade de maneira simplificada e proporcional.
Para ler un mapa hai que seguir certos pasos: ter en conta a escala , entender a lenda e, cando sexa posible, confrontar a información con outros mapas, fotografías, textos, etc.

TEMA I: A terra Planeta do Sistema solar

A TERRA
1. O SISTEMA SOLAR:
 
Ver Video : O Universo
2. A TERRA. O PLANETA AZUL
A Terra vista desde o espazo presenta unha cor azulada debido á abundancia de osíxeno que hai na atmosfera.
A Terra non é unha esfera perfecta, xa que está lixeiramente achatada polos polos ( xeoide ) .
Se o noso planeta se cortase polo Ecuador, quedaría dividido en dous hemisferios iguais: o hemisferio Norte (ou continental ) e o hemisferio Sur (ou marítimo ).
A superficie total da Terra é de 510 000 000 km 2 , aproximadamente 1000 veces a superficie de España. 
 
Vídeos do Planeta Terra vista dende o espacio:
Planeta azul            
3. MOVEMENTOS DA TERRA: Definición e Consecuencias:
O noso planeta ten varios movementos, pero os fundamentais son dous:

3.1. ROTACIÓN. Experimentalmente, este movemento da Terra foi demostrado polo físico Foucault en 1.852. Consiste no xiro arredor do seu eixe, a unha velocidade de 1.674 km/h no ecuador e cun período de 23 h 56 min 4 s.
Consecuencias:
- Sucesión do día e da noite:Este movemento determina a aparición sucesiva dos días e das noites.
- Distinta hora segundo o lugar :Diferencia de horas dun lugar a outro da Terra
- A desviación dos corpos hacia a dereita no Hemisferio Norte e cara a esquerda no H. Sur




Premer para visionar Video: Movemento de Rotación
3.2. OS FUSOS HORARIOS
Debido ao movemento de rotación da Terra, amence primeiro nos lugares situados cara ao Leste.
En España amence antes nas illas Baleares que en Madrid ou en Galicia.
Como o problema do horario era común para todo o mundo, acordouse dividir a Terra en 24 fusos horarios.
Deste xeito, todos os lugares situados nun mesmo fuso ou zona horaria teñen a mesma hora.

Premer aqui:

3.3. TRASLACIÓN. É o movemento da Terra arredor do Sol nunha órbita que os gregos denominaron eclíptica. O seu período é de 365 días 5 h 48 m 45 s e a velocidade media é de 107.000Km/h 
Consecuencias:
Este movemento e a inclinación do eixe terrestre con respecto á eclíptica (23º 27` 30") determina a sucesión das catro estacións do ano.
Esta circunstancia dáse catro veces ó ano:
*Nos equinoccios da primavera e do outono (a noite dura igual que o día).
*Nos solsticios do verán (o día máis longo) e do inverno (a noite máis longa). Estas variacións son contrarias nos hemisferios Norte e Sur.
A diferente duración dos días e das noites case non se aprecia na zona ecuatorial e nos trópicos. Polo contrario onde se aprecia máis é nos Círculos Polares e nos Polos, chegando a haber 6 meses de día e 6 de noite.




Resumo A terra e os seus movementos



Libro 3D Vicens Vives
Para descargar resumo do Tema premer AQUI
Para saber máis. Premer Aqui

TEMA 14: A POBOACIÓN DE ESPAÑA E DE GALICIA

Resumo do tema:
TEMA 14: A poboación de España e de Galicia

Introdución
España é un país pouco poboado en comparación con outros países europeos. Así e todo, durante o século XX e ata os nosos días sufriu un gran crecemento da poboación.

Os trazos que caracterizan a recente evolución da poboación española son: un descenso da natalidade, unha elevada esperanza de vida, o aumento da poboación e a chegada dunha inmigración masiva.
 1.  Evolución da poboación española
1.1.  O modelo de transición demográfica
En España, o modelo de transición demográfica iniciouse tarde respecto doutros países europeos, pero o proceso responde ás mesmas razóns:
Ata comezos do século XX deuse unha fase de estabilidade demográfica.
Entrado o século XX a mortalidade comeza a descender de modo continuado.
A partir de 1975, a taxa de natalidade cae de forma espectacular.
Hoxe, España conta con moitísima poboación estranxeira.

Para seguir lendo o tema: Picade no seguinte link:  

Un esquema e un PP para aclarar ideas:

Fonte: Daniel Profesor de Instituto de Talavera la Real

Para saber máis:

Sobre o Poboamento

Ver Presentacion: "Poboamento Rural e urbano" . Fonte Prof. Isaac Buzo


IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04