.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

TEMA 9: OS GRANDES DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS

RESUMO DO TEMA

Os grandes descubrimentos xeográficos

1. As grandes viaxes marítimas
1.1. Os obxectivos das grandes viaxes
Na Idade Media, o comercio europeo con Oriente realizábase a través da ruta da seda que percorría o Mediterráneo, chegaba a Constantinopla e atravesaba Asia central.
En 1459, os turcos conquistaron Constantinopla e obstaculizaron as vías tradicionais de comercio con Oriente. Por iso fíxose necesario atopar novas vías marítimas.
A partir do século XV, desenvolvéronse unha serie de expedicións marítimas que abriron novas rutas comerciais, alcanzaron novos continentes e ampliaron o mundo ata daquela coñecido.
A chegada a América de Cristovo Colón ampliou os horizontes xeográficos coñecidos.

As CAUSAS que as motivaron poden resumirse en:
ECONÓMICAS: Necesidade de buscar unha vía segura para comerciar con Oriente.
IDEOLÓXICAS: Curiosidade polo descoñecido, desexo de fama…
   Afán emprendedor dos homes do Renacemento
TÉCNICASConstrucción de naves grandes, rápidas e seguras. (Caravela)
                                    Perfeccionamento do TEMÓN e o COMPÁS
                        Progreso da cartografía.
RELIXIOSAS: Continuidade do ideal de cruzada.

1.2. As expedicións portuguesas
Os navegantes portugueses foron os primeiros en aventurárense cara ao Sur polo Atlántico, abrindo novas rutas:
A ruta africana. Acadaron as illas Madeira (1418) e as Azores (1431). Máis tarde, bordearon a costa africana cara ao Sur e chegaron ao golfo de Guinea (1460), onde estableceron colonias comerciais.
A ruta da India. A expedición dirixida por Vasco da Gama, alcanzou a costa da India (1498), abrindo o camiño posterior cara ás illas Molucas ou das Especias.

2. Castela atopa un novo continente
2.1.  O proxecto de Colón
Cristovo Colón, un mariñeiro posiblemente xenovés, pensaba que podía chegar a Asia navegando cara ao Oeste, a través do Atlántico, sen ter que bordear África.
Colón presentoulles o seu proxecto aos Reis Católicos, e Isabel accedeu a financiar a expedición, asinando as Capitulacións de Santa Fe (1492).
2.2.  As catro viaxes colombianas
A primeira viaxe. A primeira expedición de Colón saíu do porto de Palos en agosto de 1492. As embarcacións iniciaron a travesía do Atlántico, e o 12 de outubro de 1492 viron terra.
Descubriron a pequena illa de Guanahaní, nas Bahamas, á que Colón lle chamou San Salvador. Máis tarde exploraron a illa de Cuba e Haití. A comezos de 1493 a expedición regresou a España.
As outras viaxes de Colón. A segunda expedición partiu en 1493. Establecéronse na illa chamada por Colón A Española. Púxose en marcha un sistema de factorías comerciais.
Na terceira viaxe (1498), Colón chegou á illa de Trindade. Na cuarta viaxe (1502) percorreu as costas de América Central.



2.3.  A repartición entre España e Portugal
Os Reis Católicos solicitáronlle ao Papa a soberanía das terras descubertas por Colón para exploralas e evanxelizalas.
Pero Portugal tamén aspiraba ao control dos mares e das terras exploradas polos seus mariñeiros. Para evitar conflitos, asinouse o Tratado de Tordesillas (1494).
Este documento establecía unha liña imaxinaria 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde que repartía as terras para colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste, para Portugal.

 Fonte: Jesmanzan

2.4. A primeira volta ao mundo:
En 1519 unha expedición de cinco naves e 265 mariñeiros capitaneados por Fernando de Magalláns e o seu contramestre Juan Sebastián Elcano. O seu obxectivo era atopar o paso entre os océanos Atlántica e Pacífico e conseguir dar a volta ao mundo.
Atoparon as illas Filipinas onde morreu Magallanes (1.521), e Elcano tomou o mando. A España, chegou unha soa nave, a Vitoria, con 18 homes. Conseguiran dar a primeira volta ao mundo e demostrar que a Terra era redonda.

Visionar VIDEO

3. Os pobos precolombinos
3.1.  O continente descoñecido
Cando chegaron os europeos ao continente americano, os pobos que o habitaban desenvolveran prósperas civilizacións e algúns crearon grandes imperios: azteca, maia e inca.
Todos eles empregaban a pedra como material básico.
Cando Colón e os seus homes chegaron a este Novo Mundo, crían ter alcanzado a India. Por iso, chamáronlles as Indias a eses territorios e indios aos seus habitantes.
Estas culturas indíxenas son coñecidas como precolombianas, isto é, anteriores á chegada de Colón.


3.2.  As civilizacións precolombianas
Os maias. A civilización maia estendeuse polo Sur da península do Iucatán entre os séculos V e XV.
Eran agricultores que vivían do cultivo do millo e se organizaban en cidades-Estado independentes. Desenvolveron grandes coñecementos de astronomía e matemáticas.
Os aztecas. Foron un pobo guerreiro e conquistaron un grande imperio, que se estendía polo centro e Sur de México. A agricultura e o comercio eran as súas principais actividades económicas.
Os incas. A civilización inca desenvolveuse en América do Sur. Crearon un imperio cuxo centro estaba na rexión de Cuzco.


4. Conquista e organización do Imperio americano:
4.1.  As grandes expedicións
A conquista de México. En 1518 unha expedición dirixida por Hernán Cortés desembarcou en territorio mexicano e fundou Veracruz.
A conquista de Perú. En 1531, Francisco Pizarro dirixiu a conquista do Imperio inca (actual Perú, Ecuador e parte de Bolivia).
Outras conquistas. Na mesma época, Núñez Cabeza de Vaca explorou Florida, Texas e California. Máis ao Sur, Almagro e Pedro de Valdivia conquistaron Chile.
Fundouse Bos Aires e, por último, en Asia, foron conquistadas as illas Filipinas.

4.2.  A organización dos territorios conquistados
Os territorios conquistados foron incorporados á Coroa de Castela, que financiara o descubrimento e que controlou a súa colonización.
Inmediatamente se introduciron neles a lingua, a cultura e a relixión e mais as leis de Castela.
Fundáronse dous vicerreinados: Nova España e Perú. Cada un contaba cun vicerrei á súa fronte. Os vicerreinados tiñan diversas provincias rexidas por gobernadores.
Tamén se instauraron os municipios, con cabidos para gobernar as cidades, e as Audiencias para as cuestións legais e de xustiza.

5. A colonización da América española
5.1. A explotación dos recursos
Os novos territorios americanos supuxeron unha importante fonte de ingresos para Castela, e especialmente para a Coroa.
Unha vez asentados, os colonizadores buscaron fontes de recursos estables e esixíronlle á Coroa a concesión de terras e minas.
As terras foron repartidas entre os colonizadores e para traballalas estableceuse o sistema de encomenda.
O rápido descubrimento de ouro e prata fixo que se ditasen normas para a explotación e comercialización deses metais.
5.2.  O comercio americano
As Indias foron unha fonte de intercambios comerciais.
O monopolio de todo este comercio concedéuselle ao porto de Sevilla, desde o que partían e ao que chegaban todos os barcos.
En 1503 creouse a Casa de Contratación de Sevilla, para controlar o tráfico comercial.

5.3.  A sociedade colonial
O poder político e económico atopábase en mans dos españois, que chegaban da Península para exercer todo tipo de cargos.
Pero a maioría da poboación estaba constituída por amerindios, de etnias moi diferentes.
Os crioulos, descendentes dos colonizadores, eran xa a finais do século XVI moi numerosos.
Nas zonas onde a man de obra nativa era escasa transportouse poboación negra de África para que traballase como escrava.

6. Consecuencias dos descubrimentos

POLÍTICAS: Creación de grandes Imperios coloniais.
Aumento do pirateo. (franceses, ingleses, holandeses...

ECONÓMICAS: Novas rotas comerciais
Perden importancia as rutas`do Mediterráneo
Os portos do Atlántico collen mais importancia
Coñecemento de novos productos.
Grandes riquezas chegan a Europa.
Ouro e prata americanos producen alza de precios en España e Europa
Expansión do capitalismo.

CULTURAIS: Desenrolo da Xeografía
Difusión da Cultura europea.
Desenrolo da enxeñería e técnicas de navegación.
Progreso da Bioloxía, Historia e Etnoloxía
                                           





No hay comentarios:

IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04