.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

Tema XIV: A FRAGMENTACIÓN DO MUNDO ANTIGO

RESUME DO TEMA

Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
1.    Introdución
    - Co afundimento do Imperio romano, fragmentouse a unidade cultural do Mediterráneo.
    - Na zona occidental, o Imperio romano desapareceu por mor das invasións bárbaras e xurdiron numerosos reinos xermánicos .
    - O Imperio romano de Oriente ( bizantino ) mantívose durante case mil anos máis.
    - O cristianismo e a Igrexa foron o único elemento de continuidade e de cohesión cultural entre o mundo antigo e o novo mundo medieval.
    - Ao Sur do Mediterráneo aparece unha nova civilización: O Islam
    - Os reinos xermánicos :Tras a caída do Imperio romano de Occidente, diversos pobos bárbaros ocuparon o espazo do Imperio e formaron reinos independentes
    
2.    REINOS BÁRBAROS
    - Os Suevos : En Galicia
    - Os Visigodos: En Hispania
    - Os Francos: Na Galia (Francia)‏
    - Os Ostrogodos: En Italia
    - Os Anglo e Saxóns: Nas illas Británicas
    
    2.1Sociedade e Economía
    - Monarquía: Rei. Primeiro electiva, despois hereditaria
    - Ao ocupar as terras do Imperio romano, non lles impuxeron a súa forma de vida ás poboacións conquistadas.
    - Asimilan do Imperio Romano: A lingua: O latín , as leis do dereito romano, a administración rexional e municipal
    - Tamén o cristianismo como relixión oficial.
    
    2.2 Sociedade e Economía
    - A desaparición do Imperio romano impuxo un clima de inseguridade en Occidente.
    - A inseguridade nas comunicacións foi a causa de que:
    - Ruralizarse todo occidente: Abandono das cidades.
    - Se reduce o comercio e a industria
    - A economía redúcese á agricultura e gandería.
    - Un sistema económico de autoconsumo
    - Paralízanse as obras públicas, a produción de cultura, e a lectura e escritura quedaron reducidas a grupos de cregos e monxes.
    
3.    OS SUEVOS
    Ano 409: Invasión de Hispania por Suevos, Vándalos e Alanos
    Ano 411: Visigodos entran en Hispania a expulsar a vándalos e alanos. Os Suevos instálanse na Gallaecia
    - Asentamento pacífico
    - Fusión coa poboación galaico-romana
    - Establecen a capital en Braga
    - Nace un reino independente que durou 170 anos
    - Hermerico e o seu fillo Reckila fan incursións na Bética e na Lusitania.    Recquiario intenta conquis-tar tamén a rexión Tarraconense e foi freado polos visigodos.
    - No ano 585 o rei Leovixildo conquistou Galicia e incorpora o reino Suevo ao reino Visigodo


Personaxes: 
  •         Reis Suevos
  •         
    Martiño de Dumio
  • Exeria ou Eteria
  • Prisciliano

Legado do Reino Suevo: 

- Colonización Rural obra dos pequenos mosteiros fundados por San martiño
- División do territorio galego en parroquias
- Reparto de terras en latifundios e minifundios
- Conciencia de Comunidade con elementos sufi-cientes para forma-la súa propia estrutura política

4.    OS VISIGODOS: A monarquía visigoda
    A monarquía visigoda conseguiu controlar o territorio peninsular : expulsou os suevos, conquistoulles territorios aos bizantinos e detivo os francos.
    Os visigodos, a través do establecemento dunha monarquía forte, conseguiron a unificación relixiosa e xurídica ( Liber Iudicorum ou Foro Xulgo) entre hispanorromanos e visigodos.
    Recaredo convertese ao Cristianismo, deixa o Arrianismo relixión dos Visigodos ata este momento
    Recesvinto promulga o “Foro Xulgo”. Leis comúns
    4.1 A sociedade visigoda
    Aínda que os visigodos eran numericamente poucos, dominaron aos hispanos e repartíronse as dúas terceiras partes das terras peninsulares.
    - A economía era basicamente agrícola e de subsistencia .         - Grandes latifundios nas mans da nobreza
    - Sociedade: Nobres : Os xefes Conquistadores
    - Pobo humilde:  resto da poboación
    - Nas cidades, as actividades artesanais e o comercio diminuíron considerablemente.
    4.2 Cultura e Arte dos Visigodos en Hispania
    - Nivel cultural moi baixo
    - Cultura nas mans dos relixiosos (mosteiros e Sedes episcopais)
    - Figuras destacadas: San Isidoro de Sevilla: As Etimoloxías
    ARTE:
    - Obras de xoiería
    - Pequenos edificios (igrexas de San Xoán de Baños, San Pedro de la Nave, Santa Comba de Bande,…
    
5.    O IMPERIO BIZANTINO (476-1453)‏ A época de Xustiniano Un Imperio cristián e oriental
    5.1 Características Xerais
    - Empeza coa división do Imperio Romano por Teodosio no ano 395
    - Ocupa terras do mediterráneo oriental e o mar negro
    - Capital: Bizancio (Constantinopla) hoxe Istambul
    - Máximo esplendor con Xustiniano no século VI
    5.2 Perigos exteriores
    Norte: Búlgaros
    Musulmáns: a partir do século VII vanlle reducindo territorio progresivamente
    Turcos: Toman Constantinopla no ano 1453: Fin do Imperio Bizantino
    5.3 Economía
    - Grande prosperidade económica con Xustiniano
    - Desenrolo do comercio e da agricultura
    - Era Urbana: Artesanía e comercio nas cidades
    5.4 Cultura
    - Herdan a cultura da Grecia Clásica, mesturada coa romana, cristiana e de oriente.
    - Lingua: O Grego Clásico
    - Centros culturais: Universidades, mosteiros, palacios…
    5.5 Relixión
    - Cristián
    - Sepáranse do Papa de Roma no ano 1054 (Cisma de Oriente: Cristiano-ortodoxo)‏
    5.6 Arte
    - Relixiosa e Palaciega
    - Arquitectura: Grandes dimensións. Planta de cruz grega. Grandes Cúpulas
    - Exemplos a destacar: Santa Sofía de Constantinopla
    - Decoración con ricos mosaicos
    5.7 Mosaicos
    - O emperador utiliza as igrexas como salón de recepcións e decóraas con preciosos mosaicos.
    
6.     O IMPERIO CAROLINXIO:
    O Imperio creado por Carlomagno foi o último intento de reconstruír a antiga unidade do Imperio romano de Occidente.
    A comezos do século VIII un nobre franco, Carlos Martel , dirixiu o exército contra os musulmáns que avanzaban por Francia, e derrotounos en Poitiers (732).
    O fillo de Carlos Martel, Pipino o Breve , converteuse en rei dos francos e fundou unha nova dinastía, a carolinxia.
    Sucédelle, Carlomagno , e reconstrúe o Imperio romano de Occidente.
    Estableceu a capital en Aquisgran
    6.1 Características:
    Carlomagno : freou o avance do Islam e estableceu unhas fronteiras máis seguras .
    Dividiu o territorio en marcas e condados
    (MARCAS: territorios defensivos localizados nas fronteiras do Imperio)
    Converteu todos os pobos baixo o seu dominio ao cristianismo e reforzou a unión entre o poder político (o Emperador) e o relixioso (o Papa).
    No ano 800, Carlomagno foi coroado emperador polo papa León III.
    Garantiu a paz e a cultura renaceu, co establecemento de escolas e a volta á ensinanza do latín.
    6.2 Fin do Imperio
    - A morte de Carlomagno herda o imperio o seu fillo: Ludovico Pío que
    - Divide o Imperio entre os seus fillos: Tratado de Verdum
    - Alemaña a Luís; Francia a Carlos e Italia a Lotario
    - Ruptura definitiva:
    - Século IX: Invasións Normandas
    - Século X: Búlgaros e Húngaros
    - Ante estas invasións e perigos o Imperio desfíxose e os Condes convértense en señores case independentes, os tres estados divídense en principados.
    - Nace o Feudalismo

Para saber máis:

Ver video: 



Ficha de exercicios: FICHA TEMA XIV


Visitar estes enlaces:
Inicio da Idade Media. Fonte: Isaac Buzo
Enlaces Tema XIV ( Final da entrada)
IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04