RESUMO DO TEMA VI: GALICIA NA IDADE MEDIA
No inicio da Idade Media fórmase en Galicia O REINO SUEVO que durou 170 anos. No ano 585 o rei visigodo Leovixildo incorpora Galicia ao reino hispano-visigodo.
No ano 713 as tropas musulmáns de Muza, chegan a territorio galego.
Durante o reinado de Afonso I Galicia, incorpórase ao reino de Asturias.
A finais do século IX ao morrer Afonso III rei de Asturias e León divide o reino entre os seus fillos, deixándolle Galicia a Ordoño I, converténdose de novo en un reino de seu.
Ao longo dos séculos X e XI vaise manter unas veces como reino independente e outras unido ao reino de León.
A principios do século XII Afonso Raimundez, rei de Galicia e coroado tamén rei da Coroa de Castela co nome de Afonso VII, desta maneira Galicia incorpórase definitivamente á Coroa de Castela e deixa de ser reino de seu.
Pouco a pouco a nobreza galega perde forza, impoñéndose o poder real e fóronse introducindo paulatinamente as institucións casteláns. Isto tamén chegou ao idioma xa que o galego viuse arredado da administración e vaise a impoñer o castelán.
Os reis astur-leoneses concédenlle a nobreza galega grandes e importantes extensións de terreo e señoríos (feudos), isto mesmo aconteceu cos bispos e cos abades dos mosteiros, entre eles repartíanse a maior parte do territorio, una das características desta sociedade era que os eclesiásticos quizás tiveran máis poder político, cultural e económico que a nobreza.
Os campesiños por temor aos normandos e musulmáns puxéronse baixo a protección destes señores feudais, tanto eclesiásticos como da nobreza. Converténdose en servos que traballaban directamente para "o señor''. Dende fins do século XII, os campesiños traballaban nun lugar que "o señor" lles concedía, a cambio dunha renda. (vilas, vilares ou casais).
O contrato que facían os campesiños e "o señor'', chamábase FORO. O foro podía durar ao redor dun século e podía renovarse
CONFLICTOS SOCIAIS EN GALICIA NA BAIXA IDADE MEDIA:
Nos séculos XIV e XV tamén chegaron a Galicia as malas colleitas, a fame a peste e os conflitos sociais polos abusos dos nobres aos campesiños e habitantes das cidades. As principais destas revoltas foron AS GUERRAS IRMANDIÑAS (explicadas xa no tema V)
En tempos de Afonso II, foise desenvolvendo a crenza de que en Compostela, no Finis Terrae estaba enterrado o corpo do Apóstolo Santiago. Mandou facer a Catedral de Santiago
A partir do século XI, unha grande cantidade de peregrinos atravesaron o norte peninsular procedentes de toda Europa coa intención de peregrinar ata Santiago. Asi xurdiron unha serie de camiños que conducían á cidade e moitas cidades.
A partir do século XI, unha grande cantidade de peregrinos atravesaron o norte peninsular procedentes de toda Europa coa intención de peregrinar ata Santiago. Asi xurdiron unha serie de camiños que conducían á cidade e moitas cidades.
O máis importante destes camiños foi o de Roncesvalles que atravesaba por tódalas sedes máis importantes dos reinos cristiáns da Península.
A influencia das peregrinacións foi enorme sobre a vida galega e española, propiciou o intercambio de ideas, costumes,música, lendas, poesía e mercadorías de distintos puntos de Europa, o que produxo un enorme incremento do comercio, primeiro por terra e tamén por mar (Inglaterra e Flandres). Tamén trouxo consigo un incremento na producción agrícola e así os grandes propietarios principalmente os mosteiros tiveron grandes beneficios. Tamén se desenvolveu a pesca marítima, salgaduras e artesanía
Ao longo do camiño introduxéronse tamén estilos artísticos, primeiro O ROMÁNICO este culmina en Compostela coa construción da catedral e do PÓRTICO DA GLORIA, polo Mestre Mateo. Máis tarde tamén se desenvolve O GÖTICO
No hay comentarios:
Publicar un comentario