RESUMO TEMA 7: RENACEMENTO E REFORMA
1: O RENACEMENTO (S XV-XVI):
E un renacer da cultura e filosofía clásicas (Grecia e Roma) Este movemento nace en Italia no século XV, estendéndose por Europa no S. XVI. O HOME É O CENTRO DO UNIVERSO. O Renacemento é unha época de grande actividade cultural, científica e económica con que se inaugura a IDADE MODERNA O home volve a mirada cara si mesmo como persoa individual, renacendo así o individualismo e o racionalismo Os valores desta época van ser: O HOME e a NATUREZA
CARACTERÍSTICAS
• APARICIÓN DAS MONARQUÍAS AUTORITARIAS é o triunfo da autoridade REAL, fronte á nobreza. Os reis terán todo o poder (Crearán exércitos permanentes) Márcanse as fronteiras e cada rei aspira a dominar aos demais
• CAMBIO NA CONCEPCIÓN DA VIDA
Na Idade Media, a vida era como un camiño para acadar a felicidade eterna. Teocentrismo.
No Renacemento, o home, sen desligarse da relixión quere vivir con intensidade a vida terreal triunfar, ter gloria ... Antropocentrismo
• CAMBIO DE AFECCIÓNS O home do renacemento ten interese polo contacto coa natureza, créase a afección ós xardíns e desenrólanse as ciencias naturais
• O HOME RENACENTISTA SÍNTESE COSMOPOLITA A idea da patria non existía para eles. O latín favorece a unión entre os homes de diversos lugares.
AMOR ó LUXO PREOCUPACIÓN POLO CORPO GALANTERÍA
O HUMANISMO
E o movemento cultural desta época. Chamouse así porque o coñecemento das letras e pensamentos clásicos (de Grecia e Roma) a literatura, a filosofía, a arte, crían que os facían máis humanos.
• O home é a partir de agora o centro do universo ao que haberá que supeditar tódalas cousas
• O humanismo vaise difundir rapidamente por Europa, debido sobre todo á invención da imprenta por Gutemberg
• Defendíase a busqueda da verdade a través da razón e a experiencia, tamén defendían o valor da reflexión persoal.
• Tiñan unha profunda curiosidade. Aspiraban a saber de todo
• As academias son o lugar no que se desenvolveron e difundiron os estudos humanísticos.
• As universidades mantiveron os métodos de estudo medievais, pero algunhas incorporaron os principios do Humanismo.
• Hai un gran desenvolvemento do coñecemento científico:
*No século XVI Nicolás Copérnico desenvolveu a teoría heliocéntrica, que defendía que o Sol era o centro do universo, mentres que a Terra e os demais planetas viraban ao redor del.
*Avanzouse no coñecemento do corpo humano, grazas aos estudos de anatomía de Andrés Vesalio e da circulación sanguínea de Miguel Servet.
*Os descubrimentos xeográficos desenvolveron outras ciencias e disciplinas, como a xeografía, a zoología, a botánica e a cartografía
• Defendíase a busqueda da verdade a través da razón e a experiencia, tamén defendían o valor da reflexión persoal.
• Tiñan unha profunda curiosidade. Aspiraban a saber de todo
• As academias son o lugar no que se desenvolveron e difundiron os estudos humanísticos.
• As universidades mantiveron os métodos de estudo medievais, pero algunhas incorporaron os principios do Humanismo.
• Hai un gran desenvolvemento do coñecemento científico:
*No século XVI Nicolás Copérnico desenvolveu a teoría heliocéntrica, que defendía que o Sol era o centro do universo, mentres que a Terra e os demais planetas viraban ao redor del.
*Avanzouse no coñecemento do corpo humano, grazas aos estudos de anatomía de Andrés Vesalio e da circulación sanguínea de Miguel Servet.
*Os descubrimentos xeográficos desenvolveron outras ciencias e disciplinas, como a xeografía, a zoología, a botánica e a cartografía
• A característica principal do humanismo español é o seu sentido católico. Hai unha admiración dos clásicos, pero nun aspecto puramente literario.
Exemplos de humanistas sobre os que podes buscar información:
Exemplos de humanistas sobre os que podes buscar información:
NEBRIJA - LUÍS VIVES - MAQUIAVELO - ÉRASMO - TOMÁS MORO - DANTE - BOCACCIO
A arte no Renacemento adquire unha nova dimensión:
Descobren as leis da PERSPECTIVA na pintura
Fan escenas sacras ( espidos, heroes, retratos...)
Realizan obras arquitectónicas de gran envergadura (uso de columnas, cúpulas, cornixas, frisos, linteis, frontóns, plantas de cruz latina, grega, rectangular, cadrada)
-As esculturas están feitas con exactitude matemática nas proporcións (promoción do espido masculino e feminino)
-Os grandes burgueses apoiaron o Renacemento e convertéronse en mecenas dos artistas
ITALIA
ARQUITECTURA
BRUNELLESCHI: Cúpula da catedral de Florencia.
BRAMANTE: Templete de San Píetro en Montorio.
MIGUEL ANXO: Cúpula de San Pedro.
ESCULTURA
DONATELLO: O David.
VERROCHIO: A dúbida de Santo Tomás.
MIGUEL ANXO: David. Moisés. A Piedade.
PINTURA
FREI ANXÉLICO: Anunciación.
BOTTICELLI: Nacemento de Venus.
LEONARDO DA VINCI : A última Cea. . A Gioconda.
RAFAEL: A Sagrada Familia. Escola de Atenas.
MIGUEL ANXO: O Xuízo Final, A creación, ... (Capela Sextina unha visita virtual).
TIZIANO: Retrato de Carlos V a cabalo. Emperatriz dona Isabel de Portugal.
TINTTORETO: Lavatorio
VERONÉS: Triunfo de Venecia
Para saber máis: Pincha aqui
FLANDRES
O BOSCO: O Xardín das Delicias
ALEMAÑA
ALBERTE DURERO: As Idades e a Morte
ESPAÑA NO SÉCULO XVI
LITERATURA: Destacaron os místicos SANTA TERESA e SAN XOÁN DA CRUZ
Existiron diversos estilos en
ARQUITECTURA: PLATERESCO, PURISTA e HERRERIANO
OBRAS: Universidade de Salamanca. Casa das Cunchase n Salamanca Portada do Hostal dos reis Católicos en Santiago
San Xoán dos Reis. Pazo de Carlos V en Granada
Mosteiro do Escorial. Cartuxa de Miraflores...
ESCULTURA: Utilízase moito a madeira con pinturas policromadas e pans de ouro
Alonso BERRUGUETE: San sebastián, sacrificio de Isaac
XOÁN DE XUNI:O enterro de Cristo, Piedade de Medina del Campo
PINTURA: O pintor máis destacado foi 0 GRECO que xogou nos seus cadros coa luz e a cor OBRAS:
-O enterro do Conde Ordaz, O cabaleiro da man no peito
2: A REFORMA PROTESTANTE
AS CRITICAS Á IGREXA
Nos últimos séculos da Idade Media, a Igrexa fórase alongando das súas funcións espirituais para ocuparse cada vez máis de asuntos terreais. A relaxación dos costumes e da moral do clero, así como o despre5tixio do papado xeraron un crecente malestar entre os crentes.
Algúns humanistas, como ÉRASMO de Róterdam, criticaron a xeneralización de prácticas abusivas compra de bens e de dignidades eclesiásticas, venda de bulas e indulxencias, etc.
Tamén defenderon unha relixión máis per5oal baseada na lectura da Biblia. Pero o enfrontamento
e a ruptura definitiva produciuse a raíz das predicacións dun frade agostiño alemán, Martiño Lutero.
A REFORMA DE MARTIÑO LUTERO
Lutero comezou as súas críticas negando o valor das indulxencias e o poder da Igrexa para concedelas e acabou elaborando unha nova doutrina relixiosa. A reforma luterana fundaméntase nestes tres principios:
* A xustificación pola fe. A relixiosidade baséase na relación con Deus, a través dunha fe intensa e sen a intervención da Igrexa.
* O sacerdocio universal. 0 crente pode salvarse pola súa fe e converterse no seu propio sacerdote. Polo tanto, invalídanse os sacramentos impartidos polos sacerdotes, a intercesión dos santos, etc.
* A autoridade da Biblia. Rexéitase a tradición da Igrexa e recoñécese a Biblia como única fonte de inspiración cristiá. A interpretación da Biblia quedaba ó cargo da conciencia individual de cada crente.
A doutrina de Lutero negaba a soberanía do Papa e da xerarquía episcopal, eliminou as ordes relixiosas e o culto ás imaxes e reduciu o número de sacramentos a tres (bautismo, penitencia, eucaristía).
As novas ideas de Lutero espalláronse rapidamente por toda Alemaña, Suecia, Dinamarca, Noruega, Países Baixos, Inglaterra e Suíza.
O PROTESTANTISMO EN EUROPA
Case ó mesmo tempo que o luteranismo xurdiron novas doutrinas reformistas coma o calvinismo e o anglicanismo.
* O calvinismo espallouse en Suíza da man de Xoán Calviño. Tiña un carácter máis radical có luteranismo e defendía que tódalas persoas teñen determinado o seu destino despois da morte (doutrina da predestinación).
Para estar entre os escolleitos cómpre observar estritamente a Biblia, levar unha vida humilde e austera, e gozar da graza divina. 0 calvinismo espallouse por Francia (hugonotes) e por Inglaterra (puritanos).
* En Inglaterra, o anglicanismo xurdiu da man do propio monarca Henrique VIII cando o Papa de Roma se negou a concederlle a anulación do seu matrimonio con Catarina de Aragón.
Mediante a Acta de Supremacía (1.534) afastouse de Roma e autoproclamouse xefe supremo da Igrexa de Inglaterra. A xerarquía eclesiástica quedou sometida ao Estado, pero mantivéronse moitos dos dogmas católicos e conservouse o culto solemne.
A LOITA CONTRA O PROTESTANTISMO:
A Igrexa Católica para combate-lo protestantismo iniciou un movemento de renovación chamado a Contrarreforma con ela intentáronse corrixi-los erros da Igrexa católica e defende-los dogmas da fe:
Tamén se reorganizou o tribunal da Inquisición e creouse a Compañía de Xesús orde relixiosa creada por San Ignacio de Loiola que se caracterizou pola súa organización militar (soldados de Cristo), a súa rexa disciplina e a súa dependencia directa do Papa. Para poñer fin a crise do catolicismo convocouse un Concilio o de Trento onde se reafirmaron tódolos dogmas da doutrina Católica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario