Tema 5: Os grandes reinos peninsulares
Fonte: Isaac Buzo
View more presentations from Santi Pazos.
TEMA V. Os REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES. SÉCULOS XII-XV
1. CONSOLIDACIÓN DOS REINOS HISPÁNICOS. CONQUISTA DO VAL DO EBRO
- O reino cristián máis poderoso foi Castela. Por motivos de herdanza uniuse e desuniu varias veces no século XI. En 1230 uniuse de xeito definitivo con Fernando III e pasou a chamarse Coroa de Castela.
- En 1128, con Afonso Enríquez, Portugal independizouse de Castela e converteuse nun reino.
- No século XI Navarra e Aragón permaneceron unidos. En 1134 Navarra separouse de Aragón pero, como quedou encerrado entre Castela e Aragón, non se puido expandir.
- En 1137 O reino de Aragón uniuse aos condados cataláns e formouse a Coroa de Aragón.
- No século XII Navarra, Aragón e os Condados Cataláns conquistaron o val do Ebro.
2. AS GRANDES CONQUISTAS. AS REPOBOACIÓNS
- No século XII chegaron os ALMOHADES, un imperio islámico do Norte de África que substituíu aos Almorábides.
- Durante 50 anos Almohades e casteláns enfrontáronse. En 1212 un exército mandado polos reis de Castela, Navarra e Aragón derrotou ao exército Almohade na batalla das Navas de Tolosa.
- Tras a batalla das Navas de Tolosa os musulmáns non puideron deter aos reinos cristiáns que avanzaron cara ao Sur.
. Portugal acabou a conquista do seu actual territorio en 1249
. Castela e León conquistaron Estremadura, o Val do Guadalquivir, Murcia e Cádiz.
. A Coroa de Aragón conquistou as Baleares e Valencia.
- A fins do século XIII tan só quedaba un reino musulmán na Península que resistiu ata 1492. O reino nazarí de Granada.
- Nos territorios que foron conquistados polos cristiáns nos séculos XII e XIII o
TRATO aos MUSULMÁNS e a REPOBOACIÓN foron distintos segundo o reino:
. Na Coroa de Aragón permitiuse que os musulmáns quedasen (mudéxares). Moitos convertéronse en reinos e foron repartidos xunto cos seus terras entre os nobres. A Baleares e a costa de Valencia foron moitos cataláns a vivir e ao interior de Valencia chegaron aragoneses.
. Na Coroa de Castela os musulmáns foron expulsados a Granada ou a África. Os territorios foron repartidos entre os nobres, clérigos e ordes militares, dando lugar a enormes latifundios. Aquí chegaron leoneses, casteláns e vascos, aos que se lles daba terras e vivenda nas cidades.
3. O COMERCIO DA LA EN CASTELA. As RUTAS ATLÁNTICAS
- A base da economía en Castela era a ovella de raza meiriña, que producía abundante la que se vendía nos Países Baixos. A la concentrábase en Burgos, desde onde se dirixía aos portos de Santander e Bilbao e de aí a Bruxas.
- Estas ovellas pertencían, sobre todo, á nobreza de Castela. En Castela non xurdiron talleres para transformar a la en tecido, por iso non xurdiu apenas burguesía. A Mesta era a institución que se encargaba de regular as transhumancia das ovellas (os movementos das ovellas no verán e no inverno en busca de pastos)
- A conquista de Alxeciras permitiu aos Cristiáns circular polo Estreito de Xibraltar.
- No século XV Portugal expandiuse pola costa atlántica de África e Castela conquistou as Illas Canarias.
4. A PROXECCIÓN DA COROA DE ARAGÓN NO MEDITERRÁNEO
A expansión aragonesa polo Mediterráneo:
- Xaime I conquistou Baleares e Valencia na primeira metade do século XIII
- Pedro o Grande conquistou Sicilia en 1282. Sicilia era un punto estratéxico fundamental nas rutas do Mediterráneo e unha gran produtora de Trigo. A conquista de Sicilia enfrontoulle con Francia e co Papa.
- .Xaime II comezou a conquista de Sardeña en 1323. Tamén chegaron a Grecia (Atenas e Neopatria)
- Afonso V conquistou o reino de Nápoles en 1442.
A expansión foi posible grazas á axuda económica dos mercadores de Barcelona, Valencia e Mallorca, que querían establecer rutas seguras con Italia, Oriente e o Norte de África.
Para favorecer o comercio creáronse
. Consulados de mar, uns tribunais sobre problemas comerciais e marítimos que, ademais, representaban á Coroa de Aragón.
. Tamén construíron nos portos mediterráneos Alfondazgos, uns edificios onde os comerciantes podían aloxarse e gardar as súas mercancías
. Igualmente, fixeron lonxas, centros de mercado e contratación.
5. As COROAS DE CASTELA E DE ARAGÓN (SÉCULOS XIV e XV)
No século XIV produciuse unha gran crise, sobre todo, na Coroa de Aragón e, especialmente, en Cataluña
. Houbo malas colleitas
. A mediados de século chegou a Peste Negra
. O descenso da poboación fixo que os señores aumentasen os impostos e producíronse revoltas campesiñas. En Cataluña os campesiños eran chamados remensas e recibiron o apoio do rei contra os nobres e burgueses ricos.
. A crise que viviu Cataluña beneficiou a Valencia.
En Castela a Alta Nobreza loitou contra o rei Pedro I, que quería apoiar á burguesía. Os nobres venceron, quitaron ao rei e puxeron a Enrique II como monarca. Así comezou a dinastía Trastámara. A partir de entón os reis estiveron en mans da nobreza e a desorde e a guerra xeneralizáronse no reino.
En 1410 morreu sen descendencia Martín I rei da Coroa de Aragón. Reunidos en Caspe os representantes de cada reino en Caspe elixiron a Fernando de Antequera como rei, un membro da Familia Trastámara. Así reinou a mesma familia nas coroas de Castela e Aragón.
6. CONFLICTOS SOCIAIS EN CASTELA
Abusos da nobreza e dos ricos comerciantes trouxo como consecuencia: Revoltas de campesiños e artesáns
Exemplo: “Os Irmandiños” en Galicia
A Primeira guerra irmandiña: 1431 “Irmandade fusquenlla” ou tola. Norte da Coruña e parte de Lugo, terras dos Andrade.
Os capesiños levantáronse contra os Andrade (señores destas terras), dirixidos por Roi Xordo
Segunda Guerra Irmandiña ou Gran Guerra:1467-1469
Revolta con carácter de Guerra civil, estendeuse por toda Galicia.
Irmandiños: Alonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de Lemos
Polos señores: Pedro Madruga e Pardo de Cela
Por outra banda nas cidades de Castela tamén houbo revoltas Persecución contra xudeos.1431 “PROGROMS”
7. CONFLICTOS SOCIAIS EN ARAGÓN
1380 “Payeses de Remensa” Intentan emanciparse dos seus Señores (defenden a súa liberdade e a das súas terras)
1448 crease o Gran sindicato de Remensa” co apoio dos reis
1455“Sentencia arbitral de Guadalupe” Fernando II, “El Católico”
REVOLTAS URBANAS
Persecución contra xudeos. “PROGROMS”
Entre 1453 e 1460 os artesáns das cidades levántanse debido á crise económica que produciu rivalidade entre:
- grandes mercadores: "BIGA"
- artesáns e pequenos comerciantes: "BUSCA"
"A BUSCA" gobernou en Barcelona Impuxo o seu programa de medidas democratizadoras As presións dos grandes mercadores ante o rei, fixeron que se acabase co movemento e os seus xefes axustizados.
CRISIS POLITICA
* Na Baixa Idade Media iniciouse o proceso de FORTALECEMENTO DO PODER REAL que conduciría ás monarquías absolutas da IdadeModerna.
* RESISTENCIAS da nobreza e o clero
* GUERRAS CIVIS:
* Castela (1366-1369 y 1474-1479),
* Navarra (1451-1461) y
* Cataluña (1462-1472).
8. FIN DO SÉCULO XV
Ano de 1479
Ao casarse os “Reis Católicos” (Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón) uniron as coroas de Castela e Aragón.
Ano de 1.492
O reino de Granada foi o último reino de Taifas. Foi conquistado polos Reis Católicos como consecuencia dos enfrontamentos entre os musulmáns e o aumento de poder dos reinos cristiáns.
CARACTERÍSTICAS COMPARATIVAS DO REINO DE CASTELA E DE ARAGÓN
COROA
|
GOBERNO
|
ECONOMÍA
|
EXPANSIÓN TERRITORIAL
|
ARTE
|
CASTELA
|
. Fusión completa dos dous reinos (Castela e León) e dos territorios reconquistados:
. Único Rei (con máis poder que noutros reinos) . Mesma Lei . Únicas Cortes (non lexislan só aproban impostos) |
. Enfrontamento entre Agricultura e Gandaría.
. Principal produción: ovella meiriña (para produción de la) . Gandos trashumantes: vías pecuarias e Mesta. . Artesanía e comercio: vinculado á gandaría ovina.. |
. Cara ao Atlántico (Canarias e logo América))
|
. Desenvolvemento do Románico e o Gótico a partir da penetración das influencias europeas polo Camiño de Santiago.
. Desenvolvemento de estilos artísticos propios como a arte Asturiana e o Mudéxar. |
ARAGÓN
|
A unión dos catro territorios (Condados Cataláns, Reino de Aragón, de Valencia e de Mallorca) non supuxo a unión do seu goberno:
. Único Rei (moi controlado polas cortes dos catro territorios) . Cada reino mantivo os seus propios costumes e institucións. . Cada reino tiña as súas propias Cortes |
. Fundamentalmente agrícola
. Comercio importante (sobre todo dende Cataluña, Valencia e Mallorca) con numerosos consulados en cidades de Europa, África e Asia) e os Consulados do Mar nas cidades aragonesas (Barcelona, Valencia e Palma de Mallorca) | . Cara o Mediterráneo (primeiro as Illas Baleares e máis tarde Sicilia, Cerdeña, Nápoles e os condados de Atenas e Neopatria |
. Desenvolvemento do Románico temperán nos territorios pirenaicos (influencia franca)
. Desenvolvemento do Gótico vinculado ao desenvolvemento do comercio nas cidades mercantís, tanto en edificacións civís como relixiosas. . Estilo Mudéxar nas zonas con maior poboación de orixe musulmá (Val do Ebro e Valencia) |