.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

TEMA 4: FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS PENINSULARES


TEMA 4.  FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS PENINSULARES, SÉCULOS VIII-XI

1. ORIXE DOS REINOS OCCIDENTAIS
A. A resistencia en Asturias. Covadonga. 722 d.C.
- Os musulmáns non lograron dominar toda a Península. Quedaron zonas da cordilleira cantábrica onde os seus habitantes negábanse a obedecerlles e a pagarlles impostos.
- Segundo a tradición un caudillo de orixe visigodo chamado Pelaio derrotou aos musulmáns na batalla de Covadonga no ano 722. Para os cristiáns esta batalla interpretouse como o inicio da Reconquista.
B. O reino de Asturias. Séculos VIII-IX
- Entre os séculos VIII e IX os descendentes de Pelayo, Afonso I e Afonso II expandíronse pola Cornixa Cantábrica ata Galicia.
C. O reino de León.
- Na segunda metade do século IX, reinando Afonso III, o reino de Asturias expandiuse ata o río Douro e pasou a chamarse reino de León. Isto foi posible pola debilidade dos musulmáns, que loitaban entre si.
- Un dos condes do reino de León, Fernán González, logrou independizarse e transmitir o condado aos seus fillos. Así xurdiu o condado independente de Castela .
- No século X xurdiu o Califato de Córdoba, que logrou unir aos musulmáns e deter o avance cristián. En tempos de Almanzor os cristiáns só puideron defenderse dos seus ataques.

 2. O REINO DE PAMPLONA E OS CONDADOS PIRENAICOS
- Os musulmáns asentáronse solidamente no Val de Ebro, unha zona moi rica e apenas mostraron interese polo Pirenos, moitos máis pobres.
- Carlo Magno intentou conquistar o Val de Ebro. Ao non logralo, para defenderse dos musulmáns, creou unha rexión fronteiriza que se chamou a Marca Hispánica. Esta rexión dividiuse en multitude de condados que obedecían ao emperador.
- A principios do século IX os condados de Aragón e Pamplona independizáronse dos francos. Así xurdiron o condado de Aragón e o reino de Pamplona. En Pamplona
- No século IX Vifredo o Velloso conde de Barcelona conseguiu dominar os condados cataláns e no ano 987 Borrell II independizouse dos reis francos.

3. OS REINOS CRISTIÁNS PASAN A LA OFENSIVA CONTRA  AL-ANDALUS. SÉCULO XI.
- En 1031 o Califato de Córdoba dividiuse en infinidade de pequenos e ricos reinos chamados Taifas.
- Os cristiáns aproveitaron a debilidade dos reinos de Taifas para conquistalos
- Os reinos de taifas intentaron deter aos cristiáns pagándolles uns impostos en ouro e obxectos preciosos chamado Parias. Pero este ouro só serviu para que os cristiáns mellorasen os seus exércitos e atacasen con máis forza.
- Desde a Europa Cristiá comezou a chegar xente atraída pola riqueza das conquistas e porque a guerra contra os musulmáns da Al-Andalus víase como unha Cruzada, igual que en Palestina.
- Os reinos cristiáns conquistaron ata o val do Texo e a cidade de Toledo.
- Os reinos de taifas, vendo que non podían defenderse e que as Parias non servían, chamaron na súa axuda aos Almorábides, un imperio berever do Norte de África. Os Almorábides conquistaron os reinos de taifas e fixeron retroceder aos cristiáns, que co Cid, Rodrigo Díaz deVivar, chegaran ata Valencia.

4. AS PRIMEIRAS REPOBOACIÓNS
- A repoboación é a ocupación por parte dos campesiños das terras conquistadas. Cando os cristiáns avanzan os musulmáns abandonan estas terras e quedan baleiras. Para repoboalas os reis conceden a campesiños vascos e cántabros porcións de terra (alodios) a cambio de que as cultiven. Tamén chegan numerosos cristiáns mozárabes que fuxían da Al-Andalus.
- Os mozárabes que chegaron da Al-Andalus trouxeron as novas técnicas agrícolas, novos apeiros de labranza e nos productos agrícolas, asi como árbores froiteiras, etc, e asi contribuiron a mellorar á agricultura da zona cristiana
- No século X xurdiron multitude de vilas de campesiños libres. Pero no século XI, o número de campesiños libres diminuíu, porque a inseguridade da fronteira fixo que moitos se puxesen baixo a protección dun nobre e convertésense en servos.
- No reino astur-leonés vivían da gandería e da agricultura. Existía unha pequena artesanía. A ovella adquiriu tal importancia que chegou a converterse en moeda.
- Os Pirenos foron lugar de paso para o comercio entre Al-Andalus e os francos. Por iso utilizaron pronto moeda e tamén había algúns talleres artesanais. De todos os xeitos, a gandería e a agricultura foron loas actividades máis importantes.

5. O CAMIÑO DE SANTIAGO
- Afonso II de Asturias mandou construír unha igrexa no lugar onde, segundo a tradición, descansan os restos do apóstolo Santiago.
- A partir do século XI a Igrexa de Santiago converteuse nun dos centros principais de peregrinación da Cristiandade.
- O Camiño de Santiago comunicou aos Reinos Cristiáns da Península con Europa.
. Por aí entrou o románico e o gótico.
. Trouxo comercio e riqueza. Fundáronse cidades en todo o seu recorrido.
. Os reis fixeron un esforzo para protexer aos peregrinos e construíron pontes e hospitais.
6. A PENÍNSULA IBÉRICA. ENCONTRO DE CULTURAS 

- Na Idade Media conviviron na Península Ibérica as culturas musulmá, xudía e cristiá. Todas estas culturas influíronse. Dos musulmáns os cristiáns colleron multitude de palabras (alfombra, acequia...) e coñecementos científicos e técnicos.
- Os xudeus tiveron un importante papel como médicos, científicos, tradutores e banqueiros.
- Na Al-Andalus moitos hispanos conservaron a relixión cristiá a cambio de pagar impostos. Recibiron o nome de mozárabes .
- Co avance da Reconquista moitos musulmáns habitaron en territorios cristiáns e recibiron o nome de mudéxares . Influenciaron moito a arte gótica.

VIDEO:

No hay comentarios:

IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04