View more presentations from Santi Pazos.
4. O CASTELO FEUDAL
5. O FEUDO
6. A SOCIEDADE FEUDAL. O CAMPESIÑO
7. O CLERO: O PAPEL DA IGREXA
11. A DECORACIÓN DO ROMÁNICO. A ESCULTURA
************************************
*********************************
TEMA 2 O FEUDALISMO: SEÑORES E CAMPESIÑOS
1. QUE É O FEUDALISMO
- O Imperio de Carlomagno desapareceu, debido a:
. A división entre os seus herdeiros
. Os ataques dos musulmáns
. Os ataques dos viquingos, os húngaros e os búlgaros.
- Os condes e os duques fixéronse independentes e os campesiños buscaron a súa protección, pois o Rei non lles podía defender. Así apareceu o feudalismo.
- O Feudo era unha gran extensión de terra (latifundio) propiedade dun señor, que podía ser un nobre ou un eclesiástico (bispo, abade, abadesa)
- No feudalismo todos os grupos sociais xuraban fidelidade (facían alianzas). Este vasalaxe dividíase en dous partes:
. Homenaxe. Xuramento do nobre. Promete axuda militar e consello.
. Investidura. Dáselle ao nobre un territorio.
- A sociedade: Estaba dividida en estamentos (grupos sociais pechados). Había tres estamentos e cada un dedicábase a unha función social:
. Os nobres. Facían a guerra
. Os eclesiásticos. Rezaban e dirixían aos cristiáns
Estes dous estamentos costituían o grupo dos PRIVILEXIADOS: non pagaban impostos, non traballaban, podían utilizar armas...
O terceiro dos estamentos eran OS NON PRIVILEXIADOS
Estes dous estamentos costituían o grupo dos PRIVILEXIADOS: non pagaban impostos, non traballaban, podían utilizar armas...
O terceiro dos estamentos eran OS NON PRIVILEXIADOS
. Os campesiños : (libres e servos da gleba): Traballaban e eran a maioría da poboación.
. Os artesáns que constituían un sector moi reducido
. Os artesáns que constituían un sector moi reducido
2. A MONARQUÍA FEUDAL
- O Rei era sacro e adorábaselle. Era o máis respectado entre os nobres, que lle xuraban fidelidade e obediencia.
- O Rei na Idade Media tiña moi pouco poder. Pero, a partir do século XIII empezou a facerse máis poderoso.
3. A SOCIEDADE FEUDAL. A NOBREZA
- O oficio do Rei e dos nobres era a guerra. Para iso formaban as ordes de cabalería, unhas asociacións que vivían baixo os ideais de valentía, fidelidade, defensa dos pobres...
- Debían adestrar durante todo o día e comprar armas moi caras, por iso só os nobres ricos podían ser cabaleiros.
. Aos seis anos convertíanse en paxes e aprendían a vivir como nobres.
. Despois facíanse escudeiros. Axudaban a un cabaleiro e este ensináballes o oficio de guerreiro
. Finalmente facíanse cabaleiros e xa podían participar en combates ou torneos.
- Cando os nobres non facían a guerra adestrábanse coa caza.
- Todos os anos atacaban un lugar. Como había tantas guerras e ataques a Igrexa interveu para limitar a violencia e estableceu dúas condicións:
. A Paz de Deus. Prohibir o ataque aos viaxeiros, aos débiles e aos lugares relixiosos.
. A Tregua de Deus. Limitar a duración dos combates.
4. O CASTELO FEUDAL
- Os nobres vivían en castelos. Ao principio os castelos eran de madeira e despois fixéronos de pedra.
-Nos castelos había estables, ferrería, forno, capela ou pozo. A parte máis importante era a torre da homenaxe. Aí estaba o gran salón, onde se facían os banquetes, impartíase xustiza, recibíase aos servos ou se xuraba fidelidade.
- Nos castelos organizábanse grandes banquetes, torneos e cacerías.
- A señora do castelo estaba ás ordes do seu marido e dirixía aos serventes.
5. O FEUDO
- Os feudos eran extensións de terra que foran cedidas a un nobre a cambio de fidelidade. É dicir, que cando a persoa que dera o feudo chamáballe, tiña que acudir na súa axuda.
- O feudo dividíase en dous partes:
.A reserva señorial. Eran terras que aproveitaba o señor directamente. Aquí vivía o señor.
. Os mansos. Eran terras cedidas a campesiños a cambio de pagar impostos e facer traballos para o señor.
- Os señores ditaban leis, xulgaban, cobraban impostos e castigaban aos seus servos.
- Na Idade Media había dous tipos de campesiños:
. Os viláns. Eran campesiños libres, pero as terras que traballaban non eran súas.
. Os servos. Non eran libres. Non podían irse das terras nin casar sen permiso do señor. Os fillos de servos eran tamén servos.
6. A SOCIEDADE FEUDAL. O CAMPESIÑO
- Na Idade Media o 90% da poboación era campesiña.
- Os campesiños vivían na pobreza, non sabían ler nin escribir.
- Vivían en casas de palla, con dúas habitacións, unha para o cortello e o celeiro e outra para toda a familia. Non tiñan case mobles.
- Os campesiños eran autosuficientes, é dicir, producían todo o que necesitaban (comida, vestidos, casas, instrumentos), non compraban nada.
- Comían pouco e mal. En días de festa comían algo de carne.
- Todos traballaban no campo: mulleres, nenos, homes e anciáns.
- Practicaban a rotación bienal de cultivos. Dividían as súas terras en dúas. Nunha parte cultivaban e a outra a deixaban descansar. Ao ano seguinte facían ao revés. Deste xeito a terra recuperábase e as plantas saían con forza.
7. O CLERO: O PAPEL DA IGREXA
- No ano 1000 a maioría dos europeos eran cristiáns e sentíanse parte dunha comunidade,
que se chamaba A Cristiandade
- As obrigacións dos cristiáns eran:
. Rezar, ir a misa os domingos, confesarse unha vez ao ano, comulgar, peregrinar a lugares santos.
. Dar diñeiro aos pobres, ser boas persoas
- A Igrexa interviña nos aspectos máis importantes da vida das persoas: Nos matrimonios, na morte, no nacemento, no ensino.
- A Igrexa da Idade Media era moi rica.
- A cabeza da Igrexa era o Papa.
- Os papas e os reis tiveron moitos conflitos, porque non se poñían de acordo sobre quen debía nomear aos bispos e aos abades dos mosteiros.
- O clero estaba dividido en dous:
. Clero regular. Toda a súa vida rexíase por unha norma que se chamaba regra. Eran os frades, as monxas e os monxes.
. Clero secular. Eran os curas e os bispos.
8. A EXPANSIÓN DA EUROPA CRISTIÁ. AS CRUZADAS
- No século XI Xerusalén (Terra Santa) foi conquistada polos turcos. Os turcos impediron que os cristiáns visitasen Xerusalén e maltrataron aos peregrinos que se penetraban..
- Nos séculos XI, XII e XIII os cristiáns organizaron as cruzadas. Campañas militares para conquistar Terra Santa e quitarlla aos turcos.
A primeira cruzada foi en 1096. Os cristiáns conquistaron Antioquía e Xerusalén.
. Na segunda cruzada os turcos, mandados por Saladino, derrotaron aos cristiáns e recuperaron Xerusalén.
. Houbo tres cruzadas máis, nas que se crearon pequenos reinos defendidos por ordes relixiosas militares (monxes guerreiros).
- Grazas ás cruzadas os cristiáns entraron en contacto con oriente., trouxeron seda, especias, perfumes, libros antigos escritos en árabe.
9. A ÉPOCA DOS MOSTEIROS
- A partir do século XI a Igrexa estableceuse en todo o territorio europeo. Construíron igrexas en todos os pobos e en todas as cidades e o campo encheuse de mosteiros onde se aprendía a ler e escribir.
- Como era a vida nos mosteiros?
- Nos mosteiros as obrigacións dos monxes e as monxas eran o rezo e o traballo.
- As persoas que querían aprender a ser monxes e monxas debían pasar por un período de aprendizaxe chamada noviciado.
- Debía facer tres promesas ou votos: obediencia, pobreza, castidade (abstinencia sexual).
- Os monxes e monxas levaban un hábito (un uniforme) que lles identificaba.
- Os monxes e monxas estaban sometidos a unha regra. Debían cumprir unha lei ou norma que ordenaba todos os aspectos da súa vida, a hora de levantarse, a de deitarse, a de comer, as súas obrigacións...
O ROMÁNICO
- A arte románico deuse en Europa nos séculos XI e XII.
- A relixión era un aspecto fundamental da Idade Media, polo que o románico foi unha arte fundamentalmente relixiosa. Atopamos igrexas, catedrais, mosteiros.
Características da arquitectura:
. Planta de cruz latina (cruceiro, ábsida e carola)
. Bóveda de canón
. Arcos de Medio punto
. Muros grosos con contrafortes
. Fiestras estreitas e alongadas
. Torre campanario
. Claustros11. A DECORACIÓN DO ROMÁNICO. A ESCULTURA
A Escultura na arte Románico servía para
- Educar aos fieis. Na Idade Media a maior parte da poboación era analfabeta e aprendían grazas ás imaxes.
- Recordarlles que se atopaban nun lugar sacro.
Debido ao seu carácter decorativo e didáctico as esculturas adaptaban as súas proporcións á forma da superficie arquitectónica.
Na arte románico atopamos as seguintes esculturas:
. Portadas. Representábanse cristos, virxes, escenas do xuízo final, santos, profetas e apóstolos.
. Capiteis. Na parte superior das columnas. Ademais de escenas relixiosas se esculpían motivos xeométricos, animais reais e fantásticos, escenas da vida cotiá....
. Tallas de madeira policromada. Representábanse virxes e cristos.
12. A DECORACIÓN DO ROMÁNICO. A PINTURA
Do mesmo xeito que a escultura a pintura tamén servía para decorar e para ensinar aos fieis.
No románico pintaban sobre tres materiais: muros de pedra, táboas de madeira e libros.
A. Pintura mural
No Románico preferían os muros pintados. Habitualmente pintaban a ábsida da Igrexa (a zona na que está o altar) e, se había orzamento, os muros.
As pinturas eran moi expresivas e de vivas cores, pero tamén moi sinxelas.
Utilizaban a técnica da pintura ao fresco. Esparexían cal sobre a parede e cando aínda estaba húmida pintaban. Deste xeito fixábase mellor.
Os motivos máis utilizados eran
. O Pantocrátor. Cristo en actitude de bendicir e rodeado dos catro evanxelistas.
. A Virxe co neno.
B. Pintura sobre táboas de madeira.
Antes de pintar cubríanas cunha fina capa de xeso.
Coas táboas cubrían os altares ou as cabeceiras das igrexas.
C. Pintura sobre libros.
Chamábanse miniaturas.
************************************
Para saber máis: http://santipazosrei.blogspot.com/p/actividades-2-eso.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario