.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

Tema V: Tempo e Clima

Aqui un Video "O clima da Terra"


RESUMO
Introdución

Os fenómenos atmosféricos que inflúen no tempo e no clima danse na parte baixa da atmosfera, chamada troposfera. 
O tempo refírese á situación da atmosfera nun lugar e nun momento determinados.
     O clima refírese ás condicións atmosféricas que se dan nunha rexión nun período longo de tempo (un mínimo de 30 ou 40 anos) e que chegan a caracterizala: clima atlántico, clima tropical...

A atmosfera

          A atmosfera é unha capa gasosa de máis de 1000 km de espesura que envolve a Terra.
          A atmosfera evita que os raios solares cheguen directamente á superficie da Terra, facendo posible a vida no noso planeta.
          A atmosfera tamén actúa como escudo protector contra a caída de meteoritos.

O ozono, un gas que se atopa nas capas altas da atmosfera, impide que as radiacións ultravioletas, nocivas para os seres vivos, cheguen á superficie terrestre.
Cando a capa de ozono entra en contacto con certos gases, como os que desprenden certas industrias, redúcese ata o punto de producirse buracos.
Por estes buracos entran os raios ultravioletas que poden producir certas enfermidades, coma o cancro de pel ou problemas oculares.

A temperatura atmosférica:
·         A temperatura atmosférica é o grao de quentamento do aire debido á radiación solar.Mídese cun aparato denominado:  Termómetro  
As As líneas que nos mapas unen puntos de igual temperatura chámanse isotermas
    Factores que inflúen na temperatura:
    Os cambios de temperatura veñen determinados pola latitude, a altitude e a distancia respecto do mar.
    A latitude:
     O factor que máis inflúe na temperatura é a insolación e a insolación depende en gran medida da latitude.
    A altitude
    Coa altitude as capas de aire son menos densas e non son capaces de reter a calor; polo tanto, a maior altura, menor temperatura.

    A proximidade ao Mar.
    O mar suaviza as temperaturas das terras situadas preto das súas costas. (As Brisas marinas)


    A humidade do aire:
    A humidade é a cantidade de vapor de auga que se atopa no aire.
    A cantidade de vapor de auga que pode absorber o aire depende da súa temperatura, a maior temperatura máis vapor de auga.
    O grao de humidade do aire mídese co higrómetro.
    As nubes e as precipitacións
    Cando o aire húmido se quenta ascende; segundo ascende, comeza a arrefriar o que provoca a súa condensación en diminutas gotas, que se unen entre si formando as nubes.
        A Chuvia
    Se o aire segue elevándose ou arrefriando, as gotas vanse adherindo, o seu tamaño aumenta ata que o seu peso as precipita en forma de chuvia.
     A Neve: folerpas
    Cando a temperatura do aire é moi baixa, os cristais de xeo non se funden ao caer, senón que se unen entre si formando folerpas
    A sarabia 
    A sarabia fórmase cando os cristais de xeo das nubes son arrastrados cara arriba por
    unha corrente de aire ascendente. 
     A precipitación mídese cun aparello chamado pluviómetro. 
     Calcúlase medindo a auga que cae sobre un metro cadrado de superficie durante 24 horas e exprimindo esa cantidade en litros por metro cadrado
    As líneas que nos mapas unen puntos de igual pluviosidade chámanse Isoietas

     A presión atmosférica
              O peso ou forza que exerce o aire sobre a superficie terrestre denomínase presión atmosférica.
              A presión atmosférica depende da altitude, da temperatura do aire e das correntes de aire que circulan ao redor da Terra (correntes jet).
              O aire cálido dá lugar a zonas de baixas presións (depresión ou borrasca).
              O aire frío orixina zonas de altas presións (anticiclóns).
              Aparato con que se mide: O Barómetro
              Líneas que unen puntos de igual  nos mapas: Isóbaras
              1015 hP presión normal ao nivel do mar

    O vento
              O vento é unha masa de aire en movemento que se orixina cando entre dúas zonas se rexistran presións atmosféricas diferentes.
              O aire sempre sopra desde a zona de altas presións cara á zona de baixas presións.
              A intensidade do vento é maior canto maior é a diferenza entre presións atmosféricas.
              Existen ventos constantes nalgunhas zonas da Terra (os alisios no Ecuador), ventos estacionais (monzóns) e ventos locais (cierzo, levante…).
              A dirección do vento mídese co Cataventos
              A velocidade do vento mídese co Anemómetro




    GUIÓN PARA ELABORAR E COMENTAR UN CLIMOGRAMA

    Para ampliar coñecementos podes visitar este enlace:

    http://chopo.pntic.mec.es/~ajimen18/GEOGRAFIA8/index.html

    No hay comentarios:

    IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04