TEMA VI
Introducción
O medio natural está formado principalmente polo relevo, os solos, o clima, a vexetación e a fauna .
Na actualidade é difícil atopar un medio autenticamente natural no que non actuase o ser humano.
Por iso, cando falamos de paisaxe referímonos ao medio natural combinado coa acci ón humana .
Clima e paisaxes da Terra
1. Climas da Terra1.1. Zonas climáticas da Terra
A combinación dos elementos do clima (temperatura, humidade, presión, ventos e precipitacións) e os factores climáticos (latitude, altitude e distancia respecto ao mar) dan, como resultado, diferentes tipos de climas na Terra.
Se escollemos a temperatura como elemento principal do clima, a Terra divídese en tres zonas climáticas: zona de climas cálidos, de climas temperados e de climas fríos.
Cada zona subdivídese á súa vez en diferentes climas.
2. Zona cálida: paisaxe ecuatorial
2.1. A paisaxe ecuatorialA paisaxe ecuatorial atópase en áreas do planeta situadas ao redor do Ecuador: Amazonas, Congo, golfo de Guinea e Sueste de Asia.
As temperaturas son sempre moi altas e as precipitacións, moi abundantes.
Os ríos ecuatoriais son os máis caudalosos e regulares da Terra.
A vexetación é exuberante (selva ou xungla) e os animais desta paisaxe adoitan ser de pequeno tamaño.
Os grupos indíxenas que habitan as grandes zonas de selva de América e África viven da recolección de froitos ou practican unha agricultura moi rudimentaria . Hai unha baixa densidade de poboación.
As zonas ecuatoriais asiáticas están moi poboadas, a selva ceou, e medran o arroz, a cana de azucre, o té e as heveas.
3. Zona cálida: paisaxe tropical
3.1. A paisaxe tropicalAo Norte e ao Sur da zona que ocupa o clima ecuatorial atópanse as zonas de clima tropical.
Nas zonas tropicais, as temperaturas son elevadas durante todo o ano; porén, as chuvias marcan dúas estacións ben diferenciadas, a estación húmida e a estación seca.
Os ríos experimentan grandes enchentes na época de chuvias.
A vexetación característica é a sabana, formada por herbas e arbustos, onde habitan grandes herbívoros e os seus depredadores.
3.2. Os habitantes da sabanaAlgúns pobos indíxenas da sabana (os Masai e os Mara) son pastores e practican unha gandaría extensiva.
Outros pobos da sabana son agricultores e practican unha rotación de cultivos.
Nas zonas tropicais, xunto á agricultura tradicional atópanse extensas plantacións, explotadas por compañías estranxeiras, dedicadas ao cultivo de cacao, café, tabaco, té...
4. Zona cálida: paisaxe desértica
4.1. A paisaxe desértica cálidaOs desertos cálidos atópanse situados ao redor dos trópicos.
As chuvias son escasas e as temperaturas son moi altas durante todo o ano. Ademais, danse grandes oscilacións térmicas entre o día (moi caloroso) e a noite (fría).
Nos desertos cálidos non hai cursos de auga permanentes, aínda que podemos atopar wadis, que só levan auga cando chove.
Nos desertos apenas viven algunhas plantas que conseguiron adaptarse ás duras condicións climáticas.
4.2. Os habitantes do deserto
Os desertos son zonas pouco poboadas. Grupos de pastores nómades que viven nos límites do deserto, onde pastan os seus rabaños de cabras e camelos.
A poboación sedentaria dos desertos vive xunto aos oasis , escasas zonas onde hai auga procedente de correntes subterráneas.
5. Zonas frías: paisaxe polar e paisaxe de alta montaña
5.1. A paisaxe polar As zonas polares, Círculo Polar Ártico e Círculo Polar Antártico, son as zonas máis frías do planeta debido a que os raios solares chegan moi inclinados.
A chuvia é practicamente inexistente e as escasas precipitacións caen en forma de neve (desertos fríos).
A vexetación, que só é visible no verán, é a tundra e con ela aliméntanse algúns animais: osos e renos.
Tradicionalmente estas zonas foron habitadas por esquimós (América) e lapóns (península Escandinava).
5.2. A paisaxe de alta montañaAs zonas de alta montaña, con altitudes superiores aos 2500 m, teñen características propias dos climas fríos.
As temperaturas son baixas durante todo o ano e as precipitacións, se as hai, son en forma de neve.
A vexetación de alta montaña varía, entre outros factores, en función da altitude (niveis de diferente altitude).
Os habitantes da alta montaña dedícanse preferentemente á gandaría, á explotación dos bosques, á agricultura e,ultimamente, ás actividades turísticas.Un Vídeo da profesora: Marcela Escobar
MAPA INTERACTIVO SOBRE OS DIFERENTES CLIMAS
Para completar más sobre el tema puedes visitar este enlace:
http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd99/ed99-0151-01/ed99-0151-01.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario