.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

TEMA 2: A EUROPA FEUDAL


View more presentations from Santi Pazos.

*********************************
TEMA 2 O FEUDALISMO: SEÑORES E CAMPESIÑOS
1. QUE É O FEUDALISMO
- O Imperio de Carlomagno desapareceu, debido a:
. A división entre os seus herdeiros
. Os ataques dos musulmáns
. Os ataques dos viquingos, os húngaros e os búlgaros.
- Os condes e os duques fixéronse independentes e os campesiños buscaron a súa protección, pois o Rei non lles podía defender. Así apareceu o feudalismo.
- O Feudo era unha gran extensión de terra (latifundio) propiedade dun señor, que podía ser un nobre ou un eclesiástico (bispo, abade, abadesa)
- No feudalismo todos os grupos sociais xuraban fidelidade (facían alianzas). Este vasalaxe dividíase en dous partes:
. Homenaxe. Xuramento do nobre. Promete axuda militar e consello.
. Investidura. Dáselle ao nobre un territorio.
- A sociedade: Estaba dividida en estamentos (grupos sociais pechados). Había tres estamentos e cada un dedicábase a unha función social:           
. Os nobres. Facían a guerra
. Os eclesiásticos. Rezaban e dirixían aos cristiáns  
Estes dous estamentos costituían o grupo dos PRIVILEXIADOS: non pagaban impostos, non traballaban, podían utilizar armas... 
O terceiro dos estamentos eran OS NON PRIVILEXIADOS
. Os campesiños : (libres e servos da gleba): Traballaban e eran a maioría da poboación. 
. Os artesáns que constituían un sector moi reducido

2. A MONARQUÍA FEUDAL
- O Rei era sacro e adorábaselle. Era o máis respectado entre os nobres, que lle xuraban fidelidade e obediencia.
- O Rei na Idade Media tiña moi pouco poder. Pero, a partir do século XIII empezou a facerse máis poderoso. 

3. A SOCIEDADE FEUDAL. A NOBREZA
- O oficio do Rei e dos nobres era a guerra. Para iso formaban as ordes de cabalería, unhas asociacións que vivían baixo os ideais de valentía, fidelidade, defensa dos pobres...
- Debían adestrar durante todo o día e comprar armas moi caras, por iso só os nobres ricos podían ser cabaleiros.
. Aos seis anos convertíanse en paxes e aprendían a vivir como nobres.
. Despois facíanse escudeiros. Axudaban a un cabaleiro e este ensináballes o oficio de guerreiro
. Finalmente facíanse cabaleiros e xa podían participar en combates ou torneos.
- Cando os nobres non facían a guerra adestrábanse coa caza.
- Todos os anos atacaban un lugar. Como había tantas guerras e ataques a Igrexa interveu para limitar a violencia e estableceu dúas condicións:
. A Paz de Deus. Prohibir o ataque aos viaxeiros, aos débiles e aos lugares relixiosos.
. A Tregua de Deus. Limitar a duración dos combates.

4. O CASTELO FEUDAL
- Os nobres vivían en castelos. Ao principio os castelos eran de madeira e despois fixéronos de pedra.
-Nos castelos había estables, ferrería, forno, capela ou pozo. A parte máis importante era a torre da homenaxe. Aí estaba o gran salón, onde se facían os banquetes, impartíase xustiza, recibíase aos servos ou se xuraba fidelidade.
- Nos castelos organizábanse grandes banquetes, torneos e cacerías.
- A señora do castelo estaba ás ordes do seu marido e dirixía aos serventes.

5. O FEUDO
- Os feudos eran extensións de terra que foran cedidas a un nobre a cambio de fidelidade. É dicir, que cando a persoa que dera o feudo chamáballe, tiña que acudir na súa axuda.
- O feudo dividíase en dous partes:
.A reserva señorial. Eran terras que aproveitaba o señor directamente. Aquí vivía o señor.
. Os mansos. Eran terras cedidas a campesiños a cambio de pagar impostos e facer traballos para o señor.
- Os señores ditaban leis, xulgaban, cobraban impostos e castigaban aos seus servos.
- Na Idade Media había dous tipos de campesiños:
. Os viláns. Eran campesiños libres, pero as terras que traballaban non eran súas.
. Os servos. Non eran libres. Non podían irse das terras nin casar sen permiso do señor. Os fillos de servos eran tamén servos.

6. A SOCIEDADE FEUDAL. O CAMPESIÑO
- Na Idade Media o 90% da poboación era campesiña.
- Os campesiños vivían na pobreza, non sabían ler nin escribir.
- Vivían en casas de palla, con dúas habitacións, unha para o cortello e o celeiro e outra para toda a familia. Non tiñan case mobles.
- Os campesiños eran autosuficientes, é dicir, producían todo o que necesitaban (comida, vestidos, casas, instrumentos), non compraban nada.
- Comían pouco e mal. En días de festa comían algo de carne.
- Todos traballaban no campo: mulleres, nenos, homes e anciáns.
- Practicaban a rotación bienal de cultivos. Dividían as súas terras en dúas. Nunha parte cultivaban e a outra a deixaban descansar. Ao ano seguinte facían ao revés. Deste xeito a terra recuperábase e as plantas saían con forza.

7. O CLERO: O PAPEL DA IGREXA
- No ano 1000 a maioría dos europeos eran cristiáns e sentíanse parte dunha comunidade,
que se chamaba A Cristiandade
- As obrigacións dos cristiáns eran:
. Rezar, ir a misa os domingos, confesarse unha vez ao ano, comulgar, peregrinar a lugares santos.
. Dar diñeiro aos pobres, ser boas persoas
- A Igrexa interviña nos aspectos máis importantes da vida das persoas: Nos matrimonios, na morte, no nacemento, no ensino.
- A Igrexa da Idade Media era moi rica.
- A cabeza da Igrexa era o Papa.
- Os papas e os reis tiveron moitos conflitos, porque non se poñían de acordo sobre quen debía nomear aos bispos e aos abades dos mosteiros.
- O clero estaba dividido en dous:
. Clero regular. Toda a súa vida rexíase por unha norma que se chamaba regra. Eran os frades, as monxas e os monxes.
. Clero secular. Eran os curas e os bispos.
 8.  A EXPANSIÓN DA EUROPA CRISTIÁ. AS CRUZADAS
- No século XI Xerusalén (Terra Santa) foi conquistada polos turcos. Os turcos impediron que os cristiáns visitasen Xerusalén e maltrataron aos peregrinos que se penetraban..
- Nos séculos XI, XII e XIII os cristiáns organizaron as cruzadas. Campañas militares para conquistar Terra Santa e quitarlla aos turcos.
A primeira cruzada foi en 1096. Os cristiáns conquistaron Antioquía e Xerusalén.
. Na segunda cruzada os turcos, mandados por Saladino, derrotaron aos cristiáns e recuperaron Xerusalén.
. Houbo tres cruzadas máis, nas que se crearon pequenos reinos defendidos por ordes relixiosas militares (monxes guerreiros).
- Grazas ás cruzadas os cristiáns entraron en contacto con oriente., trouxeron seda, especias, perfumes, libros antigos escritos en árabe.

9. A ÉPOCA DOS MOSTEIROS
- A partir do século XI a Igrexa estableceuse en todo o territorio europeo. Construíron igrexas en todos os pobos e en todas as cidades e o campo encheuse de mosteiros onde se aprendía a ler e escribir.
- Como era a vida nos mosteiros?
- Nos mosteiros as obrigacións dos monxes e as monxas eran o rezo e o traballo.
- As persoas que querían aprender a ser monxes e monxas debían pasar por un período de aprendizaxe chamada noviciado.
- Debía facer tres promesas ou votos: obediencia, pobreza, castidade (abstinencia sexual).
- Os monxes e monxas levaban un hábito (un uniforme) que lles identificaba.
- Os monxes e monxas estaban sometidos a unha regra. Debían cumprir unha lei ou norma que ordenaba todos os aspectos da súa vida, a hora de levantarse, a de deitarse, a de comer, as súas obrigacións...


O Feudo (en Flash) fonte: Isaac Buzo

O ROMÁNICO
- A arte románico deuse en Europa nos séculos XI e XII.
- A relixión era un aspecto fundamental da Idade Media, polo que o románico foi unha arte fundamentalmente relixiosa. Atopamos igrexas, catedrais, mosteiros.

Características da arquitectura: 
      . Planta de cruz latina (cruceiro, ábsida e carola)
        . Bóveda de canón
        . Arcos de Medio punto
        . Muros grosos con contrafortes
        . Fiestras estreitas e alongadas
        . Torre campanario
        . Claustros

11. A DECORACIÓN DO ROMÁNICO. A ESCULTURA
A Escultura na arte Románico servía para
- Educar aos fieis. Na Idade Media a maior parte da poboación era analfabeta e aprendían grazas ás imaxes.
- Recordarlles que se atopaban nun lugar sacro.
Debido ao seu carácter decorativo e didáctico as esculturas adaptaban as súas proporcións á forma da superficie arquitectónica.
Na arte románico atopamos as seguintes esculturas:
. Portadas. Representábanse cristos, virxes, escenas do xuízo final, santos, profetas e apóstolos.
. Capiteis. Na parte superior das columnas. Ademais de escenas relixiosas se esculpían motivos xeométricos, animais reais e fantásticos, escenas da vida cotiá....
. Tallas de madeira policromada. Representábanse virxes e cristos.

12. A DECORACIÓN DO ROMÁNICO. A PINTURA
Do mesmo xeito que a escultura a pintura tamén servía para decorar e para ensinar aos fieis.
No románico pintaban sobre tres materiais: muros de pedra, táboas de madeira e libros.
A. Pintura mural
No Románico preferían os muros pintados. Habitualmente pintaban a ábsida da Igrexa (a zona na que está o altar) e, se había orzamento, os muros.
As pinturas eran moi expresivas e de vivas cores, pero tamén moi sinxelas.
Utilizaban a técnica da pintura ao fresco. Esparexían cal sobre a parede e cando aínda estaba húmida pintaban. Deste xeito fixábase mellor.
Os motivos máis utilizados eran
. O Pantocrátor. Cristo en actitude de bendicir e rodeado dos catro evanxelistas.
. A Virxe co neno.
B. Pintura sobre táboas de madeira.
Antes de pintar cubríanas cunha fina capa de xeso.
Coas táboas cubrían os altares ou as cabeceiras das igrexas.
C. Pintura sobre libros.
Chamábanse miniaturas. 

************************************
VIDEO REPASO:




Para saber máis:  http://santipazosrei.blogspot.com/p/actividades-2-eso.html

TEMA 1: O ISLAM E AL-ANDALUS




RESUMO DO TEMA 1. O ISLAM E AL-ANDALUS 

 1. O ISLAM
- O Islam é unha relixión que naceu en Arabia, na cidade da Meca.
- O fundador do Islam foi Mahoma, un comerciante que viaxara moito e tivera a oportunidade de coñecer as relixións cristiá e xudeu. Mahoma sentiuse chamado por Deus para crear unha nova relixión, foi perseguido polos habitantes da Meca e tivo que fuxir a Medina. Este acontecemento coñécese como Héxira (Fuxida). Despois, coa axuda dos habitantes de Medina conquistou a Meca e estendeu a súa relixión por Arabia.
- Características do Islam:
. É monoteísta, é dicir cre nun só Deus: Alá.
. Islam significa “submisión a Alá”
. Os seguidores do Islam chámanse musulmán, que significa “crentes”.
. As ensinanzas de Mahoma recóllense nun libro que é o Corán.
. As 5 obrigas do Islam:
- A profesión de fe “Non hai máis Deus que Alá e Mahoma é seu profeta”
- Obriga de rezar cinco veces ao día en dirección á Meca
- Dar diñeiro ás pobres (esmola)
- Xaxún no mes do Ramadán mentres dure a luz do Sol
- Ir á Meca unha vez na vida
.Outras normas de conducta:  

Os musulmán teñen prohibido beber alcohol, comer carne de porco ou xogar a cartas ou dados e deben combater para defender a súa fe.
. Os imáns son os sacerdotes (directores da oracción) e os ulemas os xuíces e interpretes dos textos sagrados
. O templo onde rezan os musulmán é a Mesquita
 

2. A FORMACIÓN DE AL-ANDALUS: O EMIRATO
A conquista da Península
- No ano 711 un pequeno exército musulmán mandado por Tarik cruzou o estreito de Xibraltar e venceu ao rei visigodo Don Rodrigo na batalla de Guadalete. Entón, déronse conta da debilidade do reino visigodo e chamaron a outro exército para conquistar a Península, que ao mando de Muza gobernador do Norte de África, conquistouna nun curto periodo de tempo.
- Só nalgúns puntos dos Perineos e o Cordal Cantábrica resistiron algúns cristiáns.
- A conquista da Península foi moi rápida por:
    * Desavenencias dos nobres co rei D. Rodrigo ao que non axudaron e incluso loitaron contra el.
    * Os visigodos non se resistiron e moitos convertéronse ao Islam
    *Aos campesiños dáballes igual estar sometidos aos visigodos ou aos musulmáns.
Hispania converteuse nun Emirato (unha provincia) que dependía do Califa (emperador) de Damasco.
A capital do emirato estivo en Córdoba.
No ano 756 chegou a Al-Andalus, Abd al-Rahmán I, o único supervivente da familia Omeia, que fora aniquilada pola familia dos Abassíes. Entón, o emirato de Córdoba independizouse: Emirato independente de Bagdad

 
3. O CALIFATO
- A principios do século X Abd al-Rahmán  III noméase Califa xefe político e relixioso de Al-Andalus
                .Uniu aos musulmán
                 .Venceu aos cristiáns,
                 .Proclamouse califa no ano 929
- Un dos seus sucesores, Hixem II, deixou o poder ao seu ministro, Al-Mansur (chamado Almanzor polas cristiáns), que atacou e case acabou cos reinos cristiáns do Norte.
- Trala morte de Al-Mansur o califato dividiuse en numerosos reinos, coñecidos como taifas: Reinos de Taifas

 
4. OS REINOS DE TAIFAS
- Os reinos de taifas loitaron uns contra outros. O máis poderoso foi o de Sevilla.
- Os cristiáns aproveitaron as loitas entre os musulmán para atacalos.
- Os reinos de taifas chamaron na súa axuda a tribos bérberes do Norte de África:  Os Almorábides e os almohades
- No século XIII só quedou un reino musulmán en Al-Andalus, o Reino de Granada, que aguantou case 200 anos, ata 1492. Foi un reino moi rico e poderoso.


5. AL-ANDALUS: ECONOMÍA E SOCIEDADE
ECONOMÍA
As cidades eran o centro económico, administrativo, político e cultural de cada rexión.
Os musulmán introduciron novidades importantes na agricultura:
. Regadío. Construíron noras, aceas e canles.
. Trouxeron novos cultivos: arroz, laranxa, moreira, cánabo.
. Salientaron outros cultivos como: vide, oliveira, hortalizas, liño, esparto, árbores froiteiros (palmeira datileira, amendoeira, figueira).

Unha florecente artesanía (textil, forxa, coiro, vidro, etc) organizada e controlada polo Estado. Estes productos vendíanse no mercados chamados Zocos
Un comercio moi activo:
- Al-Andalus comerciaba con todo o mundo.
. Importaban (traían), escravos, ouro e prata
. Exportaban artesanía das cidades.
. Utilizaban as moedas de ouro (dinar) e de prata (dirhem).
SOCIEDADE
En Al-Andalus convivían moitas razas, culturas e relixións:
Musulmáns:
. Árabes. Eran os menos numerosos, pero ocupaban as mellores terras e os máis altos cargos.
. Bérberes. Eran nemorosos, procedían do norte de África. Non eran tan ricos.
. Muladíes. Convertidos ao Islam. Eran a maioría da poboación.
 
Non Musulmáns:
. Mozárabes:
       . Conservaban a relixión cristiá.
       . Vivían nas cidades e dedicábanse á artesanía e o comercio
       . No século IX foron perseguidos e moitos fuxiron ao Norte
. Xudeus. Vivían nas cidades como artesáns, comerciantes e médicos.  

6. CULTURA E ARTE EN AL-ANDALUS
CULTURA
En occidente perdérase o coñecemento de Grecia e Roma. A través da Península os árabes transmitiron a Europa este coñecemento.
Os árabes daban moita importancia ao coñecemento das leis, a astronomía, a botánica, a medicina, as matemáticas e a filosofía na que destaca Averróes.
Os musulmán introduciron (desde a India) os números tal e como vos coñecemos agora.
Tamén trouxeron o papel (de China)
ARTE
O Corán prohibía representar a figura humana, polo que apenas atopamos esculturas ou pinturas. Por iso, cando falamos de arte referímonos case só á arquitectura:
. Facían edificios baixos e materiais pouco resistentes (ladrillos, xeso, madeira)
. Edificios moi luxosos, con moitos elementos decorativos (debuxos vexetais e xeométricos).
. Arcos de ferradura e lobulados


VIDEOS


O ISLAM

CONQUISTA DE AL-ANDALUS:

 

Para profundizar máis no tema visitar o apartado desta Bitácora: Recursos 2º de ESO: Tema 1
IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04