1. A auga na natureza
1.1. Auga salgada: océanos e mares
A meirande parte da auga do noso planeta é salgada (97,21% da auga que existe na Terra) e atópase nos océanos e máis nos mares.
- Un océano é unha gran masa de auga que separa os distintos continentes. Os grandes océanos da Terra son: o Pacífico, o Atlántico e o Índico. Os tres xuntos forman, ao Sur da Terra, o océano Glacial Antártico.
O Pacífico e mais o Atlántico únense, ao Norte, formando o océano Glacial Ártico.
- Os mares son a prolongación dos océanos nas zonas máis próximas aos continentes, como por exemplo o mar Cantábrico ou o mar Caribe, que son unha continuación do océano Atlántico.
1.2. Auga doce: lagos e ríos
A auga doce do planeta representa o 2,79% do total da auga da Terra, e repártese entre: lagos e ríos, capas e humidade do solo, icebergs e glaciares, e a atmosfera.
- Os lagos son masas de auga permanente depositadas en depresións e que se alimentan da auga da chuvia e da que achegan os ríos.
- Os ríos son correntes continuas de auga. A auga dos ríos procede de fontes e de mananciais, da chuvia ou da fusión da neve.
A cantidade de auga que leva un río é o caudal. O caudal dun río depende das características da súa cunca, isto é, do conxunto de terras cuxa auga vai parar ao devandito río.
O réxime dos ríos
O réxime dun río é o conxunto de variacións que experimenta o seu caudal ao longo do ano.
- Se o río ten un réxime pluvial, significa que as súas augas proceden principalmente da chuvia. O seu caudal depende da extensión da cunca do río e da regularidade e mais da cantidade da chuvia:
– Se un río recolle a auga dunha cunca que recibe chuvia abundante todo o ano, será moi caudaloso e regular.
– Se a chuvia da cunca dun río non é regular, ese río ha de ter enchentes na época de chuvia e estiaxes nas épocas secas.
- Cando a alimentación do río é de réxime nival, a auga procede maioritariamente da fusión da neve. Este tipo de ríos presentan enchentes na primavera e a comezos do verán, pero o seu caudal é baixo no inverno.
A circulación da auga.
2. A dinámica oceánica
2.1. Os movementos de mares e océanos
Debido á acción das ondas, das mareas e das correntes mariñas, a auga dos océanos e mares está sempre en movemento.
As ondas
As ondas son ondulacións que se forman cando o vento axita a superficie de mares e de océanos. A auga rízase e empurra a que está ao carón, e esta, ao mesmo tempo, axita a auga contigua, e así de maneira sucesiva.
Cando observamos as ondas desde a costa, temos a impresión de que avanzan cara á praia, pero en realidade non se desprazan: unicamente soben e baixan nun movemento de tipo circular, e defórmanse e rompen cando rozan o fondo do mar.
As mareas
As mareas son ascensos e descensos do nivel da auga do mar provocados, basicamente, pola atracción da Lúa sobre a auga de océanos e mares.
- A fase na que o nivel da auga sobe, coñecémola como marea alta.
- A fase de descenso chámase marea baixa.
marea alta e marea baixa |
As correntes mariñas son como grandes ríos que discorren polos océanos. Aínda que semelle estraño, a auga das correntes e a auga do resto do mar non se mestura porque é moi distinta unha da outra en temperatura, densidade e salinidade.
Cando a temperatura dunha corrente é superior á da auga contigua, considérase que é unha corrente cálida, e se a temperatura da corrente é inferior, a corrente é fría.
2.2. A acción do mar na modelaxe das costas
A acción da auga (ondas, mareas e correntes) modela as costas, desgastando os cantís e provocando o seu retroceso.
As rochas que foron arrincadas do cantil, xunto cos sedimentos que os ríos depositaron no mar, son arrastradas polas correntes costeiras e deposítanse en zonas resgardadas, onde se van formando praias, albufeiras, etc.
GALICIA:
GALICIA:
Unidades de relevo:
a) O Litoral: Bañado polo mar Cantábrico e o Océano Atlántico
a. Rías:
Altas: Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro e Ortigueira
Medias: Ferrol, Betanzos, Coruña; Corme e Laxe; Camariñas e Corcubión
Baixas: Muros e Noia; Arousa; Pontevedra e Vigo
b. Cabos: Estaca de Bares, Ortegal, , Prior, Roncudo, Vilano, Touriñan, Fisterre e Corrubedo
c. Illas: Sisargas, Sálvora, Ons e Cies
b) As Serras:
a. Serras do Litoral occidental: Sª do Barbanza e Sª do Morrazo
b. Serras Centrais (Dorsal galega): Serra da Loba, Cova da Serpe, Farelo, Faro, Faro de Avión, Suido
c. Serras setentrionais: Faladoira e Xistral
d. Serras Orientais: Sª de Meira, Sª dos Ancares (Penarrubia), Courel (Pia Paxaro), Sª do Eixe (Pena Trevinca), Sª de Qeuixa (Cabeza de Manzaneda), Sª de San Mamede.
e. Serras Sudorientais: Sª Segundeira e Sª do Xurés.
c) Mesetas, Chairas e depresións:
a. Meseta de Lugo e Terra Cha
b. Chaira de Bergantiños e da Mariña Lucense
c. Depresión Meridiana (Tui-Padrón) , D. de Sarria, D. de Monforte, D. de Maceda, D. do Limia
d) Vales Fluviais: RÍOS
a. Vertente Cantábrica: Eo, Masma, Landro
b. Vertente Atlántica: Eume, Xallas, Tambre, Ulla e Umia, Lérez, Oitabén e o Río Miño co seu afluente o Sil e cos encoros de Belesar e San Estevo
Rías Baixas Rías Altas
Rías Baixas Rías Altas
ESPAÑA:
Unidades de relevo de España
O relevo ibérico é moi variado. Caracterízase pala abundancia de montañas e mesetas de considerable altitude. En Europa só Suíza ten unha maior altitude media.
As unidades que constitúen o relevo peninsular son:
a) A Meseta Central e os seus sistemas montañosos.
A Meseta: Ocupa, aproximadamente, o centro de España e ten unha altitude media duns 600 metros. Está rodeada de montañas, excepto polo oeste.
Montañas Interiores á meseta: o sistema Central e os Montes de Toledo.
Montañas que rodean a Meseta: Cordal Cantábrico, sistema Ibérico e Serra Morena.
Montañas exteriores: Macizo Galaico, montes Pirineos, cadea Costeiro-Catalana e sistema Béticos e Penibético.
b) Os grandes vales do Ebro e do Guadalquivir e as chairas litorais
No hay comentarios:
Publicar un comentario