.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

Tema IV: RÍOS E MARES. GALICIA. ESPAÑA



1. A auga na natureza
1.1. Auga salgada: océanos e mares
A meirande parte da auga do noso planeta é salgada (97,21% da auga que existe na Terra) e atópase nos océanos e máis nos mares.
  • Un océano é unha gran masa de auga que separa os distintos continentes. Os grandes océanos da Terra son: o Pacífico, o Atlántico e o Índico. Os tres xuntos forman, ao Sur da Terra, o océano Glacial Antártico.
O Pacífico e mais o Atlántico únense, ao Norte, formando o océano Glacial Ártico.
  • Os mares son a prolongación dos océanos nas zonas máis próximas aos continentes, como por exemplo o mar Cantábrico ou o mar Caribe, que son unha continuación do océano Atlántico.
1.2. Auga doce: lagos e ríos
A auga doce do planeta representa o 2,79% do total da auga da Terra, e repártese entre: lagos e ríos, capas e humidade do solo, icebergs e glaciares, e a atmosfera.
  • Os lagos son masas de auga permanente depositadas en depresións e que se alimentan da auga da chuvia e da que achegan os ríos.
  • Os ríos son correntes continuas de auga. A auga dos ríos procede de fontes e de mananciais, da chuvia ou da fusión da neve.
A cantidade de auga que leva un río é o caudal. O caudal dun río depende das características da súa cunca, isto é, do conxunto de terras cuxa auga vai parar ao devandito río.
O réxime dos ríos
O réxime dun río é o conxunto de variacións que experimenta o seu caudal ao longo do ano.
  • Se o río ten un réxime pluvial, significa que as súas augas proceden principalmente da chuvia. O seu caudal depende da extensión da cunca do río e da regularidade e mais da cantidade da chuvia:
– Se un río recolle a auga dunha cunca que recibe chuvia abundante todo o ano, será moi caudaloso e regular.
– Se a chuvia da cunca dun río non é regular, ese río ha de ter enchentes na época de chuvia e estiaxes nas épocas secas.
  • Cando a alimentación do río é de réxime nival, a auga procede maioritariamente da fusión da neve. Este tipo de ríos presentan enchentes na primavera e a comezos do verán, pero o seu caudal é baixo no inverno.
A circulación da auga.
 
2. A dinámica oceánica
2.1. Os movementos de mares e océanos
Debido á acción das ondas, das mareas e das correntes mariñas, a auga dos océanos e mares está sempre en movemento.
As ondas
As ondas son ondulacións que se forman cando o vento axita a superficie de mares e de océanos. A auga rízase e empurra a que está ao carón, e esta, ao mesmo tempo, axita a auga contigua, e así de maneira sucesiva.
Cando observamos as ondas desde a costa, temos a impresión de que avanzan cara á praia, pero en realidade non se desprazan: unicamente soben e baixan nun movemento de tipo circular, e defórmanse e rompen cando rozan o fondo do mar.
As mareas
As mareas son ascensos e descensos do nivel da auga do mar provocados, basicamente, pola atracción da Lúa sobre a auga de océanos e mares.
  • A fase na que o nivel da auga sobe, coñecémola como marea alta.
  • A fase de descenso chámase marea baixa.
marea alta e marea baixa
As correntes mariñas
As correntes mariñas son como grandes ríos que discorren polos océanos. Aínda que semelle estraño, a auga das correntes e a auga do resto do mar non se mestura porque é moi distinta unha da outra en temperatura, densidade e salinidade.
Cando a temperatura dunha corrente é superior á da auga contigua, considérase que é unha corrente cálida, e se a temperatura da corrente é inferior, a corrente é fría.

2.2. A acción do mar na modelaxe das costas
A acción da auga (ondas, mareas e correntes) modela as costas, desgastando os cantís e provocando o seu retroceso.
As rochas que foron arrincadas do cantil, xunto cos sedimentos que os ríos depositaron no mar, son arrastradas polas correntes costeiras e deposítanse en zonas resgardadas, onde se van formando praias, albufeiras, etc.

  
GALICIA:

GALICIA:
Unidades de relevo:
a)      O Litoral:  Bañado polo mar Cantábrico e o Océano Atlántico
a.      Rías:
                       Altas:  Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro e Ortigueira
                       Medias:  Ferrol, Betanzos, Coruña; Corme e Laxe; Camariñas e Corcubión
                       Baixas: Muros e Noia; Arousa; Pontevedra e Vigo
b.      Cabos: Estaca de Bares, Ortegal, , Prior, Roncudo, Vilano, Touriñan, Fisterre e Corrubedo
c.       Illas: Sisargas, Sálvora, Ons e Cies
b)     As Serras:
a.       Serras do Litoral occidental: Sª do Barbanza e Sª do Morrazo
b.      Serras Centrais (Dorsal galega): Serra da Loba, Cova da Serpe, Farelo, Faro, Faro de Avión, Suido
c.       Serras setentrionais: Faladoira e Xistral
d.      Serras Orientais: Sª de Meira, Sª dos Ancares (Penarrubia), Courel (Pia Paxaro), Sª do Eixe (Pena Trevinca),  Sª de Qeuixa (Cabeza de Manzaneda), Sª de San Mamede.
e.       Serras Sudorientais: Sª Segundeira e Sª do Xurés.
c)      Mesetas, Chairas e depresións:
a.       Meseta de Lugo e Terra Cha
b.      Chaira de Bergantiños e da Mariña Lucense
c.       Depresión Meridiana (Tui-Padrón) , D. de Sarria, D. de Monforte, D. de Maceda, D. do Limia
d)     Vales Fluviais: RÍOS
a.       Vertente Cantábrica: Eo, Masma, Landro
b.      Vertente Atlántica: Eume, Xallas, Tambre, Ulla e Umia, Lérez, Oitabén e o Río Miño co seu afluente o Sil  e cos encoros de Belesar e San Estevo

Rías Baixas                                         Rías Altas     


ESPAÑA:



Unidades de relevo de España
O relevo ibérico é moi variado. Caracterízase pala abundancia de montañas e mesetas de considerable altitude. En Europa só Suíza ten unha maior altitude media.
As unidades que constitúen o relevo peninsular son:

a) A Meseta Central e os seus sistemas montañosos.
A Meseta: Ocupa, aproximadamente, o centro de España e ten unha altitude media duns 600 metros. Está rodeada de montañas, excepto polo oeste.
Montañas Interiores á meseta: o sistema Central e os Montes de Toledo.
Montañas que rodean a Meseta: Cordal Cantábrico, sistema Ibérico e Serra Morena.
Montañas exteriores: Macizo Galaico, montes Pirineos, cadea Costeiro-Catalana e sistema Béticos e Penibético.

b) Os grandes vales do Ebro e do Guadalquivir e as chairas litorais




Tema III: AS FORMAS DA TERRA. O NOSO CONCELLO.


As Capas da Terra:

 A estrutura da Xeosfera:
A Terra é unha grande esfera lixeiramente achatada polos polos que se divide en tres grandes zonas concéntricas. A parte máis interna é o núcleo e supón un 15% do volume total do planeta. Ao seu redor está o manto, que representa un 84% do volume da Terra.
A capa externa é a codia, que apenas representa o 1% do total do planeta. A codia, xunto coa parte superior do manto, recibe o nome de litosfera.
A codia terrestre
A codia terrestre ten unha anchura moi desigual. A codia terrestre non é lisa, senón que forma montañas, vales, depresións e chairas que configuran o relevo da Terra.
O relevo da Terra, aínda que parece estable, cambia debido á acción dos axentes internos (volcáns e terremotos) e externos. Os relevos transfórmanse tamén lentamente pola acción da auga, do vento e da actuación humana. 
Actividade de repaso
A deriva dos continentes
Segundo a teoría da deriva dos continentes, a codia da Terra estaba formada por un único continente, denominado Panxea, que aboiaba sobre o manto.
O movemento de rotación da Terra rompeu este único continente dando lugar ás chamadas placas tectónicas.
Malia os lentos movementos, cando dúas placas baten unha delas pode elevarse formando grandes cordilleiras, mentres que a outra se afunde ata crear profundas fosas mariñas.
Os puntos de contacto entre dúas placas son áreas de grande inestabilidade, que se manifesta en forma de terremotos e volcáns.

Os axentes internos As forzas internas da Terra ou axentes internos, provocan os terremotos e os volcáns.
Os terremotos son sacudidas que se orixinan no interior da Terra e que se propagan en forma de ondas sísmicas. 

Os volcáns son profundas fendas na codia terrestre polas que ascende o magma. Este pode saír ao exterior en forma de erupción volcánica.
Nas erupcións volcánicas expúlsanse gases, cinza, pedras e lava incandescente. Estes materiais, ao contacto co aire, arrefrían e forman os chamados conos volcánicos.
Os axentes externos
As formas do relevo tamén son o resultado dos axentes externos: auga, vento, vexetación, ser humano…
A auga, principal axente modelador da paisaxe, pode actuar intensamente e de diversas maneiras: a auga da chuvia (barrancas, vales, chairas e deltas), a auga xeada, as ondas, as correntes mariñas, as mareas (praias, golfos), ...
O vento desgasta as rochas e erosiónaas.
As raíces de plantas e árbores poden axudar a romper as rochas, pero tamén a fixar o solo na aba das montañas.
O Ser Humano actúa sobre o medio físico transformando a paisaxe natural (edificación de cidades, vías de comunicación, encoros, pontes, portos, etc.,)
Actividade de repaso Vicens Vives

Formas de relevo : 
O relevo terrestre (Fonte Juanjo Romero)
Relevo Continental (Fonte Isaac Buzo Sánchez)
Relevo Oceánico  (Fonte (Fonte Isaac Buzo Sánchez) 
Formas do Relevo Costeiro ou do litoral (Isaac Buzo Sánchez)

Aprender a definición de cada unha das formas do Relevo

Amplía Conceptos deste Tema

A división do mundo en continentes
Os continentes son grandes extensións de terras emerxidas que separan os océanos:
A auga ocupa tres cuartas partes da superficie terrestre e forma cinco grandes océanos:
o Pacífico, o Atlántico,  o Índico e os acéanos Glacial Ártico e Glacial Antártico
Algúns sectores dos océanos situados xunto ás costas denomínanse mares (como o Caribe ou o Adriático).
Nos océanos e nos mares emerxen algunhas porcións de terra rodeadas pola auga que se denominan illas, que cando se agrupan forman arquipélagos
Actividades multimedia Vicens Vives: Actividade
O NOSO CONCELLO 
Península de Barbanza. Formada pola comarca da Barbanza e tamén por parte da bisbarra de Muros-Noia
A Bisbarra do BARBANZA:  Formada polos concellos de: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira
Península do Barbanza Ademáis dos anteriores tamén están nela: Porto do Son, Noia e Lousame

Accidentes xeográficos máis importantes:
Parroquias que o forman: Aguiño,  Artes, Carreira, Castiñeiras Corrubedo, Oleiros,Olveira, Palmeira, Ribeira
Montes: A Curota, A Garita, Castro da Cidade, Facho, Os castelos, Os Forcados, San Alberto, Tahume
Ríos: Listres, Artes
Lagoas: Carregal, Vixán
Illas: Falcoeiro, Forcadiño, Noro, O Carreiro, Rúa, Sagres, Sálvora, Vionta
Praias: A ladeira, A Tasca, Penisqueira, Area Secada, Baleiros, Castro, Corna, Coroso, O Vilar
Cabos: Corrubedo, Punta de Couso
MAPAS:
 Ribeira                                                                               Ribeira Mudo        

Para saber máis sobre Ribeira
 
IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04