.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

TEMA 11: O SÉCULO DO BARROCO

Tema 11: O Século do Barroco
View more presentations from Santi Pazos


Tema 11: O Século do Barroco
Fonte: Daniel Gómez Valle
 Introdución
          * O século XVII, en Europa, foi unha época de crise e de contrastes .
          * Producíronse problemas demográficos e crises agrarias, pero, ao mesmo tempo, desenvolvéronse o comercio colonial e a produción de manufacturas.
          * A nobreza e mais o clero mantiveron o seu poder, pero novos grupos sociais, como a burguesía , aumentaron a súa influencia.
          * O poder das monarquías absolutas afianzouse.
          * A arte foi un fiel reflexo desta época. A estética do Barroco superou o clasicismo do Renacemento e introduciu elementos máis complexos, cheos de movemento e cor.

1. Sociedade e economía:
 1.1  A poboación europea
          * A poboación europea mantívose practicamente estancada ao longo do século XVII.
          * O baixo crecemento era debido á alta mortalidade ocasionada polas epidemias e pola existencia de fortes fames negras .
          * A sociedade continuaba a ser estamental , dividida entre privilexiados (nobreza e clero)e non privilexiados Campesiños, traballadores dos obradoiros e manufacturas e burgueses)  . A burguesía consolidábase como un sector rico e influente.
  




    1.2 O comercio internacional
          * No século XVI fóranse consolidando novas rutas comerciais marítimas. Dunha banda, a ruta dos metais preciosos e, doutra, a ruta das especias .
          * Ademais, no século XVII, Holanda e Inglaterra lanzáronse ás rutas do Atlántico e do Índico.
          * En 1602, Holanda creou unha sociedade por accións, a Compañía das Indias Orientais , que gozaba de apoio estatal.
          * O Mediterráneo foi perdendo importancia e medraron os portos atlánticos de Sevilla, Lisboa, Anveres, Amsterdam e Londres.
    1.3  As manufacturas estatais
          * Algúns comerciantes, para obteren maior cantidade de produtos e abarataren o seu prezo, concentraban os traballadores en grandes obradoiros.
          * Así xurdiron as primeiras manufacturas . O comerciante poñía os trebellos e mais as materias primas, e os traballadores percibían un salario.
          * Nalgúns países, o Estado apoiou o establecemento de manufacturas, e na época de Luís XIV, o seu ministro Colbert creou manufacturas estatais.
      Tanto o Comercio internacional como a aparición das manufacturas vai traer un novo Sistema Económico chamado Mercantilismo que consiste en defender  que a riqueza dun pais sustentase na cantidade de ouro e prata que posuíse. Polo tanto era necesario promover a industria nacional e o comercio, para vender moito e mercar pouco ao exterior e acumular moeda. Para manter este sistema era necesaria a axuda do Estado, esta axuda trouxo o reforzamento das monarquías europeas.

2. A Europa do absolutismo
    2.2 . Cambios políticos e relixiosos
          * A Guerra dos Trinta Anos, que enfrontou a católicos e protestantes, finalizou coa Paz de Westfalia e significou a recomposición do mapa político europeo.
          * Deuse o ascenso dunha nova potencia, Francia, e o afundimento do vello Imperio dos Habsburgo.
          * O século XVII deu paso ao predominio dos Estados-nación , á afirmación das monarquías absolutas e ao afundimento das formas de poder supranacionais, como o Imperio hispánico.
          * Doutra banda, significou a proclamación da liberdade relixiosa para cada Estado.
    2.2  Características da monarquía absoluta
          * Na monarquía absoluta, a autoridade do monarca proviña directamente de Deus.
          * O poder do rei era absoluto e constituía a encarnación mesma do Estado.
          * Para gobernar, o monarca estaba auxiliado por ministros , conselleiros e secretarios , e tamén por un gran número de funcionarios .

3. A arte do século XVII: o Barroco
  3.1  Unha arte para a sociedade do seu tempo
          * Os artistas foron requiridos polos monarcas absolutos para construír mansións que fosen o reflexo do seu inmenso poder.
          * O Palacio de Versalles e mais os seus xardíns é o exemplo máis claro deste estilo suntuoso e elegante.
          * A Igrexa católica converteuse na compradora de obras de arte e as igrexas amosaban unha fastosa decoración, dedicada á propaganda dos principios relixiosos.
          * Nos países protestantes a ausencia de imaxes nos seus templos implicou a inexistencia dunha arte de propaganda relixiosa.
  3.2. A estética do Barroco
          * O Barroco propuxo novos valores estéticos nos que predominaba:
          * O movemento , coa utilización das formas curvas, do cóncavo e o convexo.
          * A luz e a cor , máis que o debuxo, para crear as formas.
          * O realismo nas representacións.
          * O gusto polo teatral e escénico .

4. Arquitectura e escultura barrocas
   4.1  Arquitectura
          * A nota esencial do novo estilo é a liberdade con que se tratan os elementos arquitectónicos co fin de dotar de impresión de movemento o edificio.
          * Roma é a cidade onde se orixinou o novo estilo e onde traballaron dous artistas:
          Juan Lorenzo Bernini (1598-1680), que rematou a Basílica de San Pedro do Vaticano cunha gran columnata de forma elíptica no exterior e un espectacular baldaquino no interior.
          Francesco Borromini (1599-1667), autor das fachadas de igrexas como as de San Carlos das Catro Fontes e Santa Inés .
  4.2 Escultura
          * A representación do movemento foi tamén o principal obxectivo dos escultores barrocos.
          * As liñas curvas e oblicuas utilízanse para dar a impresión de equilibrio inestable.
          * As vestimentas adquiren grande importancia: as súas formas ínchanse e os pregamentos multiplícanse.
          * A outra grande aspiración da escultura barroca é o naturalismo , cun carácter efectista que pretende conmover ou sorprender.
          * Bernini é a figura máis representativa e as súas obras son un reflexo de todas estas características. Exemplo de obras:  Beata Ludovica , DAVID,  Éxtases de Santa Teresa , Apolo e  Dafne, ...

5. A pintura barroca europea
 5.1. Características da pintura
          * A pintura barroca presenta diversos elementos comúns:
          * O triunfo da cor sobre o debuxo .
          * A preocupación pola luz .
          * O realismo .
          * A procura do movemento nas composicións.
  5.2. A escola italiana
          * A pintura barroca acadou axiña un gran desenvolvemento en Italia.
          * O seu iniciador foi Miguel Anxo Caravaggio , que introduciu os xogos de contraste entre os fondos escuros e focos de luz iluminando a escena. (TENEBRISMO)
          * Entre os numerosos pintores do Barroco italiano salientou  Andrea del Pozzo (Bóveda da Igrexa de San Ignacio, en Roma )
  5.3. A pintura flamenga e holandesa
          * A pintura flamenga . Tivo en Pedro Pablo Rubens o seu principal representante.
          * Influído polos renacentistas italianos e polo uso da luz de Caravaggio, Rubens pintou toda clase de temas: relixiosos, mitolóxicos, escenas populares e retratos.
          * A pintura holandesa . Foise desenvolvendo na Europa protestante , sobre todo en Holanda. Era unha escola naturalista preocupada polo tratamento da luz.
Para saber máis de Rubens picha AQUI

6. Arquitectura, Escultura e pintura do Barroco español
     6.1 . Arquitectura española
          * A arquitectura barroca española distínguese pola súa exuberancia decorativa , tanto no interior coma no exterior dos edificios.
          * O Barroco en España foi serodio e acadou a súa maior expansión no século XVIII.
          * A estética barroca, complexa, profusa e espectacular, conectou co gusto dos que encargaban as obras e co pobo do común.
          * Os arquitectos máis salientables foron Alonso Cano , Fernando Casas e Novoa , José Churriguera e José Ribera .
          * A escultura continuou o camiño trazado no Renacemento. Empregábase a madeira policromada e predominaba o tema relixioso , coa realización de retablos e imaxes.
          * O interese por conmover os fieis acadou na imaxinaría proporcións dramáticas mediante caras desencaixadas, signos de dor e sufrimento, etc.
            * Entre os escultores máis salientables están: Gregorio Fernández, Juan Martínez Montañés, Alonso Cano e Pedro Mena
    6.3. Os pintores do Barroco español
          * Na primeira metade de século destacaron o valenciano José de Ribera e o estremeño Francisco de Zurbarán .
          * Ribera foi máis “tenebrista” e preocupouse pola luz e a cor. Zurbarán evolucionou cara á representación exacta da realidade e a calidade das cousas.
          * Na segunda metade de século sobresaíron pintores de Corte como Juan Carreño ou Claudio Coello , que foron excelentes retratistas.
          * Batolomé Esteban Murillo temas relixiosos e temas infantís con cores alegres,suaves e moi luminosos.
  6.4. Diego Velázquez:
          * Diego Velázquez traballou na corte de Filipe IV. Destacou polo seu xenio extraordinario, que o converteu no pintor español máis universal.
          * Velázquez cultivou todos os xéneros: como pintor de corte fixo moitos retratos e cadros históricos. Como artista culto pintou temas mitolóxicos, que humanizaba con modelos populares.
          * Da súa técnica salienta a utilización maxistral da luz e da perspectiva aérea , isto é, a sensación óptica da luz que circula entre os obxectos e as figuras.
            A técnica: Realismo
           Velázquez quer captar a realidade. É como un fotógrafo
          Os temas Retratos,  a mitoloxía,  a relixión, os bufóns,  obra en obra
            Obras: As Meninas. Filipe IV de caza - 1635 Retrato de Filipe IV, co rifle e o can. O Conde Duque de Olivares a cabalo – 1638. A coroación da Virxe – 1641. Cristo crucificado – 1632.  A Fraga de Vulcano – 1630. O bufón Sebastián de Morra – 1644.  A rendición de Breda (As lanzas) .  AS FIANDEIRAS

No hay comentarios:

IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04