Tema 11: O Século do Barroco
View more presentations from Santi Pazos
Introdución * O século XVII, en Europa, foi unha época de crise e de contrastes . * Producíronse problemas demográficos e crises agrarias, pero, ao mesmo tempo, desenvolvéronse o comercio colonial e a produción de manufacturas. * A nobreza e mais o clero mantiveron o seu poder, pero novos grupos sociais, como a burguesía , aumentaron a súa influencia. * O poder das monarquías absolutas afianzouse. * A arte foi un fiel reflexo desta época. A estética do Barroco superou o clasicismo do Renacemento e introduciu elementos máis complexos, cheos de movemento e cor. 1. Sociedade e economía: 1.1 A poboación europea * A poboación europea mantívose practicamente estancada ao longo do século XVII. * O baixo crecemento era debido á alta mortalidade ocasionada polas epidemias e pola existencia de fortes fames negras . * A sociedade continuaba a ser estamental , dividida entre privilexiados (nobreza e clero)e non privilexiados Campesiños, traballadores dos obradoiros e manufacturas e burgueses) . A burguesía consolidábase como un sector rico e influente. * No século XVI fóranse consolidando novas rutas comerciais marítimas. Dunha banda, a ruta dos metais preciosos e, doutra, a ruta das especias . * Ademais, no século XVII, Holanda e Inglaterra lanzáronse ás rutas do Atlántico e do Índico. * En 1602, Holanda creou unha sociedade por accións, a Compañía das Indias Orientais , que gozaba de apoio estatal. * O Mediterráneo foi perdendo importancia e medraron os portos atlánticos de Sevilla, Lisboa, Anveres, Amsterdam e Londres. 1.3 As manufacturas estatais * Algúns comerciantes, para obteren maior cantidade de produtos e abarataren o seu prezo, concentraban os traballadores en grandes obradoiros. * Así xurdiron as primeiras manufacturas . O comerciante poñía os trebellos e mais as materias primas, e os traballadores percibían un salario. * Nalgúns países, o Estado apoiou o establecemento de manufacturas, e na época de Luís XIV, o seu ministro Colbert creou manufacturas estatais. Tanto o Comercio internacional como a aparición das manufacturas vai traer un novo Sistema Económico chamado Mercantilismo que consiste en defender que a riqueza dun pais sustentase na cantidade de ouro e prata que posuíse. Polo tanto era necesario promover a industria nacional e o comercio, para vender moito e mercar pouco ao exterior e acumular moeda. Para manter este sistema era necesaria a axuda do Estado, esta axuda trouxo o reforzamento das monarquías europeas. 2. A Europa do absolutismo 2.2 . Cambios políticos e relixiosos * A Guerra dos Trinta Anos, que enfrontou a católicos e protestantes, finalizou coa Paz de Westfalia e significou a recomposición do mapa político europeo. * Deuse o ascenso dunha nova potencia, Francia, e o afundimento do vello Imperio dos Habsburgo. * O século XVII deu paso ao predominio dos Estados-nación , á afirmación das monarquías absolutas e ao afundimento das formas de poder supranacionais, como o Imperio hispánico. * Doutra banda, significou a proclamación da liberdade relixiosa para cada Estado. 2.2 Características da monarquía absoluta * Na monarquía absoluta, a autoridade do monarca proviña directamente de Deus. * O poder do rei era absoluto e constituía a encarnación mesma do Estado. * Para gobernar, o monarca estaba auxiliado por ministros , conselleiros e secretarios , e tamén por un gran número de funcionarios . 3. A arte do século XVII: o Barroco 3.1 Unha arte para a sociedade do seu tempo * Os artistas foron requiridos polos monarcas absolutos para construír mansións que fosen o reflexo do seu inmenso poder. * O Palacio de Versalles e mais os seus xardíns é o exemplo máis claro deste estilo suntuoso e elegante. * A Igrexa católica converteuse na compradora de obras de arte e as igrexas amosaban unha fastosa decoración, dedicada á propaganda dos principios relixiosos. * Nos países protestantes a ausencia de imaxes nos seus templos implicou a inexistencia dunha arte de propaganda relixiosa. 3.2. A estética do Barroco * O Barroco propuxo novos valores estéticos nos que predominaba: * O movemento , coa utilización das formas curvas, do cóncavo e o convexo. * A luz e a cor , máis que o debuxo, para crear as formas. * O realismo nas representacións. * O gusto polo teatral e escénico . 4. Arquitectura e escultura barrocas 4.1 Arquitectura * A nota esencial do novo estilo é a liberdade con que se tratan os elementos arquitectónicos co fin de dotar de impresión de movemento o edificio. * Roma é a cidade onde se orixinou o novo estilo e onde traballaron dous artistas: Juan Lorenzo Bernini (1598-1680), que rematou a Basílica de San Pedro do Vaticano cunha gran columnata de forma elíptica no exterior e un espectacular baldaquino no interior. Francesco Borromini (1599-1667), autor das fachadas de igrexas como as de San Carlos das Catro Fontes e Santa Inés . 4.2 Escultura * A representación do movemento foi tamén o principal obxectivo dos escultores barrocos. * As liñas curvas e oblicuas utilízanse para dar a impresión de equilibrio inestable. * As vestimentas adquiren grande importancia: as súas formas ínchanse e os pregamentos multiplícanse. * A outra grande aspiración da escultura barroca é o naturalismo , cun carácter efectista que pretende conmover ou sorprender. * Bernini é a figura máis representativa e as súas obras son un reflexo de todas estas características. Exemplo de obras: Beata Ludovica , DAVID, Éxtases de Santa Teresa , Apolo e Dafne, ... 5. A pintura barroca europea 5.1. Características da pintura * A pintura barroca presenta diversos elementos comúns: * O triunfo da cor sobre o debuxo . * A preocupación pola luz . * O realismo . * A procura do movemento nas composicións. 5.2. A escola italiana * A pintura barroca acadou axiña un gran desenvolvemento en Italia. * O seu iniciador foi Miguel Anxo Caravaggio , que introduciu os xogos de contraste entre os fondos escuros e focos de luz iluminando a escena. (TENEBRISMO) * Entre os numerosos pintores do Barroco italiano salientou Andrea del Pozzo (Bóveda da Igrexa de San Ignacio, en Roma ) 5.3. A pintura flamenga e holandesa * A pintura flamenga . Tivo en Pedro Pablo Rubens o seu principal representante. * Influído polos renacentistas italianos e polo uso da luz de Caravaggio, Rubens pintou toda clase de temas: relixiosos, mitolóxicos, escenas populares e retratos. * A pintura holandesa . Foise desenvolvendo na Europa protestante , sobre todo en Holanda. Era unha escola naturalista preocupada polo tratamento da luz. Para saber máis de Rubens picha AQUI 6. Arquitectura, Escultura e pintura do Barroco español 6.1 . Arquitectura española * A arquitectura barroca española distínguese pola súa exuberancia decorativa , tanto no interior coma no exterior dos edificios. * O Barroco en España foi serodio e acadou a súa maior expansión no século XVIII. * A estética barroca, complexa, profusa e espectacular, conectou co gusto dos que encargaban as obras e co pobo do común. * Os arquitectos máis salientables foron Alonso Cano , Fernando Casas e Novoa , José Churriguera e José Ribera . * A escultura continuou o camiño trazado no Renacemento. Empregábase a madeira policromada e predominaba o tema relixioso , coa realización de retablos e imaxes. * O interese por conmover os fieis acadou na imaxinaría proporcións dramáticas mediante caras desencaixadas, signos de dor e sufrimento, etc. * Entre os escultores máis salientables están: Gregorio Fernández, Juan Martínez Montañés, Alonso Cano e Pedro Mena 6.3. Os pintores do Barroco español * Na primeira metade de século destacaron o valenciano José de Ribera e o estremeño Francisco de Zurbarán . * Ribera foi máis “tenebrista” e preocupouse pola luz e a cor. Zurbarán evolucionou cara á representación exacta da realidade e a calidade das cousas. * Na segunda metade de século sobresaíron pintores de Corte como Juan Carreño ou Claudio Coello , que foron excelentes retratistas. * Batolomé Esteban Murillo temas relixiosos e temas infantís con cores alegres,suaves e moi luminosos. 6.4. Diego Velázquez: * Diego Velázquez traballou na corte de Filipe IV. Destacou polo seu xenio extraordinario, que o converteu no pintor español máis universal. * Velázquez cultivou todos os xéneros: como pintor de corte fixo moitos retratos e cadros históricos. Como artista culto pintou temas mitolóxicos, que humanizaba con modelos populares. * Da súa técnica salienta a utilización maxistral da luz e da perspectiva aérea , isto é, a sensación óptica da luz que circula entre os obxectos e as figuras. A técnica: Realismo Velázquez quer captar a realidade. É como un fotógrafo Os temas Retratos, a mitoloxía, a relixión, os bufóns, obra en obra Obras: As Meninas. Filipe IV de caza - 1635 Retrato de Filipe IV, co rifle e o can. O Conde Duque de Olivares a cabalo – 1638. A coroación da Virxe – 1641. Cristo crucificado – 1632. A Fraga de Vulcano – 1630. O bufón Sebastián de Morra – 1644. A rendición de Breda (As lanzas) . AS FIANDEIRAS |