RESUMO DO TEMA
Os grandes descubrimentos xeográficos 1. As grandes viaxes marítimas 1.1. Os obxectivos das grandes viaxes Na Idade Media, o comercio europeo con Oriente realizábase a través da ruta da seda que percorría o Mediterráneo, chegaba a Constantinopla e atravesaba Asia central. En 1459, os turcos conquistaron Constantinopla e obstaculizaron as vías tradicionais de comercio con Oriente. Por iso fíxose necesario atopar novas vías marítimas. A partir do século XV, desenvolvéronse unha serie de expedicións marítimas que abriron novas rutas comerciais, alcanzaron novos continentes e ampliaron o mundo ata daquela coñecido. A chegada a América de Cristovo Colón ampliou os horizontes xeográficos coñecidos. As CAUSAS que as motivaron poden resumirse en: ECONÓMICAS: Necesidade de buscar unha vía segura para comerciar con Oriente. IDEOLÓXICAS: Curiosidade polo descoñecido, desexo de fama… Afán emprendedor dos homes do Renacemento TÉCNICAS: Construcción de naves grandes, rápidas e seguras. (Caravela) Perfeccionamento do TEMÓN e o COMPÁS Progreso da cartografía. RELIXIOSAS: Continuidade do ideal de cruzada. 1.2. As expedicións portuguesas Os navegantes portugueses foron os primeiros en aventurárense cara ao Sur polo Atlántico, abrindo novas rutas: A ruta africana. Acadaron as illas Madeira (1418) e as Azores (1431). Máis tarde, bordearon a costa africana cara ao Sur e chegaron ao golfo de Guinea (1460), onde estableceron colonias comerciais. A ruta da India. A expedición dirixida por Vasco da Gama, alcanzou a costa da India (1498), abrindo o camiño posterior cara ás illas Molucas ou das Especias. 2. Castela atopa un novo continente 2.1. O proxecto de Colón Cristovo Colón, un mariñeiro posiblemente xenovés, pensaba que podía chegar a Asia navegando cara ao Oeste, a través do Atlántico, sen ter que bordear África. Colón presentoulles o seu proxecto aos Reis Católicos, e Isabel accedeu a financiar a expedición, asinando as Capitulacións de Santa Fe (1492). 2.2. As catro viaxes colombianas A primeira viaxe. A primeira expedición de Colón saíu do porto de Palos en agosto de 1492. As embarcacións iniciaron a travesía do Atlántico, e o 12 de outubro de 1492 viron terra. Descubriron a pequena illa de Guanahaní, nas Bahamas, á que Colón lle chamou San Salvador. Máis tarde exploraron a illa de Cuba e Haití. A comezos de 1493 a expedición regresou a España. As outras viaxes de Colón. A segunda expedición partiu en 1493. Establecéronse na illa chamada por Colón A Española. Púxose en marcha un sistema de factorías comerciais. Na terceira viaxe (1498), Colón chegou á illa de Trindade. Na cuarta viaxe (1502) percorreu as costas de América Central. 2.3. A repartición entre España e Portugal Os Reis Católicos solicitáronlle ao Papa a soberanía das terras descubertas por Colón para exploralas e evanxelizalas. Pero Portugal tamén aspiraba ao control dos mares e das terras exploradas polos seus mariñeiros. Para evitar conflitos, asinouse o Tratado de Tordesillas (1494). Este documento establecía unha liña imaxinaria 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde que repartía as terras para colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste, para Portugal. Fonte: Jesmanzan 2.4. A primeira volta ao mundo: En 1519 unha expedición de cinco naves e 265 mariñeiros capitaneados por Fernando de Magalláns e o seu contramestre Juan Sebastián Elcano. O seu obxectivo era atopar o paso entre os océanos Atlántica e Pacífico e conseguir dar a volta ao mundo. Atoparon as illas Filipinas onde morreu Magallanes (1.521), e Elcano tomou o mando. A España, chegou unha soa nave, a Vitoria, con 18 homes. Conseguiran dar a primeira volta ao mundo e demostrar que a Terra era redonda. Visionar VIDEO 3. Os pobos precolombinos 3.1. O continente descoñecido Cando chegaron os europeos ao continente americano, os pobos que o habitaban desenvolveran prósperas civilizacións e algúns crearon grandes imperios: azteca, maia e inca. Todos eles empregaban a pedra como material básico. Cando Colón e os seus homes chegaron a este Novo Mundo, crían ter alcanzado a India. Por iso, chamáronlles as Indias a eses territorios e indios aos seus habitantes. 3.2. As civilizacións precolombianas Os maias. A civilización maia estendeuse polo Sur da península do Iucatán entre os séculos V e XV. Eran agricultores que vivían do cultivo do millo e se organizaban en cidades-Estado independentes. Desenvolveron grandes coñecementos de astronomía e matemáticas. Os aztecas. Foron un pobo guerreiro e conquistaron un grande imperio, que se estendía polo centro e Sur de México. A agricultura e o comercio eran as súas principais actividades económicas. Os incas. A civilización inca desenvolveuse en América do Sur. Crearon un imperio cuxo centro estaba na rexión de Cuzco. 4. Conquista e organización do Imperio americano: 4.1. As grandes expedicións A conquista de México. En 1518 unha expedición dirixida por Hernán Cortés desembarcou en territorio mexicano e fundou Veracruz. A conquista de Perú. En 1531, Francisco Pizarro dirixiu a conquista do Imperio inca (actual Perú, Ecuador e parte de Bolivia). Outras conquistas. Na mesma época, Núñez Cabeza de Vaca explorou Florida, Texas e California. Máis ao Sur, Almagro e Pedro de Valdivia conquistaron Chile. Fundouse Bos Aires e, por último, en Asia, foron conquistadas as illas Filipinas. 4.2. A organización dos territorios conquistados Os territorios conquistados foron incorporados á Coroa de Castela, que financiara o descubrimento e que controlou a súa colonización. Inmediatamente se introduciron neles a lingua, a cultura e a relixión e mais as leis de Castela. Fundáronse dous vicerreinados: Nova España e Perú. Cada un contaba cun vicerrei á súa fronte. Os vicerreinados tiñan diversas provincias rexidas por gobernadores. Tamén se instauraron os municipios, con cabidos para gobernar as cidades, e as Audiencias para as cuestións legais e de xustiza. 5. A colonización da América española 5.1. A explotación dos recursos Os novos territorios americanos supuxeron unha importante fonte de ingresos para Castela, e especialmente para a Coroa. Unha vez asentados, os colonizadores buscaron fontes de recursos estables e esixíronlle á Coroa a concesión de terras e minas. As terras foron repartidas entre os colonizadores e para traballalas estableceuse o sistema de encomenda. O rápido descubrimento de ouro e prata fixo que se ditasen normas para a explotación e comercialización deses metais. 5.2. O comercio americano As Indias foron unha fonte de intercambios comerciais. O monopolio de todo este comercio concedéuselle ao porto de Sevilla, desde o que partían e ao que chegaban todos os barcos. En 1503 creouse a Casa de Contratación de Sevilla, para controlar o tráfico comercial. 5.3. A sociedade colonial O poder político e económico atopábase en mans dos españois, que chegaban da Península para exercer todo tipo de cargos. Pero a maioría da poboación estaba constituída por amerindios, de etnias moi diferentes. Os crioulos, descendentes dos colonizadores, eran xa a finais do século XVI moi numerosos. Nas zonas onde a man de obra nativa era escasa transportouse poboación negra de África para que traballase como escrava. 6. Consecuencias dos descubrimentos POLÍTICAS: Creación de grandes Imperios coloniais. Aumento do pirateo. (franceses, ingleses, holandeses... ECONÓMICAS: Novas rotas comerciais Perden importancia as rutas`do Mediterráneo Os portos do Atlántico collen mais importancia Coñecemento de novos productos. Grandes riquezas chegan a Europa. Ouro e prata americanos producen alza de precios en España e Europa Expansión do capitalismo. CULTURAIS: Desenrolo da Xeografía Difusión da Cultura europea. Desenrolo da enxeñería e técnicas de navegación. Progreso da Bioloxía, Historia e Etnoloxía |