.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

TEMA XI: A CIVILIZACIÓN GREGA

A Civilización Grega. 1ª  parte: O Mundo Grego

RESUMO DA HISTORIA DE GRECIA:
LOCALIZACIÓN : Península Balcánica

PRIMEIROS POBOADORES:
CRETENSES: Rei Minos.  Cidades: Knosos e Faistos.
AQUEOS:  Conquistan Creta.  Fundan Micenas
DÓRICOS:  Sitúanse en Peloponeso.  Fundan Esparta
XÓNICOS: Sitúanse en Ática. Fundan Atenas

ATENAS

CLASES SOCIAIS: Eupátridas ou cidadáns. Metecos ou estranxeiros.  Doulcos ou escravos.
ECONOMÍA: marítima e comercial .
ESTADO: Democrático.
ORGANIZACIÓN POLÍTICA:
Poder Executivo:  - ARCONTES, ESTRATEGOS
Poder Lexislativo: - ECLESÍA (ASEMBLEA)(Aproba as leis).  - BULÉ (Propón leis).
Poder Xudicial:  - HELIASTAS: delitos comúns.  - AEROPAGO: delitos de sangue.

ESPARTA: 

CLASES SOCIAIS: esparciatas (dirixentes, con dereitos); periecos ( Libres pero sen dereitos); ilotas ( escravos do estadoI
ESTADO:  Monarquía aristocrática militar
ORGANIZACIÓN POLÍTICA:
Reis: máxima autoridade
Xerusía ou consello de anciáns: goberno xunto cos reis
Asemblea: Acepta ou rexeita as propostas dos anteriores
Eforado: Inspección dos asuntos estatais

EVOLUCIÓN POLÍTICA

MONARQUÍA: Governo dun rei
ARISTOCRACIA: Governo dos ricos.
DEMOCRACIA: Os cidadáns elixen aos seus governantes
                      CLÍSTENES: Crea os demos. Crea o ostracismo.
                      PERICLES: Consolida a democracia.

As GUERRAS MÉDICAS: PERSIA VS. GRECIA
      - CAUSA: Expansionismo persa polo Mar Exeo.
                  - PRETEXTO: Rebelión de Mileto contra Persia.
     PRIMEIRA GUERRA MÉDICA: - Contra Darío.  - Batalla de Maratón: Gana Grecia.
                  SEGUNDA GUERRA MÉDICA: - Contra Jerjes. - Salamina, Platea e Micala: Gana Grecia.
TERCEIRA GUERRA MÉDICA: - Contra Artajerjes. - Batalla de Eurimedonte: Gana Grecia. - Paz de Calias ou de Cimón.

As GUERRAS DO PELÓPONESO: ESPARTA VS. ATENAS
      CAUSA: Disputa entre as Ligas de Peloponeso e a de Delos.
      BATALLA: Esparta (Lisandro) vence a Atenas en Egospotamos.

     GUERRA TEBANA: TEBAS VS. ESPARTA : Batalla de Leuctra: Vence Tebas. Funda a Liga de Beocia. Batalla de Mantinea:      Vence Esparta.

GUERRAS MACEDÓNICAS
     CAUSA: Expansionismo de Filipe II e Alexandro Magno.
     Batalla de Queronea: Filipe II conquista Grecia. Crea Liga de Corinto.
     Batallas de Gánico, Isso e Arbelas: Alexandro conquista Persia.
     * Morre Alexandro (33 anos)

DIVISIÓN DO IMPERIO MACEDÓNICO:
     REINO DE MACEDONIA: Antígono.
     REINO DE EXIPTO: Ptolomeo.
     REINO DE SIRIA: Seleuco.

A VIDA COTIÁ
A VIVENDA:dunha soa planta ou de dúas, construidas con materiais lixeiros. Tódolos cuartos dan aun patio ou pórtico. Sobresaen sempre dous : Un reservado para as mulleres O XINECEO e outro para os homes O ANDRÓN´.

O VESTIDO
    * Os materiais que utilizaban os gregos para confeccionar os seus vestidos eran, preferentemente, o liño , a lá e as peles .
    * O vestido do home acostumaba ter dúas pezas: unha interior ou QUITÓN e unha exterior, manto ou HIMATIÓN .
    * Os rapaces levaban túnicas curtas sen cinto.
    *   As túnicas curtas eran empregadas para realizar traballos e as longas utilizábanse para ocasións especiais.
    . O vestido das mulleres era parecido ao dos homes. A túnica chamábase PEPLO .
    . Levaban colares, pulseiras, pendentes e aros
    * As mulleres tinguían o pelo para parecer loiras, porque esta era a cor máis apreciada.
    * Tamén empregaban postizos e perrucas .
    * Utilizaban cremas de beleza, toda clase de perfumes e maquillaxe.

A COMIDA
    * A comida compúñase de pan ou de maze e do acompañamento de pan ou opson . Opson designaba todo alimento que non fose pan: olivas, allo, cebolas, legumes, queixo, carne, peixe, froita e lambetadas. Moi pouca carne
    * Comían cos dedos non coñecían o garfo, pero si coñecían o coitelo e a culler. e bebían auga ou auga con mel (hidromel) tamén algo de viño mixturado con auga. Tamén bebían leite, sobre todo de cabra
    * As mulleres eran as que cociñaban, sobre todo as escravas.
    * Empregaban pratos de madeira, de barro ou metal.
    * O alimento base dos espartanos era o caldo negro, que era un guiso sazonado con carne de porco, sangue, vinagre e sal.
   
A FAMILIA:Era patriarcal o pai era o cabeza de familia.
    * A muller estaba relegada ao traballo do fogar e ao coidado dos fillos e fillas.
    * Os fillos a partir dos sete anos recibían unha educación na escola e acudían ao ximnasio.
    * Aos 18 anos eran efebos e despois do servicio militar eran cidadán de pleno dereito.
As Mulleres Na Antiga Grecia
    * As nenas atenienses non ían á escola, aprendían coa nai,     avoa ou criadas as labores da casa.
    * Algunhas aprendían a ler, algo de cálculo e algo de     música.
    * Casaban sobre os 15 anos e o matrimonio era concertado     polos pais.
    * A muller quedaba totalmente sometida ao marido, que podía     repudiala ou matala no caso de adulterio.
    * Durmía nunha habitación distinta á do marido.
    * Se o home morría non tiña dereito ás propiedades do  marido e podía ser expulsada da casa.
    As bailarinas, músicas, prostitutas e hetairas tiñan máis liberdade.
CURIOSIDADES
    * Os baños públicos eran lugares de reunión.
    * Gustáballes a música. Os instrumentos máis utilizados eran a cítara e o óboe.
    * O teatro era unha gran atracción. Os actores ían cubertos con máscaras. A traxedia
    * Tiñan moitos xogos: dados, bolas, aros, episkyros…
    * Os gregos dábanlle moita importancia ao exercicio físico. Practicaban para participar nos XOGOS OLÍMPICOS que se celebraban cada 4 anos.
    * Os gregos consultaban a miúdo un oráculo.(Un sacerdote ou sacerdotisa falaba no nome dos deuses)
Pódese decir que aos gregos debemoslle: A moeda como forma de pagamento. A democrácia. A filosofía. A pizza (na magna Grecia) significa pan.O parafuso (Arquímedes ou Arquitas de Tarento? ). A catapulta. O reloxo de auga. A tella e a construcción con argamasa de cal. As vogais. As notas musicais. As olimpiadas. Os dados. A ducha (aparece por primeira vez representada nun xarrón).



Ficha de actividades de reforzo:
 

A Civilización Grega. 2ª parte: Crenzas, arte e cultura

RESUMO DA ARTE E A CULTURA GREGA
A ARTE E A CULTURA GREGA
INTRODUCCIÓN
A cultura que crearon os antigos gregos e romanos constitúe un dos grandes patrimonios da humanidade e é a base da nosa cultura occidental.
En Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a democracia como forma de goberno.
A RELIXIÓN
•    Era:
•      Politeísta, cun panteón de deuses)
•     Antropomórfica: Deuses con forma e sentimentos humanos
•    Con cultos: privados, públicos e Panhelénicos (deuses compartidos por tódolos gregos)
A CULTURA
Características:
•    Preocupación pola Natureza
•    Paulatino triunfo da razón : Pensamento Racional
•    Cultivado polos Filósofos que explicaban as grandes interrogantes da vida mediante o diálogo e a reflexión.
•    A Ciencia vinculase tamén ao pensamento racional, buscando  as causas que regulaban a orixe e o funcionamento da natureza (explicacións científicas).
•    Os seus ideais son: A verdade, o ben, a beleza e o equilibrio
•    Cultivan os grandes xéneros literarios: A Épica, lírica, teatro, historia
No teatro as obras divídense en:
•    A traxedia amosaba os sentimentos, os conflitos humanos e a forza da paixón.
•    A comedia recreaba de forma satírica distintos aspectos da vida cotiá.
A ARTE:
A)    Arquitectura:
•    Edificios equilibrados e proporcionados de gran beleza e perfección (Templos e teatros)
•    Era arquitrabada (adintelada), sen arcos nin bóvedas, con columnas verticais e vigas horizontais, que reciben o nome de lintel ou arquitrabe.
•    Distínguense tres ordes (estilos) arquitectónicas:  a dórica , a xónica e a orde corintia variedade tardía da xónica.

Os templos:
•    Os templos eran a morada dos deuses e no seu interior non entraban os fieis. A planta era rectangular e distinguíanse as seguintes partes:
•    No centro situábase a cella, onde se gardaba a estatua da deidade.
•    Rodeábanse de unha columnata que constituía o perístilo
•    O exterior decorábase con esculturas, situadas no frontón e no friso.
Os teatros:
•    Os teatros son a outra gran construción pública da época grega, construíanse aproveitando as abas das montañas.
•    As bancadas tiñan forma semicircular e unha inclinación que lles proporcionaban unha acústica e unha visibilidade perfectas, a escena e a orquestra situábanse na parte chá.
•    As partes son:
•    Cávea: bancada para os espectadores
•    Orquestra: Circulo central onde actúa o coro
•    Edificio de fondo onde actúan os actores e onde están os vestiarios
B)    A ESCULTURA

•    A escultura procuraba a representación da beleza ideal e o movemento.
•    Para isto, buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo, o canon.
•    Na escultura da antiga Grecia podemos distinguir tres grandes etapas:
•    Época arcaica: representábase a mozos espidos (kouroi) e doncelas ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, en posición frontal.
•    Época clásica caracterízase pola perfección técnica, a beleza, a serenidade e o canon ou proporción das partes da figura respecto ao conxunto: (O corpo tiña 7 veces a cabeza)
•    Época helenística, os corpos retorcíanse, o movemento esaxerábase e os rostros amosaban sentimentos.

C)    A CERÁMICA
•    Obras moi variadas e de grande perfección
•    Decoradas con fermosas pinturas que representaban todo tipo de escenas, principalmente da vida cotiá, mitolóxicas e incluso eróticas
D)    A PINTURA

•    Aínda que sabemos que moitos edificios gregos estaban decorados con pinturas, a maioría delas non se conservaron.
•    Grazas á conservación da cerámica podemos coñecer a temática e algunhas das características da pintura grega.
PERSONAXES  DA CULTURA
En Historia: O pai da Historia é Heródoto, autor dos Nove Libros da Historia “Guerras Médicas”
Tucídides, escribiu acerca da Guerra do Peloponeso e Jenofonte, escribiu  “a retirada dos dez mil”
En matemáticas: Pitágoras
En medicina: Hipócrates
En Filosofía:  Sócrates, Platón e Aristóteles.
En  Política: Solón e Pericles
En  escultura: Fidias autor da técnica dos “panos mollados”; Mirón; Policleto; Praxiteles...
Na épica: Homero
En Teatro: A Traxedia alcanzou o seu máis desenvolvemento con: Esquilo, Sófocles e Eurípides.
Na Comedia sobresaíu  Aristófanes.


ALGÚNS EXERCICIOS INTERACTIVOS:


Para saber máis podes visitar os Blogs e páxinas Webs mencionadas na marxe dereita deste Blog ou ben visitar as mencionadas na última diapositiva da primeira das presentacións, tamén podes visionar este VIDEO


Si ques ver algunha película desta época suxiroche visites esta páxina:

No hay comentarios:

IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04