View more presentations from Santi Pazos.
RESUMO TEMA XII: ROMA (Historia, Vida e Arte)
A Orixe de Roma
• No II milenio a.C. A Península Italiana estaba ocupada polos latinos (no centro), os etruscos (no Norte) e os gregos (no Sur).
• A mediados do século VIII a.C., algunhas tribos de latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber e ergueron poboados sobre sete outeiros, que serían a orixe da cidade de Roma.
• Roma converteuse moi cedo nun importante enclave comercial, onde se realizaban gran parte dos intercambios entre os distintos pobos.
A historia de Roma divídese en tres etapas: monarquía, República e Imperio
A Monarquía:
• Nos primeiros tempos, Roma foi gobernada por unha monarquía.
• O rei, que tiña os máximos poderes, gobernaba coa axuda dun Senado, composto das grandes familias aristocráticas (patricios).
• Roma tivo sete reis; os catro primeiros, latinos e os tres últimos, etruscos.
• Baixo a influencia etrusca a cidade de Roma engrandeceuse e mellorou: edificación de novas pontes, acuedutos, rede de sumidoiros, murallas...
A República: Tras a expulsión dos etruscos introdúcese a República
• O goberno da República fundamentábase en tres institucións:
• Os comicios, reunión de cidadáns romanos para votar leis e elixir maxistrados.
• Os maxistrados que gobernaban a cidade, os máis importantes eran os cónsules.
• O Senado, que era o centro da vida política, ratificaba as leis aprobadas polos comicios e resolvía os asuntos de política exterior e de finanzas.
• Na Roma republicana, os cidadáns gozaban de diferentes dereitos en función do grupo social ao que pertencían.
• Os patricios eran familias aristocráticas, grandes propietarios de terras descendentes dos fundadores de Roma, e que tiñan nas súas mans o goberno da cidade.
• Os plebeos, o grupo máis numeroso, incluían os campesiños, os artesáns e os comerciantes que non tiñan propiedades e nun principio carecían de dereitos políticos. No século V a. C. conseguiron poder elixir a un representante: O tribuno da plebe e tamén outros dereitos por medio da Lei das Doce Táboas.
• Os non cidadáns sen dereito de ningún tipo: Escravos e libertos (escravos liberados)
A expansión de Roma. A Conquista do mediterráneo:
• O crecemento da súa riqueza e un numeroso e eficaz exército permitíronlle a Roma a conquista de enormes territorios.
• Entre o 500 e o 250 a.C, a cidade de Roma apropiouse da Península Itálica.
• Entre os anos 264 e 146 a.C., Roma enfrontouse a Cartago, nas denominadas guerras púnicas, e conquistou o Mediterráneo occidental.
• Entre os séculos II a.C. e II d.C., as lexións romanas conquistaron Grecia e o Mediterráneo oriental, e completaron a ocupación en Hispania, Galia e Britania
A Crises da República:
• As conquistas proporcionáronlle a Roma grandes riquezas, pero tamén orixinaron grandes desigualdades sociais.
• Gran parte dos campesiños arruináronse ao ter que abandonar as súas terras para servir no exército.
• Os prexudicados polas conquistas protagonizaron conflitos sociais (revolta dos irmáns Graco) en demanda dunha mellor repartición da riqueza.
• A crise do século I a.C. provocou que o Senado e os maxistrados lles desen o poder aos xefes militares, ditadores, que se enfrontaron entre si, xerando violentas guerras civís.
• Un destes militares, Xulio César, proclamado ditador perpetuo (48 a.C.), foi asasinado por aqueles que vían perigar o seu poder (44 a.C.).
O Imperio:
• Octavio Augusto, fillo adoptivo de Xulio César, inaugurou un novo sistema de goberno: o Imperio.
• Concentrou na súa persoa todos os poderes civís e militares que antes exercían os maxistrados.
• Foi nomeado cónsul vitalicio e xefe do exército (emperador), redactaba as leis (edictos) e converteuse na primeira autoridade relixiosa (gran pontífice).
• O Senado, os maxistrados e os comicios continuaron existindo, pero o seu papel era só simbólico.
• Era o emperador quen designaba todos os cargos importantes que dirixían o Imperio, para aplicar e transmitir as súas ordes creouse o Consello imperial.
• Os territorios que se incorporaron ao Imperio organizáronse en provincias, a cuxa fronte colocaba a un gobernador axudado por funcionarios romanos.
• Ao longo dos séculos I e II d.C., o Imperio acadou a súa máxima expansión e prosperidade (pax romana).
• Durante ese período, as guerras foron escasas e os territorios conquistados romanizáronse.
• Roma converteuse nunha gran cidade de máis dun millón de habitantes.
• No ano 212, o emperador Caracalla quixo equiparar a todos os habitantes do Imperio e concedeulles a cidadanía romana.
A Crises do Imperio: Século III d C:
• A partir do século III d.C., o Imperio tivo que enfrontarse a unha serie de problemas.
• As fronteiras volvéronse inseguras a causa dos continuos ataques dos pobos xermánicos (bárbaros).
• A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as revoltas contra o emperador.
• A estes problemas sumáronselles os problemas económicos: descenso da produción agrícola e mineira, estancamento do comercio e empobrecemento da poboación.
• No ano 395, para facilitar a súa defensa, o emperador Teodosio dividiu o Imperio entre os seus fillos, Arcado e Honorio.
• A partir dese momento quedaron separados o Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de Oriente.
• No Imperio de Oriente (bizantino) o emperador soubo manter a súa autoridade e defender as fronteiras, e o Imperio sobreviviu.
• En Occidente, pola contra, a decisión de Teodosio foi insuficiente para salvar o Imperio.
• A comezos do século V, os pobos xermánicos traspasaron as fronteiras e entraron no Imperio occidental.
• As pobos invasores fóronse instalando nas terras de Occidente e crearon reinos independentes.
• A caída do último emperador romano de Occidente (Rómulo Agústulo) marca a fin da Antigüidade e o inicio da Idade Media. Ano 476 da nosa era
O Mundo Romano:
• Roma foi un Imperio de cidades, fundáronse centos e todas elas tiñan unha estrutura semellante.
• As cidades eran o lugar de residencia das autoridades e da administración, e o centro económico onde se realizaban as actividades artesanais e comerciais.
• Ademais, as cidades contribuíron á romanización do Imperio, isto é, axudaron a difundir a lingua, os costumes, as leis e o modo de vida dos romanos.
• Os romanos introduciron o arado, os muíños para prensar aceite e viño, novos sistemas de regadío e o cultivo de novos produtos: árbores froiteiras, hortalizas, cereais...
• En todas as provincias xurdiron colonias agrícolas, con campesiños que explotaban a terra para a súa propia subsistencia.
• Tamén se estenderon os latifundios, que eran explotados por patricios e onde traballaban maioritariamente escravos.
• Nos primeiros séculos do Imperio, o comercio entre as provincias viuse favorecido pola paz interna, a seguridade nas comunicacións e o aumento da produción.
• Os romanos contaban con magníficas calzadas que unían Roma con todas as provincias do Imperio.
• O comercio internacional efectuábase esencialmente por vía marítima: Ostia, Antioquia e Alexandría eran os portos máis importantes.
• A existencia dunha moeda sólida e común en todas as terras do Imperio axudou ao desenvolvemento comercial.
A Vida Cotiá:
Profesións:
• maxistrado, sacerdote (nobreza) - financeiro (clase ecuestre) - comerciante (plebeo rico) - obreiro, artesán (clase baixa) - Familia baixo o dominio do pai ou marido (patria potestade) - Fillos: o colexio acompañados do pedagogo - Matrona: ó cargo do fogar: escravos, compras, etc. - Mulleres de clases humildes: vendedoras, tecedoras, prostitutas
Vivenda:
• Nas cidades: DOMUS: vivenda dos aristócratas (ricos): de planta rectangular, de un ou dous pisos, con habitacións moi amplas e INSULAS: vivendas da clase media. Son edificios de varios pisos
• No Campo: VILAS con gran cantidade de estancias: casa do propietario, cortes, celeiros...
Vestido:
• Túnica (prenda interior)
• Toga (vestiario masculino)
• Stola e palla (vestiario feminino)
Alimentación:
• Almorzo: pan con aceite, viño, queixo, mel, froita
• Comida: carne fría, legumes, froitas, sobras e algo de viño
• Cea: comida forte do día facíase en familia. Para os máis ricos podía ser un verdadeiro festín: entremeses, asados, sobremesas e viños
Os máis modestos contentábanse cunha cunca de cereais, algo de touciño, verduras e legumes
Relixión: Culto público e privado
• En Roma rendíaselles culto en privado aos deuses da casa e do fogar (lares e penates), e tamén se honraba os espíritos dos antepasados (manes).
• En público os romanos acolleron os deuse gregos e latinizaron o seu nome
• A partir do século II d C o Cristianismo empeza a coller algo de forza.
• Houbo moitas persecucións: as catacumbas
• Constantino decretou a fin das persecucións contra os cristiáns (Edicto de Milán, 313).
• A finais do século IV, o emperador Teodosio fixo do cristianismo a relixión oficial do Imperio.
• Co tempo, o cristianismo espallouse por todo o Imperio.
O Urbanismo e a Arte Romana:
• As cidades romanas estaban amuralladas e as rúas estruturábanse formando ínsulas, isto é, rueiros de casas con patio central.
• As cidades estaban amuralladas e dispoñían de dúas arterias principais: o cardo (eixe N-S) e o decumano (eixe L-O) que se cruzaban nunha praza, o foro.
Arquitectura: Obras útiles e prácticas
• Mesturaron os elementos arquitectónicos gregos coas técnicas aprendidas dos etruscos, coma o arco e a bóveda.
• Tamén usaron a cúpula, que lles deu ás súas edificacións unha grande amplitude e grandiosidade.
• Na maioría de construcións usaron o ladrillo cocido e unha masa parecida ao cemento.
• Nos edificios públicos máis luxosos estes materiais recubríanse con adobe pintado ou con mármore.
• Crearon a columna de tipo composto ( mixtura do Xónico e do Corintio )
De entre as obras públicas romanas cabe salientar:
• Os edificios relixiosos.
• Os dedicados á administración e ao goberno do Imperio.
• Os destinados ao lecer.
• As vías de comunicación.
• Os monumentos conmemorativos.
A Escultura: O realismo romano
• A maioría dos palacios e espazos públicos romanos estaban adornados con esculturas que copiaban os modelos gregos.
• A innovación da escultura romana recae no retrato, que representaba un marcado realismo, en contraposición co idealismo dos gregos.
A Pintura:
• Os romanos adoitaban decorar as súas vivendas con pinturas murais.
• Os temas máis representados eran os mitolóxicos, as escenas da vida cotiá, os retratos, as paisaxes e as construcións arquitectónicas de fantasía.
• As pinturas realizábanse coa técnica do fresco e protexíanse cunha capa de cera que avivaba as cores.
O Mosaico:
• Os romanos utilizaron mosaicos para decorar os pavimentos e as paredes dos palacios e das casas.
• Os mosaicos podían ter unha decoración xeométrica ou figurativa.
• Entre a figurativa atopamos os mesmos temas que na pintura.
TEMA XII. ROMA. 2ª parte