.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

Paso a formar parte da Poboación Pasiva

No día de hoxe 31 de decembro de 2012, remata unha etapa da miña vida e da comezo, con este novo ano, outra moi distinta, paso de formar parte da poboación activa á chamada, na terminoloxía da xeografía Humana, poboación pasiva. Decidín voluntariamente rescindir o contrato que ala polo ano 1977 asinara coa Administración educativa, creo que eu cumprín pola miña parte como mellor souben e ela cumpriu comigo pagándome o salario tódolos meses, pero agora por todo o que está a caer, tomei esta decisión, pois teño moitas dúbidas de que esta Administración siga cumprindo, sen tampouco ter moi claro que a nova Administración á que vou pertencer poida facelo. É un risco que terei que correr.
Por a miña XUBILACIÓN  este Blogue pode sufrir algún receso na súa actualización.

 Un 17 de novembro de 1975, recén rematada a carreira de maxisterio, comezaba a miña carreira docente cos meus 23 anos, na mesma localidade onde a remato, en Ribeira nun colexio do ensino privado o “Colexio Bayón”, aquí a miña primeira experiencia co ensino regrado, (durante varios veráns xa tivera experiencia impartindo clases particulares), nunha aula de 5º de EXB. Así ata o 31 de agosto do 1977, ano no que aprobei as oposicións a funcionario do estado como Mestre de Ensino Primario, na especialidade de Ciencias Humanas.

 10 de Outubro de 1977 asino un contrato co Ministerio de Educación e Ciencia e tomo posesión como mestre interino no recente estreado C.P. Salustiano Rei Eiras da Pobra do Caramiñal, na miña terra, aquí neste mesmo centro fanme Propietario Provisional e imparto clases de Lingua española, matemáticas, francés, educación sexual, educación física,…etc , ata o 31 de Agosto do ano 1981. 
O Curso escolar 1981-82 son destinado ao outro Colexio Público da Pobra o “Fernández Varela”.
No Curso 1982-1983, tocou coller as maletas e coa muller e dous fillos de 4 e 2 anos marchar rumbo a Petrer (Alacante), ao colexio “Primo de Ribera” onde pasei unha das mellores experiencias da miña vida. 
En setembro do 1983 de volta á terriña ao “Fernández Varela” onde estaría como profesor , secretario e director ata o 31 de agosto do 1997. Toda unha vida de interrelacións con un gran número de compañeiros e compañeiras e un incalculable número de xeracións de alumnas e alumnas, das que os recordos son innumerables. 
O 1 de setembro deste ano de 1997 a miña vida no ensino da unha volta total, paso do ensino primario ao secundario, son nomeado mestre de Xeografía e Historia para o 1º Ciclo de ESO, no IES “Leliadoura” de Ribeira, todo un salto, non pola importancia, como pode pensar alguén, porque non hai ensino máis importante que outro, senón pola maneira de traballar e o tempo do que podes dispoñer, para a túa vida persoal. Quén mo dixera, o IES “Leliadoura” pasa a ser o Centro no que máis tempo botei e por isto mesmo o Centro no que as relacións persoais e profesionais adquiriron unha maior relevancia, sen que me esqueza das establecidas nos Centros anteriores.

 Nestes 37 anos e 15 días de traballo como docente , fixen o que sempre me gustou e sempre o intentei facer o mellor que souben, pero son consciente de que tiven fallos, son humano, e por iso dende estas verbas, quero pedir perdón a tódolos alumnos ou alumnas aos que lle fixen algo que sen querer, ou pensando que o facía polo seu ben, os ofendera. A tódolos compañeiros e compañeiras que tiven ao longo de todos estes anos,  darlles unha forte aperta e dicirlles que foi un gran pracer traballar ao seu lado. 


 Este Blogue seguirá aquí na NUBE, para que poida seguir sendo utilizado por tódol@s que o necesiten e queiran, seguirase actualizando e sempre serán seguidas as vosas suxestións. Unha aperta moi forte e ata Sempre o, sempre, voso compañeiro para uns, e Profe, Donsan, Don Santi, ou Santi  para outr@s. 

Unha aperta e ata sempre. 




 Santi Pazos


IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04