.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

TEMA 3: A CIDADE MEDIEVAL. A ARTE GÓTICA

View more presentations from Santi Pazos.

TEMA 3:  A CIDADE MEDIEVAL E A ARTE GÓTICA

1. EXPANSIÓN AGRARIA E CRECEMENTO DEMOGRÁFICO
- No século XI a agricultura mellorou grazas a varias novidades:
. Rotación trienal. O terreo divídese en tres anacos, en dous plántanse cereais distintos e o terceiro déixase descansar. Cada ano cámbiase a dedicación do terreo.
. Arado normando ou de veso. Facía uns surcos profundos e removía a terra moito. Isto permitía que as plantas crecesen con moita máis forza.
. Usábase o esterco para abonar.
. Utilizáronse muíños de vento.
- Estas novidades permitiron que a colleita fose moito maior. Como agora sobraban moitos produtos agrícolas (excedentes de produción) levaban a vender a mercados.
- Ao redor dos mercados foron a vivir artesáns e, ao tempo, estes lugares convertéronse en cidades.
- Grazas ás boas colleitas a poboación comía mellor, resistía ás enfermidades e vivía máis. A poboación europea aumentou considerablemente, pasou de 45 millóns de habitantes no século XII a 75 millóns no XIV.



2. AS CIDADES E OS MERCADOS
- As cidades convertéronse en mercados e fixéronse cada vez máis importantes. A estas cidades da Idade Media chamábaselles burgos, e os que vivían nelas burgueses.
- Na Alta Idade Media os campesiños facían todo, non había artesáns. Agora, na Baixa Idade Media, os campesiños só se dedicaban ao campo. A cambio dos seus produtos agrícolas, recibían dos artesáns roupa, cerámica, instrumentos de ferro... O traballo comezouse a dividir. Cada un especializábase, dedicábase a unha cousa.
- Na Baixa Idade Media os camiños foron seguros e os comerciantes viaxaban por eles de mercado en mercado.
- Nesta época había dúas rutas (camiños) comerciais importantes:
. A mediterránea, desde o levante español ata Oriente próximo. Exportaban (levaban) tecidos, armas e ferramentas e importaban (traían) seda, especias e perfumes).
. A do Atlántico e o Báltico, desde Lisboa e o Cantábrico ata o mar Báltico. Intercambiaban la de Castela, viño de Francia (exportaban), ferro, peles, trigo, madeira (importaban).
- Os mercados máis importantes eran as Feiras. As feiras máis importantes estaban no Norte de Italia e nos Países Baixos.
- Nos mercados puxéronse leis para protexer aos comerciantes.

3. ARTESÁNS E GREMIOS
- Nas cidades vivían os artesáns. O dono dun pequeno taller chamábase mestre artesán.
- As rúas das cidades distribuíanse polos oficios dos artesáns. Nun rúa vivían os zapateiros, noutra os caldeireiros, noutra... Así todos os oficios.
- Todos os artesáns que elaboraban un mesmo produto pertencían a unha asociación chamada gremio. Os gremios tiñan as súas normas de funcionamentos. Todos debían realizar os produtos da mesma forma, debían ter o mesmo horario, vixiaban a súa calidade, examinaban aos aprendices...
- As persoas que pertencían a un oficio distribuíanse en tres grupos.
. Os aprendices. Empezaban con sete anos e, a cambio de aprender o oficio e ser alimentados, traballaban para o mestre.
. Os oficiais. Xa sabían desempeñar o seu oficio pero non podían abrir un taller propio, así que traballaban para un mestre.
. Os mestres artesáns. Eran os donos do taller. Para ser mestre artesán había que facer un exame.

4. A CIDADE MEDIEVAL (BAIXA IDADE MEDIA)
 Características das cidades:
. Estaban rodeadas de murallas
. Había palacios, concellos, catedrais.
. As rúas eran moi sucias para os desperdicios botábanse á rúa e non había sumidoiros. Como había tan pouco limpeza producíanse moitas enfermidades.
. Como as casas eran de madeira había moitos incendios.
. O edificio máis importante era o concello, onde se reunían o alcalde e os concelleiros e onde se gardaban os documentos e o diñeiro dela cidade.
- Na cidade habitaban os burgueses:  . Pertencían ao terceiro estamento (os que traballaban e pagaban impostos), aínda que non eran campesiños. Posuían certa riqueza.
. Había dous grupos:
Alta burguesía. Eran moi ricos: banqueiros, grandes comerciantes. Serán os encargados de gobernar a cidade, formando unha especie de nobreza urbana coñecida como Patriciado.
Baixa burguesía. Os mestres artesáns e pequenos comerciantes.
- A maior parte da poboación da cidade era máis humilde e pobre: oficiais e aprendices que traballaban nos talleres, criados...
- Nas cidades tamén había moitos esmoleiros e vagabundos.
- Os xudeus vivían en barrios separados (xuderías) e eran bos banqueiros, ourives (os que traballan metais preciosos) e médicos.

4. O AFIANZAMENTO DO PODER REAL
- Na Alta Idade Media o rei non tiña case poder no seu reino.
- Na Baixa Idade Media o rei buscou a axuda dos burgueses e logrou, aos poucos, conseguiu dominar á nobreza. Para recibir a axuda dos burgueses concedeulles privilexios (cartas de privilexios) e liberounos dos nobres.
- O rei permitiu que os burgueses formasen parte das Cortes (onde se facían as leis) a cambio de recibir diñeiro.
- O nacemento de reinos fortes provocou a loita entre diferentes reinos que querían fixar as súas fronteiras. Francia e Inglaterra loitaron na Guerra dos Cen Anos entre o século XIV e o XV.


6. A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA (SÉCULOS XIV E XV)
- A principios do século XIV houbo malas colleitas debido a:
. As terras estaban esgotadas
. O clima non era favorable para os cultivos.
- As malas colleitas provocaron fame, menores impostos, guerras e enfermidades.
- A enfermidade máis grave foi a Peste Negra, que matou a un terzo dos europeos.
- Como os impostos eran cada vez menores os nobres aumentaron os impostos aos campesiños e moitos campesiños rebeláronse.
- Nas cidades a crise foi moi grave. Estendeuse a miseria e xurdiron revoltas. A poboación botaba a culpa de todo aos xudeus e, por iso, asaltaron as xuderías e mataron a moitos.


CULTURA E ARTE  GÓTICA

7. A CULTURA URBANA
- Na Alta Idade Media só sabían e necesitaban escribir algúns clérigos.
- Na Baixa Idade Media os burgueses e algúns nobres tamén aprenderán a ler e a escribir, pois necesitaban estas destrezas para poder levar os seus negocios. Para ensinar a estas persoas creáronse:
. Escolas episcopais. Dependían dos bispos
. Escolas urbanas. Dependían das cidades.
. Universidades. Eran máis libres. Aquí ensinábase:
Trivium:  gramática, retórica e dialéctica
Quadrivium:  aritmética, xeometría, música e astronomía
Medicamento, dereito, arte, poética e teoloxía.
- Creáronse ordes relixiosas (frades) que vivían nas cidades (en conventos):
. Franciscanos. Vivían da esmola (por iso chamóuselles mendicantes), coidaban de pobres e enfermos.
. Dominicos. Dedicábanse ao estudo, a predicar e a vixiar a fe dos crentes.

8. O GÓTICO, UNHA ARTE URBANA
- O gótico empeza no século XII.
- As novas cidades necesitaban novos edificios e estes foron feitos en arte gótica:
. Palacios para a alta burguesía e os nobres
. Lonxas (mercados)
. Concellos
. Catedrais. Toda a cidade colaboraba na construción da catedral.
- O gótico utilizaba os seguintes elementos para a construción.
. Arcos apuntados ou oxivais. Soporta moito mellor o peso que o arco de medio punto do románico.
. Bóvedas de cruzarías. Formadas polo cruzamento de dous arcos oxivais que apoiaban sobre columnas ou alicerces. A bóveda esta suxeita sobre catro puntos e non sobre os muros, como ocorría no románico.
. Arcobotantes e contrafortes. Servían para reforzar bóvedas e muros.
- Nas fachadas atopamos
. Tres portas, unha para cada nave. Cada porta cun tímpano (zona plana semicircular situada na parte superior) e arquivoltas (arcos decorativos que rodean toda a porta).
. Sobre as portas rosetóns (grandes fiestras circulares) con vidreiras e galerías con estatuas.
. Decorábanse con formas de agulla (pináculos) os contrafortes e con frechas as torres. Isto outorgaba unha sensación de gran altura.

9. A ESCULTURA E A PINTURA GÓTICAS
- No románico a escultura e a pintura só servían para decorar as igrexas, por iso só se representaban temas relixiosos e, case sempre, os mesmos. No gótico, en cambio, os burgueses compraban obras de arte nas que buscaban, sobre todo, beleza. Os temas xa non serán só relixiosos.
- A escultura e a pintura góticas son realistas:
. Imitan os vestidos.
. As caras son retratos
. Intentan reproducir o movemento.
- Os artistas convértense en persoas con gran prestixio. Na Península Ibérica destaca, entre outros, Gil de Siloé.
- Nas igrexas góticas había poucas paredes onde se puidese pintar, polo que pintaban sobre táboas de madeira, retablos, que se colocaban nos altares..
- Tamén terá moita importancia a pintura sobre libros.

VIDEOS RECOMENDADOS PARA O SEU VISIONADO :
A CIDADE MEDIEVAL

 

O GÓTICO:
 

Para ampliar sobre o tema:
Ver presentación en FLASH: Diferencias entre o Gótico e o Románico

Neste mesmo Blog: Recursos 2º de ESO: Tema 3
IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04