Temas 12 e 15 do Libro de Texto
Os pobos prerromanos en Hispania e Galicia
1. A chegada de pobos colonizadores
- Entre os séculos XI e VI a.C. algúns pobos indoeuropeos penetraron na Península Ibérica e instaláronse na Meseta e na zona Norte peninsular.
- Tamén ao longo da primeira metade do I milenio a.C. chegaron ao Leste e ao Sur peninsular algúns pobos mediterráneos: fenicios, gregos e cartaxineses.
- Estes pobos colonizadores fundaron diversas colonias e estableceron relacións comerciais cos pobos indíxenas.
- Nas actuais provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz atopábase o reino de Tartessos, cuxa principal riqueza eran os metais (ouro, prata e estaño).
- A mediados do I milenio a.C. a Península Ibérica estaba dividida en dúas grandes áreas culturais: a ibera e a celta.
- Os iberos ocupaban as terras da costa mediterránea, desde o Sueste e a Alta Andalucía ata os Pireneos. Tiñan un gran desenvolvemento urbano e cultural, e coñecían a escritura.
- Os celtas habitaban o centro, o Oeste e o Norte peninsular. Vivían nuns poboados chamados castros e coñecían a metalurxia, pero non a escritura.
- As relacións entre celtas e iberos comportaron a aparición dos celtiberos, uns pobos de orixe e lingua celtas, pero influenciados polos iberos. Asentáronse no Leste da Meseta e no Sistema Ibérico.
3. A cultura castrexa
- A cultura castrexa abranguía a meirande parte de Galicia, o Norte de Portugal e o Oeste de Asturias.
- A principal característica da cultura castrexa eran os castros, pequenos poboados fortificados protexidos por elementos naturais. No seu interior localizábanse as vivendas sen formar rúas e no centro situábanse edificios comúns (relixiosos ou funerarios).
- As vivendas eran de planta circular. Os seus muros construíanse de pedra e cubríanse dunha teitume de pólas e palla que se sostiña cun poste central.
- Os pobos galaicos vivían da agricultura e da gandaría, e tamén da pesca e do marisqueo. A minaría era unha importante fonte de riqueza.
- Estes pobos mantiñan relacións comerciais entre eles e con pobos atlánticos e do interior peninsular. Non usaban a moeda nin a escritura.
- A sociedade castrexa organizábase en tribos onde existía certa xerarquización social, con predominio da caste militar. A súa relixión era politeísta e destacaron na arte da forxa e na ourivaría.
4. Os iberos
- Os iberos vivían en poboados amurallados situados en lugares elevados e preto de fontes de auga.
- No interior do poboado, as vivendas agrupábanse formando rúas e, a miúdo, existían prazas destinadas a usos comunitarios.
- As vivendas adoitaban ser de planta rectangular. Edificábanse sobre un zócalo de pedra e os muros eran de adobe, cunha teitume de pólas e palla que se impermeabilizaba cunha capa de arxila.
- Os iberos practicaban a agricultura, a gandaría e a metalurxia. Elaboraban cerámicas e tecido. Coñecían a escritura e acuñaban moeda, que lles permitía un intenso comercio cos pobos colonizadores.
- A súa sociedade tiña unha estrutura xerarquizada: unha aristocracia propietaria de carácter guerreiro e sagrado, exercía o poder.
- Os iberos destacaron na arte da escultura figurativa e no relevo en pedra.
Hispania e Galicia na hispania
romana
1. A conquista romana
- As Guerras Púnicas enfrontaron romanos e cartaxineses polo dominio do Mediterráneo occidental.
- No século III a.C., os cartaxineses, con Amílcar Barca ao mando, conquistaron o Sueste peninsular. No 220 a.C., o seu fillo Aníbal planeou a conquista de Roma dende a Península Ibérica.
- Para frear a expedición de Aníbal, os romanos decidiron conquistar a Península Ibérica e expulsar os cartaxineses (desembarco en Ampurias, no 218 a.C.).
- A conquista romana da Península Ibérica produciuse entre o 218 e o 19 a.C. en catro fases:
- Entre o 218 e o 201 a.C, Roma dominou o litoral mediterráneo.
- Do 201 ao 154 a.C, controlou a Meseta oriental.
- Do 154 ao 133 a.C, conquistou a zona occidental da Península, que ofreceu maior resistencia.
- Do 29 ao 19 a.C, someteu as belicosas tribos do Norte peninsular. A conquista deuse por acabada.
2. Hispania, un territorio do
Imperio romano
- Para administrar os territorios conquistados, os romanos dividiron a Península Ibérica en provincias, e puxeron un gobernador á fronte de cada unha.
- Hispania integrouse no circuíto económico romano:
- A produción agrícola (cereais, aceite, viño, gando...) e pesqueira (salgadura) aumentou grazas aos avances técnicos. Nos latifundios empregábanse escravos.
- A produción artesanal tivo un gran desenvolvemento (cerámica, tecidos, armas...).
- As minas (ouro, prata, ferro, cobre...) explotáronse con novas técnicas de extracción.
- Moitos produtos exportábanse por todo o Imperio por vía marítima e grazas á extensa rede de calzadas, construída para facilitar o comercio.
3. Gallaecia, unha provincia romana
- O territorio ocupado polos galaicos pasou a formar parte do imperio romano co nome de Gallaecia.
- Esta provincia romana foi dividida en tres conventus e a maior parte do territorio galego incluíuse no Conventus Lucensis.
- Coa chegada dos romanos impúxose o pagamento de taxas, que os galaicos pagaban en especies (peles, cabalos...) e a obriga de enviar soldados ao exército romano.
- O principal interese de Roma por estas terras foi a explotación dos recursos mineiros (estaño, prata, ouro...).
- As poboacións establecéronse preto das minas e en enclaves portuarios dende onde partían as mercadorías de minerais. Moitos castros convertéronse en explotacións agrícolas e pesqueiras.
- As cidades, construídas segundo o modelo urbanístico romano, estaban unidas por unha rede de calzadas e nelas edificáronse obras públicas (pontes, termas...).
4. O legado de Roma
- A integración de Hispania no mundo romano supuxo a adopción da lingua, o dereito, as institucións, a relixión e a arte propios desta civilización.
- Este proceso de asimilación cultural por parte dos indíxenas foi longo e coñécese como romanización. A cultura romana difundiuse grazas ás cidades.
- En España consérvanse numerosas construcións e obras artísticas da época romana:
Máis videos en: Recursos de 1º de ESO