.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

TEMA X: AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS

MESOPOTAMIA
View more presentations from Santi Pazos.

As primeiras civilizacións: Mesopotamia

1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 
 A primeira civilización urbana naceu na Baixa Mesopotamia e no IV milenio a.C.:
– Eran cidades-Estado gobernadas por monarcas que se axudaban de funcionarios e sacerdotes.
– A maioría da poboación eran agricultores e pastores. Tamén había artesáns e comerciantes.
– A riqueza destas cidades baseouse na súa agricultura, moi produtiva polo control que tiñan das augas do Tigris e Éufrates.
 En Mesopotamia xurdiron as primeiras formas de escritura (cuneiforme) e redactáronse as primeiras leis escritas (Código de Hammurabi).
2. A arte mesopotámica 
  • As dúas grandes construcións das cidades mesopotámicas foron o palacio e mais o cigurat (templo).
  • Os edificios construíanse con ladrillos de adobe recubertos de betume e de cerámica vidrada de brillantes cores.
  • As dúas contribucións principais da arquitectura mesopotámica foron o uso do arco e a bóveda, que ofrecían grandes posibilidades construtivas.
  • En escultura salientan estes tipos de representacións:
– As estatuíñas de orantes.
– As estatuas do rei Gudea de Lagash, que lles serviron de modelo a outras.
– Os relevos que representaban figuras humanas ou animais monstruosos e que decoraban os muros.
– As estelas onde se esculpían escenas de vitorias militares e cazarías.
 
Para saber máis sobre Mesopotamia:
Visionar:


Visitar enlace:

EXIPTO

As primeiras civilizacións:Exipto

1. Exipto, o Nilo e o deserto
 Exipto é unha zona moi árida atravesada polo Nilo, un caudaloso río que o divide en dúas
zonas: o Baixo Exipto, correspondente á desembocadura, e o Al to Exipto, unha zona dominada
polo deserto.
 As enchentes do Nilo permitiron o xurdimento dunha gran civilización agrícola, aínda que
foi necesario:
– Construír diques e canles para controlar as enchentes do río e aproveitar os seus beneficios.
– Desenvolver o cálculo, a xeometría e establecer un calendario.
 O Nilo converteuse na gran vía de comunicación de Exipto.
2. O Exipto dos faraóns
 Cara ao ano 3000 a.C., o faraón Narmer unificou o Alto e Baixo Exipto e coronouse cos atributos
de ambos os dos reinos.
 O faraón tiña un poder absoluto e era considerado un deus:
– Garantía a orde e a xustiza.
– Controlaba a irrigación e o comercio exterior.
– Era o xefe supremo do exército.
 Os demais grupos sociais privilexiados, que posuían a maioría das terras cultivables eran:
– Altos funcionarios, que gobernaban co faraón.
– Sacerdotes, que dirixían os ritos relixiosos.
– Escribas, que dominaban o cálculo e a escritura.
 Campesiños, artesáns e pequenos comerciantes constituían o pobo de Exipto. Aínda que en
número reducido, tamén existían escravos.
3. A relixión exipcia
 A relixión exipcia era politeísta. O deus máis popular era Ra (deus do sol), tamén estaban
Osiris (deus dos mortos), Isis (deusa da fertilidade), Horus (deus da guerra) e Thot (deus da
sabedoría).
 Os deuses habitaban nos templos e os sacerdotes encargábanse do seu culto (obsequialos
con ofrendas e procesions).
 A relixión exipcia prometía unha vida despois da morte (vida de ultratumba), pero para iso
debíase momificar o cadáver e superar o Xuízo de Osiris.
 Os exipcios eran moi supersticiosos e crían que as figuras que se colocaban nas tumbas cobraban
vida no máis alá ou alén, por iso poñíanlles estatuíñas aos seus defuntos e pintaban as
tumbas.
4. O templo, morada dos deuses
 A arquitectura exipcia tiña as seguintes características:
– Seguía unha regras fixas e os artistas debían reproducir os mesmos modelos.
– Era arquitrabada e non usaba nin o arco nin a bóveda.
– Tendía ao monumentalismo; as grandes construcións foron os templos e as tumbas, construídas
con pedra e decoradas con gravados, esculturas e pinturas.
 Os templos tiñan unha estrutura semellante; estaban amurallados e tiñan partes diferenciadas:
santuario, patio con pórtico. Só o faraón e os sacerdotes podíanentrar.
 A pintura exipcia caracterizábase por:
– Representar a vida cotiá e a natureza.
– Seguir, como a arquitectura, unhas normas fixas.
– Non ter profundidade, non perspectiva.
– Usar cores vivas.
5. As tumbas exipcias
 As tumbas eran moi importantes para as crenzas dos exipcios porque representaban a garantía
do acceso do defunto á vida de ultratumba.
 Unicamente os faraóns e mais os grandes dignitarios puideron construír para eles grandes
tumbas. As clases baixas eran soterradas na area do deserto.
 En Exipto había diferentes tipos de tumbas:
– As primeiras foron as mastabas, unhas construcións rectangulares sinxelas e de pouca altura.
– Da superposición de varias mastabas xurdiron as pirámides. Destacan as de Keops, Kefrén
e Micerinos.
– O medo aos saqueos levou á construción de hipoxeos, que eran cámaras funerarias enterradas
baixo terra e moi luxosamente decoradas.

A vida cotiá no antigo exipto

A maioría da poboación exipcia era campesiña e vivía en pequenas aldeas ás beiras do Nilo. Os máis ricos e privilexiados facíano en residencias construídas en pedra e ladrillo que adoitaban estar rodeadas dun muro alto.
Os campesiños habitaban sinxelas vivendas construídas, primeiro, con canas e barro, e máis adiante, con adobe.
Vivenda rural dunha familia nobre.
As cidades eran escasas e a súa función principal era ser o lugar de residencia do faraón e dos nobres. Nelas reuníanse comerciantes de todo Exipto e atopábanse artesáns dos máis variados oficios.
Un barrio artesán.

Alimentación e vestido

Estela funeraria que representa unha familia exipcia, II milenio a.C.
Para a meirande parte da poboación exipcia, a dieta era moi sinxela. O pan e mais a cervexa eran os alimentos básicos, aos que lles engadían peixe seco, lentellas e chícharos. Tamén consumían froitas, especialmente figos e uvas. Usaban mel e dátiles para adozar e facer pasteis.
As comidas dos máis ricos eran máis variadas e incorporaban numerosos pratos de aves, carnes, verduras e froitas.
O vestiario dos exipcios era tamén moi sinxelo: os nenos adoitaban ir espidos, mentres que as mulleres se cubrían cun pano de liño e os homes, cun trapo que anoaban á cintura.
Entre os máis ricos, a roupa era tamén moi liviá, pero tanto homes coma mulleres adornábanse con xoias, diademas e peitorais. As mulleres adoitaban cubrir a cabeza

Ficha repaso tema 10


Para saber máis visitar ligazóns e visionar videos
http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/contextos/10094.htm
IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04