Esquemas e Mapas Conceptuais das etapas da Historia
A Prehistoria View more presentations from Santi Pazos.
Caderno de Neixón: VER e FACERCadernillo de Neixón
Recomendo estes enlaces para repasar:
TEMA 9: a PREHISTORIA
1. Os primeiros seres humanos
• En África, hai seis millóns de anos, algúns primates iniciaron un proceso de evolució que, co paso do tempo, deu lugar á especie humana.
• A posición vertical, a marcha bípede, o desenvolvemento do cerebro, a liberación das mans, a diminución do tamaño das mandíbulas e dos dentes, e a linguaxe foron algúns dos cambios máis importantes do proceso de hominización.
• O primeiro ser humano foi o Homo habilis ao que lle seguiron o Homo erectus, o Homo neanderthalensis e o sapiens sapiens, este último co aspecto físico e a complexidade cerebral do ser humano actual.
2. O Paleolítico: a caza e a recolección
• O Paleolítico é o primeiro período da Prehistoria, que se inicia coa aparición do ser humano.
• As primeiras sociedades prehistóricas eran depredadoras, isto é, vivían da caza, da pesca e da recolección de froitos.
• Eran nómades e vivían en covas e sinxelas cabanas.
• Os neanderthalensis aprenderon a facer lume, o que lles permitiu quentarse, iluminar as
covas, escorrentar os animais e quentar os alimentos.
• Axudábanse de instrumentos elaborados de pedra, óso, madeira, hasta…, que se foron perfeccionando co paso do tempo.
3. A arte das cavernas
• No Paleolítico xurdiron as primeiras crenzas relixiosas e mostras artísticas.
• Os seres humanos intentaron influír sobre os fenómenos naturais mediante cerimonias rituales.
• Os primeiros enterramentos reflicten unha preocupación polo que acontecía despois da morte.
• Hai uns 30000 anos, o ser humano deixou mostras de pintura sobre as paredes das covas, que tiñan un significado propiciatorio da caza.
• Tamén deixou mostras de arte mobiliar (plaquetas, estatuíñas, gravados…) sobre óso, pedra e marfil, algunhas relacionadas co culto á fertilidade.
4. O Neolítico: a producción de alimentos
• Durante o Neolítico os seres humanos comezaron a producir alimentos, cultivando a terra e domesticando animais.
• Todo isto implicou cambios no seu estilo de vida:
Fabricaron novos instrumentos de pedra puída adaptados a os novos labores agrícolas (machados, fouces, muíños…).
– Utilizaron novas técnicas como a elaboración de cerámica, o fiado e o tecido.
– Volvéronse sedentarios e construíron os primeiros poboados.
• A agricultura xurdiu de forma autónoma en varias rexións do mundo (Crecente Fértil, India, China, América).
5. A Idade dos Metais
• Cara ao V milenio a.C. os seres humanos aprenderon as técnicas de fusión dos metais: cobre, bronce e finalmente ferro.
• Os intercambios comerciais intensificáronse e os medios de transporte melloraron (vela e roda).
• As aldeas neolíticas fóronse transformando en verdadeiras cidades gobernadas por xefes ou caudillos nas que apareceron grupos sociais diferenciados.
• En Europa construíronse os megálitos, edificacións con grandes pedras: menhir, dolmen e crómlech.
6 e 7. Os primeiros poboadores. As sociedades metalúrxicas.
• A presenza de seres humanos na Península Ibérica remóntase ao Paleolítico inferior:
– En Atapuerca atopáronse os restos máis antigos (uns 800000 anos).
– Tamén hai presenza de neanderthais e sapiens.
• Da Península salienta a súa arte rupestre:
– Na zona cantábrica é de estilo naturalista.
– No levante é máis esquemático.
• As primeiras comunidades neolíticas apareceron no VI milenio a.C. na área mediterránea.
• Delas salienta a cerámica cardial e os megálitos.
• Cara ao III milenio a.C. iniciouse a metalurxia:
– Traballaron o cobre (cultura Los Millares).
– Máis tarde fabricaron obxectos de bronce (El Argar).
– O traballo do ferro iniciouse ao chegar os pobos indoeuropeos e os Colonizadores mediterráneos

Caderno de Neixón: VER e FACER
Recomendo estes enlaces para repasar: