.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

Mostrando entradas con la etiqueta Xeografia 1º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xeografia 1º ESO. Mostrar todas las entradas

Paso a formar parte da Poboación Pasiva

No día de hoxe 31 de decembro de 2012, remata unha etapa da miña vida e da comezo, con este novo ano, outra moi distinta, paso de formar parte da poboación activa á chamada, na terminoloxía da xeografía Humana, poboación pasiva. Decidín voluntariamente rescindir o contrato que ala polo ano 1977 asinara coa Administración educativa, creo que eu cumprín pola miña parte como mellor souben e ela cumpriu comigo pagándome o salario tódolos meses, pero agora por todo o que está a caer, tomei esta decisión, pois teño moitas dúbidas de que esta Administración siga cumprindo, sen tampouco ter moi claro que a nova Administración á que vou pertencer poida facelo. É un risco que terei que correr.
Por a miña XUBILACIÓN  este Blogue pode sufrir algún receso na súa actualización.

 Un 17 de novembro de 1975, recén rematada a carreira de maxisterio, comezaba a miña carreira docente cos meus 23 anos, na mesma localidade onde a remato, en Ribeira nun colexio do ensino privado o “Colexio Bayón”, aquí a miña primeira experiencia co ensino regrado, (durante varios veráns xa tivera experiencia impartindo clases particulares), nunha aula de 5º de EXB. Así ata o 31 de agosto do 1977, ano no que aprobei as oposicións a funcionario do estado como Mestre de Ensino Primario, na especialidade de Ciencias Humanas.

 10 de Outubro de 1977 asino un contrato co Ministerio de Educación e Ciencia e tomo posesión como mestre interino no recente estreado C.P. Salustiano Rei Eiras da Pobra do Caramiñal, na miña terra, aquí neste mesmo centro fanme Propietario Provisional e imparto clases de Lingua española, matemáticas, francés, educación sexual, educación física,…etc , ata o 31 de Agosto do ano 1981. 
O Curso escolar 1981-82 son destinado ao outro Colexio Público da Pobra o “Fernández Varela”.
No Curso 1982-1983, tocou coller as maletas e coa muller e dous fillos de 4 e 2 anos marchar rumbo a Petrer (Alacante), ao colexio “Primo de Ribera” onde pasei unha das mellores experiencias da miña vida. 
En setembro do 1983 de volta á terriña ao “Fernández Varela” onde estaría como profesor , secretario e director ata o 31 de agosto do 1997. Toda unha vida de interrelacións con un gran número de compañeiros e compañeiras e un incalculable número de xeracións de alumnas e alumnas, das que os recordos son innumerables. 
O 1 de setembro deste ano de 1997 a miña vida no ensino da unha volta total, paso do ensino primario ao secundario, son nomeado mestre de Xeografía e Historia para o 1º Ciclo de ESO, no IES “Leliadoura” de Ribeira, todo un salto, non pola importancia, como pode pensar alguén, porque non hai ensino máis importante que outro, senón pola maneira de traballar e o tempo do que podes dispoñer, para a túa vida persoal. Quén mo dixera, o IES “Leliadoura” pasa a ser o Centro no que máis tempo botei e por isto mesmo o Centro no que as relacións persoais e profesionais adquiriron unha maior relevancia, sen que me esqueza das establecidas nos Centros anteriores.

 Nestes 37 anos e 15 días de traballo como docente , fixen o que sempre me gustou e sempre o intentei facer o mellor que souben, pero son consciente de que tiven fallos, son humano, e por iso dende estas verbas, quero pedir perdón a tódolos alumnos ou alumnas aos que lle fixen algo que sen querer, ou pensando que o facía polo seu ben, os ofendera. A tódolos compañeiros e compañeiras que tiven ao longo de todos estes anos,  darlles unha forte aperta e dicirlles que foi un gran pracer traballar ao seu lado. 


 Este Blogue seguirá aquí na NUBE, para que poida seguir sendo utilizado por tódol@s que o necesiten e queiran, seguirase actualizando e sempre serán seguidas as vosas suxestións. Unha aperta moi forte e ata Sempre o, sempre, voso compañeiro para uns, e Profe, Donsan, Don Santi, ou Santi  para outr@s. 

Unha aperta e ata sempre. 




 Santi Pazos


ACTIVIDADES MAPA FÍSICO DE ASIA


ASIA


Para repasar o mapa de ASIA pincha no seu nome. Dende aqui podes tamén baixar o mapa físico mudo, imprimilo e despois completalo cos accidentes xeográficos propostos 

Relevo interactivo        Relevo interactivo 2     Costa interactiva          Costa interactiva 2
Ríos e lagos interactivos       Ríos e lagos interactivos 2

Actividades Mapa Físico de África

ÁFRICA:


ÁFRICA: É un continente que limita ao Norte polo mar Mediterráneo, ao leste co Mar Vermello e o Océano Índico que o bordea polo Sur ata atoparse co Océano Atlántico que o limita polo Oeste
O relevo africano está formado por un grande altiplano do que sobresaen  algún macizos ( Ahaggar, Tibesti, Darfur, Etíope ), o deserto do Sahara e ábrense tamén depresións  ou cubetas como as dos ríos Níxer, Chad, Nilo, Congo, Zambeze, Oranxe).
Salientan tamén as cordilleiras do Atlas no Norte e os Montes Drakensberg no Sur, que bordea a Meseta do Kalahari onde se atopa o deserto do mesmo nome.
Na zona oriental atópase fundida O Rift Valley  que recorre o continente de Norte a Sur onde se atopan os lagos: Malawi, Tanganica, Victoria, Rodolfo e tamén os volcáns Quilimanxaro e Monte Kenia
A súa costa é rectilínea e moi regular. Salientan nel a Península de Somalia e os golfos de Guinea, Gabés,  Sirte e Adén.  Os cabos Verde, Boa Esperanza, Guardafui e a illa de Madagascar

ACCIDENTES XEOGRÁFICOS A COLOCAR NO MAPA:
Relevo
Ríos
Lagos e Depresións
Desertos
Cabos, Golfos, penínsulas e illas
Mares e Océanos
Montes Atlas e
Drakensberg
Macizos de Ahaggar, Tibesti, Darfur, Etíope
Meseta do Kalahari
Picos :
Quilimanxaro
Kenia
Nilo
Níxer
Congo
Chad
Oranxe
Limpopo
Zambece
Malaui
Tanganica
Victoria
Rodolfo
Chad


D. do Rift Valley
Sahara
Kalahari

C. verde
C. Boa Esperanza
C. Guardafui
G. Guinea
G. Gabés
G. Sirte
G. Adén
Illa de Madagascar
P. de Somalia
Mediterráneo vermello
 O. Atlántico e Índico

 Para repasar o MAPA de AFRICA pincha AQUI 
e para aprender máis xoga co mapa  pinchando nestes enlaces:

Actividades Mapa Físico de América

               AMÉRICA FÍSICA
Fai click no mapa que elixas para baixalo ou imprimilo
Para repasar o mapa de AMÉRICA pincha no seu nome. 

Para aprender máis e repasar clicquea nestes  mapas interactivos

Relevo de América do Norte (2)                          Relevo de América do Sur (2)
Costas de América do Norte(2)                           Costas de América do Sur (2)
Relevo de América do Norte (1)                          Relevo de América do Sur (1)
Costas de América do Norte (1)                          Costas de América do Sur (1)

Actividades Mapa Físico de Europa

EUROPA FÍSICA
Fai click no mapa para baixalo ou imprimilo
Para repasar o mapa de EUROPA pincha no seu nome. Dende aqui podes tamén baixar o mapa físico mudo, imprimilo e despois completalo cos accidentes xeográficos propostos
 Accidentes xeográficos propostos:
 
CORDILLEIRAS E MACIZOS
RÍOS e LAGOS
MARES
PENÍNSULAS
ILLAS
CHAIRAS, DEPRESIONS
E MESETAS
CABOS, ESTREITOS, CANAIS E GOLFOS
1. Montes Escandinavos
2. Montes Urais
3. Montes Grampianos
4. Cárpatos
5. Caúcaso
6. Alpes
7. Alpes Dináricos
8. Balcáns
9. Macizo Central
10. Perineos
11. Apeninos


PICOS
12. Mont Blanc
13: Elbrus
1. Pechora
2. Dvina
3. Volga
4. Ural
5. Don
6. Dniepper
7. Dniester
8. Vístula
9. Oder
10. Elba
11. Rhin
12. Danubio
13. Támesis
14. Sena
15. Loira
16. Ródano
17. Po


LAGOS
Ladoga
1. Océano Atlántico
2. Mar Báltico
3. Mar de Noruega
4. Mar do Norte
5. Mar Cantábrico

6. Mar Mediterráneo
6a. Mar Tirreo
6b. Mar Adriático
6c. Mar Xónico
6d. Mar Egeo

7. Mar de Mármara
8. Mar Negro
9. Mar de Azov
10. Mar Caspio

11. O. Glacial Ártico
1. P. de Kola
2. P. de Xutlandia
3. P. Ibérica
4. P. Itálica
5. P. Balcánica
6. P. Peloponeso
7. P. de Crimea



ILLAS

1. Islandia
2.Británicas (Irlanda e Gran Bretaña)
3. Baleares
4. Corsega
5. Sardeña
6. Sicilia
7. Malta
8. Creta
1. Ch. de Europa Oriental
2. Gran Chaira Europea

3. Depresión do Caspio


4. Meseta de Rusia Central
1. Cabo Norte
2. Cabo Fisterre
3. Cabo de San Vicente
4. Canal da Mancha
5. Estreito de Xibraltar
6. Estreito Dardanelos
7. Estreito do Bósforo
8. Golfo de Botnia
9. Golfo de Vizcaia





Para aprender máis xoga co mapa  pinchando nestes enlaces:



Fontes utilizadas: páxinas dos profesores: Enrique Alonso e Isaac Buzo Sánchez

Autoavaliate facendo este test :
        Ligazón test                                   Fonte Prof. Juanjo Romero

Tema IV: RÍOS E MARES. GALICIA. ESPAÑA



1. A auga na natureza
1.1. Auga salgada: océanos e mares
A meirande parte da auga do noso planeta é salgada (97,21% da auga que existe na Terra) e atópase nos océanos e máis nos mares.
  • Un océano é unha gran masa de auga que separa os distintos continentes. Os grandes océanos da Terra son: o Pacífico, o Atlántico e o Índico. Os tres xuntos forman, ao Sur da Terra, o océano Glacial Antártico.
O Pacífico e mais o Atlántico únense, ao Norte, formando o océano Glacial Ártico.
  • Os mares son a prolongación dos océanos nas zonas máis próximas aos continentes, como por exemplo o mar Cantábrico ou o mar Caribe, que son unha continuación do océano Atlántico.
1.2. Auga doce: lagos e ríos
A auga doce do planeta representa o 2,79% do total da auga da Terra, e repártese entre: lagos e ríos, capas e humidade do solo, icebergs e glaciares, e a atmosfera.
  • Os lagos son masas de auga permanente depositadas en depresións e que se alimentan da auga da chuvia e da que achegan os ríos.
  • Os ríos son correntes continuas de auga. A auga dos ríos procede de fontes e de mananciais, da chuvia ou da fusión da neve.
A cantidade de auga que leva un río é o caudal. O caudal dun río depende das características da súa cunca, isto é, do conxunto de terras cuxa auga vai parar ao devandito río.
O réxime dos ríos
O réxime dun río é o conxunto de variacións que experimenta o seu caudal ao longo do ano.
  • Se o río ten un réxime pluvial, significa que as súas augas proceden principalmente da chuvia. O seu caudal depende da extensión da cunca do río e da regularidade e mais da cantidade da chuvia:
– Se un río recolle a auga dunha cunca que recibe chuvia abundante todo o ano, será moi caudaloso e regular.
– Se a chuvia da cunca dun río non é regular, ese río ha de ter enchentes na época de chuvia e estiaxes nas épocas secas.
  • Cando a alimentación do río é de réxime nival, a auga procede maioritariamente da fusión da neve. Este tipo de ríos presentan enchentes na primavera e a comezos do verán, pero o seu caudal é baixo no inverno.
A circulación da auga.
 
2. A dinámica oceánica
2.1. Os movementos de mares e océanos
Debido á acción das ondas, das mareas e das correntes mariñas, a auga dos océanos e mares está sempre en movemento.
As ondas
As ondas son ondulacións que se forman cando o vento axita a superficie de mares e de océanos. A auga rízase e empurra a que está ao carón, e esta, ao mesmo tempo, axita a auga contigua, e así de maneira sucesiva.
Cando observamos as ondas desde a costa, temos a impresión de que avanzan cara á praia, pero en realidade non se desprazan: unicamente soben e baixan nun movemento de tipo circular, e defórmanse e rompen cando rozan o fondo do mar.
As mareas
As mareas son ascensos e descensos do nivel da auga do mar provocados, basicamente, pola atracción da Lúa sobre a auga de océanos e mares.
  • A fase na que o nivel da auga sobe, coñecémola como marea alta.
  • A fase de descenso chámase marea baixa.
marea alta e marea baixa
As correntes mariñas
As correntes mariñas son como grandes ríos que discorren polos océanos. Aínda que semelle estraño, a auga das correntes e a auga do resto do mar non se mestura porque é moi distinta unha da outra en temperatura, densidade e salinidade.
Cando a temperatura dunha corrente é superior á da auga contigua, considérase que é unha corrente cálida, e se a temperatura da corrente é inferior, a corrente é fría.

2.2. A acción do mar na modelaxe das costas
A acción da auga (ondas, mareas e correntes) modela as costas, desgastando os cantís e provocando o seu retroceso.
As rochas que foron arrincadas do cantil, xunto cos sedimentos que os ríos depositaron no mar, son arrastradas polas correntes costeiras e deposítanse en zonas resgardadas, onde se van formando praias, albufeiras, etc.

  
GALICIA:

GALICIA:
Unidades de relevo:
a)      O Litoral:  Bañado polo mar Cantábrico e o Océano Atlántico
a.      Rías:
                       Altas:  Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro e Ortigueira
                       Medias:  Ferrol, Betanzos, Coruña; Corme e Laxe; Camariñas e Corcubión
                       Baixas: Muros e Noia; Arousa; Pontevedra e Vigo
b.      Cabos: Estaca de Bares, Ortegal, , Prior, Roncudo, Vilano, Touriñan, Fisterre e Corrubedo
c.       Illas: Sisargas, Sálvora, Ons e Cies
b)     As Serras:
a.       Serras do Litoral occidental: Sª do Barbanza e Sª do Morrazo
b.      Serras Centrais (Dorsal galega): Serra da Loba, Cova da Serpe, Farelo, Faro, Faro de Avión, Suido
c.       Serras setentrionais: Faladoira e Xistral
d.      Serras Orientais: Sª de Meira, Sª dos Ancares (Penarrubia), Courel (Pia Paxaro), Sª do Eixe (Pena Trevinca),  Sª de Qeuixa (Cabeza de Manzaneda), Sª de San Mamede.
e.       Serras Sudorientais: Sª Segundeira e Sª do Xurés.
c)      Mesetas, Chairas e depresións:
a.       Meseta de Lugo e Terra Cha
b.      Chaira de Bergantiños e da Mariña Lucense
c.       Depresión Meridiana (Tui-Padrón) , D. de Sarria, D. de Monforte, D. de Maceda, D. do Limia
d)     Vales Fluviais: RÍOS
a.       Vertente Cantábrica: Eo, Masma, Landro
b.      Vertente Atlántica: Eume, Xallas, Tambre, Ulla e Umia, Lérez, Oitabén e o Río Miño co seu afluente o Sil  e cos encoros de Belesar e San Estevo

Rías Baixas                                         Rías Altas     


ESPAÑA:



Unidades de relevo de España
O relevo ibérico é moi variado. Caracterízase pala abundancia de montañas e mesetas de considerable altitude. En Europa só Suíza ten unha maior altitude media.
As unidades que constitúen o relevo peninsular son:

a) A Meseta Central e os seus sistemas montañosos.
A Meseta: Ocupa, aproximadamente, o centro de España e ten unha altitude media duns 600 metros. Está rodeada de montañas, excepto polo oeste.
Montañas Interiores á meseta: o sistema Central e os Montes de Toledo.
Montañas que rodean a Meseta: Cordal Cantábrico, sistema Ibérico e Serra Morena.
Montañas exteriores: Macizo Galaico, montes Pirineos, cadea Costeiro-Catalana e sistema Béticos e Penibético.

b) Os grandes vales do Ebro e do Guadalquivir e as chairas litorais




Tema III: AS FORMAS DA TERRA. O NOSO CONCELLO.


As Capas da Terra:

 A estrutura da Xeosfera:
A Terra é unha grande esfera lixeiramente achatada polos polos que se divide en tres grandes zonas concéntricas. A parte máis interna é o núcleo e supón un 15% do volume total do planeta. Ao seu redor está o manto, que representa un 84% do volume da Terra.
A capa externa é a codia, que apenas representa o 1% do total do planeta. A codia, xunto coa parte superior do manto, recibe o nome de litosfera.
A codia terrestre
A codia terrestre ten unha anchura moi desigual. A codia terrestre non é lisa, senón que forma montañas, vales, depresións e chairas que configuran o relevo da Terra.
O relevo da Terra, aínda que parece estable, cambia debido á acción dos axentes internos (volcáns e terremotos) e externos. Os relevos transfórmanse tamén lentamente pola acción da auga, do vento e da actuación humana. 
Actividade de repaso
A deriva dos continentes
Segundo a teoría da deriva dos continentes, a codia da Terra estaba formada por un único continente, denominado Panxea, que aboiaba sobre o manto.
O movemento de rotación da Terra rompeu este único continente dando lugar ás chamadas placas tectónicas.
Malia os lentos movementos, cando dúas placas baten unha delas pode elevarse formando grandes cordilleiras, mentres que a outra se afunde ata crear profundas fosas mariñas.
Os puntos de contacto entre dúas placas son áreas de grande inestabilidade, que se manifesta en forma de terremotos e volcáns.

Os axentes internos As forzas internas da Terra ou axentes internos, provocan os terremotos e os volcáns.
Os terremotos son sacudidas que se orixinan no interior da Terra e que se propagan en forma de ondas sísmicas. 

Os volcáns son profundas fendas na codia terrestre polas que ascende o magma. Este pode saír ao exterior en forma de erupción volcánica.
Nas erupcións volcánicas expúlsanse gases, cinza, pedras e lava incandescente. Estes materiais, ao contacto co aire, arrefrían e forman os chamados conos volcánicos.
Os axentes externos
As formas do relevo tamén son o resultado dos axentes externos: auga, vento, vexetación, ser humano…
A auga, principal axente modelador da paisaxe, pode actuar intensamente e de diversas maneiras: a auga da chuvia (barrancas, vales, chairas e deltas), a auga xeada, as ondas, as correntes mariñas, as mareas (praias, golfos), ...
O vento desgasta as rochas e erosiónaas.
As raíces de plantas e árbores poden axudar a romper as rochas, pero tamén a fixar o solo na aba das montañas.
O Ser Humano actúa sobre o medio físico transformando a paisaxe natural (edificación de cidades, vías de comunicación, encoros, pontes, portos, etc.,)
Actividade de repaso Vicens Vives

Formas de relevo : 
O relevo terrestre (Fonte Juanjo Romero)
Relevo Continental (Fonte Isaac Buzo Sánchez)
Relevo Oceánico  (Fonte (Fonte Isaac Buzo Sánchez) 
Formas do Relevo Costeiro ou do litoral (Isaac Buzo Sánchez)

Aprender a definición de cada unha das formas do Relevo

Amplía Conceptos deste Tema

A división do mundo en continentes
Os continentes son grandes extensións de terras emerxidas que separan os océanos:
A auga ocupa tres cuartas partes da superficie terrestre e forma cinco grandes océanos:
o Pacífico, o Atlántico,  o Índico e os acéanos Glacial Ártico e Glacial Antártico
Algúns sectores dos océanos situados xunto ás costas denomínanse mares (como o Caribe ou o Adriático).
Nos océanos e nos mares emerxen algunhas porcións de terra rodeadas pola auga que se denominan illas, que cando se agrupan forman arquipélagos
Actividades multimedia Vicens Vives: Actividade
O NOSO CONCELLO 
Península de Barbanza. Formada pola comarca da Barbanza e tamén por parte da bisbarra de Muros-Noia
A Bisbarra do BARBANZA:  Formada polos concellos de: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira
Península do Barbanza Ademáis dos anteriores tamén están nela: Porto do Son, Noia e Lousame

Accidentes xeográficos máis importantes:
Parroquias que o forman: Aguiño,  Artes, Carreira, Castiñeiras Corrubedo, Oleiros,Olveira, Palmeira, Ribeira
Montes: A Curota, A Garita, Castro da Cidade, Facho, Os castelos, Os Forcados, San Alberto, Tahume
Ríos: Listres, Artes
Lagoas: Carregal, Vixán
Illas: Falcoeiro, Forcadiño, Noro, O Carreiro, Rúa, Sagres, Sálvora, Vionta
Praias: A ladeira, A Tasca, Penisqueira, Area Secada, Baleiros, Castro, Corna, Coroso, O Vilar
Cabos: Corrubedo, Punta de Couso
MAPAS:
 Ribeira                                                                               Ribeira Mudo        

Para saber máis sobre Ribeira
 
IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04