.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

Mostrando entradas con la etiqueta Historia 1º de ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia 1º de ESO. Mostrar todas las entradas

Paso a formar parte da Poboación Pasiva

No día de hoxe 31 de decembro de 2012, remata unha etapa da miña vida e da comezo, con este novo ano, outra moi distinta, paso de formar parte da poboación activa á chamada, na terminoloxía da xeografía Humana, poboación pasiva. Decidín voluntariamente rescindir o contrato que ala polo ano 1977 asinara coa Administración educativa, creo que eu cumprín pola miña parte como mellor souben e ela cumpriu comigo pagándome o salario tódolos meses, pero agora por todo o que está a caer, tomei esta decisión, pois teño moitas dúbidas de que esta Administración siga cumprindo, sen tampouco ter moi claro que a nova Administración á que vou pertencer poida facelo. É un risco que terei que correr.
Por a miña XUBILACIÓN  este Blogue pode sufrir algún receso na súa actualización.

 Un 17 de novembro de 1975, recén rematada a carreira de maxisterio, comezaba a miña carreira docente cos meus 23 anos, na mesma localidade onde a remato, en Ribeira nun colexio do ensino privado o “Colexio Bayón”, aquí a miña primeira experiencia co ensino regrado, (durante varios veráns xa tivera experiencia impartindo clases particulares), nunha aula de 5º de EXB. Así ata o 31 de agosto do 1977, ano no que aprobei as oposicións a funcionario do estado como Mestre de Ensino Primario, na especialidade de Ciencias Humanas.

 10 de Outubro de 1977 asino un contrato co Ministerio de Educación e Ciencia e tomo posesión como mestre interino no recente estreado C.P. Salustiano Rei Eiras da Pobra do Caramiñal, na miña terra, aquí neste mesmo centro fanme Propietario Provisional e imparto clases de Lingua española, matemáticas, francés, educación sexual, educación física,…etc , ata o 31 de Agosto do ano 1981. 
O Curso escolar 1981-82 son destinado ao outro Colexio Público da Pobra o “Fernández Varela”.
No Curso 1982-1983, tocou coller as maletas e coa muller e dous fillos de 4 e 2 anos marchar rumbo a Petrer (Alacante), ao colexio “Primo de Ribera” onde pasei unha das mellores experiencias da miña vida. 
En setembro do 1983 de volta á terriña ao “Fernández Varela” onde estaría como profesor , secretario e director ata o 31 de agosto do 1997. Toda unha vida de interrelacións con un gran número de compañeiros e compañeiras e un incalculable número de xeracións de alumnas e alumnas, das que os recordos son innumerables. 
O 1 de setembro deste ano de 1997 a miña vida no ensino da unha volta total, paso do ensino primario ao secundario, son nomeado mestre de Xeografía e Historia para o 1º Ciclo de ESO, no IES “Leliadoura” de Ribeira, todo un salto, non pola importancia, como pode pensar alguén, porque non hai ensino máis importante que outro, senón pola maneira de traballar e o tempo do que podes dispoñer, para a túa vida persoal. Quén mo dixera, o IES “Leliadoura” pasa a ser o Centro no que máis tempo botei e por isto mesmo o Centro no que as relacións persoais e profesionais adquiriron unha maior relevancia, sen que me esqueza das establecidas nos Centros anteriores.

 Nestes 37 anos e 15 días de traballo como docente , fixen o que sempre me gustou e sempre o intentei facer o mellor que souben, pero son consciente de que tiven fallos, son humano, e por iso dende estas verbas, quero pedir perdón a tódolos alumnos ou alumnas aos que lle fixen algo que sen querer, ou pensando que o facía polo seu ben, os ofendera. A tódolos compañeiros e compañeiras que tiven ao longo de todos estes anos,  darlles unha forte aperta e dicirlles que foi un gran pracer traballar ao seu lado. 


 Este Blogue seguirá aquí na NUBE, para que poida seguir sendo utilizado por tódol@s que o necesiten e queiran, seguirase actualizando e sempre serán seguidas as vosas suxestións. Unha aperta moi forte e ata Sempre o, sempre, voso compañeiro para uns, e Profe, Donsan, Don Santi, ou Santi  para outr@s. 

Unha aperta e ata sempre. 




 Santi Pazos


Tema XIV: A FRAGMENTACIÓN DO MUNDO ANTIGO

RESUME DO TEMA

Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
1.    Introdución
    - Co afundimento do Imperio romano, fragmentouse a unidade cultural do Mediterráneo.
    - Na zona occidental, o Imperio romano desapareceu por mor das invasións bárbaras e xurdiron numerosos reinos xermánicos .
    - O Imperio romano de Oriente ( bizantino ) mantívose durante case mil anos máis.
    - O cristianismo e a Igrexa foron o único elemento de continuidade e de cohesión cultural entre o mundo antigo e o novo mundo medieval.
    - Ao Sur do Mediterráneo aparece unha nova civilización: O Islam
    - Os reinos xermánicos :Tras a caída do Imperio romano de Occidente, diversos pobos bárbaros ocuparon o espazo do Imperio e formaron reinos independentes
    
2.    REINOS BÁRBAROS
    - Os Suevos : En Galicia
    - Os Visigodos: En Hispania
    - Os Francos: Na Galia (Francia)‏
    - Os Ostrogodos: En Italia
    - Os Anglo e Saxóns: Nas illas Británicas
    
    2.1Sociedade e Economía
    - Monarquía: Rei. Primeiro electiva, despois hereditaria
    - Ao ocupar as terras do Imperio romano, non lles impuxeron a súa forma de vida ás poboacións conquistadas.
    - Asimilan do Imperio Romano: A lingua: O latín , as leis do dereito romano, a administración rexional e municipal
    - Tamén o cristianismo como relixión oficial.
    
    2.2 Sociedade e Economía
    - A desaparición do Imperio romano impuxo un clima de inseguridade en Occidente.
    - A inseguridade nas comunicacións foi a causa de que:
    - Ruralizarse todo occidente: Abandono das cidades.
    - Se reduce o comercio e a industria
    - A economía redúcese á agricultura e gandería.
    - Un sistema económico de autoconsumo
    - Paralízanse as obras públicas, a produción de cultura, e a lectura e escritura quedaron reducidas a grupos de cregos e monxes.
    
3.    OS SUEVOS
    Ano 409: Invasión de Hispania por Suevos, Vándalos e Alanos
    Ano 411: Visigodos entran en Hispania a expulsar a vándalos e alanos. Os Suevos instálanse na Gallaecia
    - Asentamento pacífico
    - Fusión coa poboación galaico-romana
    - Establecen a capital en Braga
    - Nace un reino independente que durou 170 anos
    - Hermerico e o seu fillo Reckila fan incursións na Bética e na Lusitania.    Recquiario intenta conquis-tar tamén a rexión Tarraconense e foi freado polos visigodos.
    - No ano 585 o rei Leovixildo conquistou Galicia e incorpora o reino Suevo ao reino Visigodo


Personaxes: 
  •         Reis Suevos
  •         
    Martiño de Dumio
  • Exeria ou Eteria
  • Prisciliano

Legado do Reino Suevo: 

- Colonización Rural obra dos pequenos mosteiros fundados por San martiño
- División do territorio galego en parroquias
- Reparto de terras en latifundios e minifundios
- Conciencia de Comunidade con elementos sufi-cientes para forma-la súa propia estrutura política

4.    OS VISIGODOS: A monarquía visigoda
    A monarquía visigoda conseguiu controlar o territorio peninsular : expulsou os suevos, conquistoulles territorios aos bizantinos e detivo os francos.
    Os visigodos, a través do establecemento dunha monarquía forte, conseguiron a unificación relixiosa e xurídica ( Liber Iudicorum ou Foro Xulgo) entre hispanorromanos e visigodos.
    Recaredo convertese ao Cristianismo, deixa o Arrianismo relixión dos Visigodos ata este momento
    Recesvinto promulga o “Foro Xulgo”. Leis comúns
    4.1 A sociedade visigoda
    Aínda que os visigodos eran numericamente poucos, dominaron aos hispanos e repartíronse as dúas terceiras partes das terras peninsulares.
    - A economía era basicamente agrícola e de subsistencia .         - Grandes latifundios nas mans da nobreza
    - Sociedade: Nobres : Os xefes Conquistadores
    - Pobo humilde:  resto da poboación
    - Nas cidades, as actividades artesanais e o comercio diminuíron considerablemente.
    4.2 Cultura e Arte dos Visigodos en Hispania
    - Nivel cultural moi baixo
    - Cultura nas mans dos relixiosos (mosteiros e Sedes episcopais)
    - Figuras destacadas: San Isidoro de Sevilla: As Etimoloxías
    ARTE:
    - Obras de xoiería
    - Pequenos edificios (igrexas de San Xoán de Baños, San Pedro de la Nave, Santa Comba de Bande,…
    
5.    O IMPERIO BIZANTINO (476-1453)‏ A época de Xustiniano Un Imperio cristián e oriental
    5.1 Características Xerais
    - Empeza coa división do Imperio Romano por Teodosio no ano 395
    - Ocupa terras do mediterráneo oriental e o mar negro
    - Capital: Bizancio (Constantinopla) hoxe Istambul
    - Máximo esplendor con Xustiniano no século VI
    5.2 Perigos exteriores
    Norte: Búlgaros
    Musulmáns: a partir do século VII vanlle reducindo territorio progresivamente
    Turcos: Toman Constantinopla no ano 1453: Fin do Imperio Bizantino
    5.3 Economía
    - Grande prosperidade económica con Xustiniano
    - Desenrolo do comercio e da agricultura
    - Era Urbana: Artesanía e comercio nas cidades
    5.4 Cultura
    - Herdan a cultura da Grecia Clásica, mesturada coa romana, cristiana e de oriente.
    - Lingua: O Grego Clásico
    - Centros culturais: Universidades, mosteiros, palacios…
    5.5 Relixión
    - Cristián
    - Sepáranse do Papa de Roma no ano 1054 (Cisma de Oriente: Cristiano-ortodoxo)‏
    5.6 Arte
    - Relixiosa e Palaciega
    - Arquitectura: Grandes dimensións. Planta de cruz grega. Grandes Cúpulas
    - Exemplos a destacar: Santa Sofía de Constantinopla
    - Decoración con ricos mosaicos
    5.7 Mosaicos
    - O emperador utiliza as igrexas como salón de recepcións e decóraas con preciosos mosaicos.
    
6.     O IMPERIO CAROLINXIO:
    O Imperio creado por Carlomagno foi o último intento de reconstruír a antiga unidade do Imperio romano de Occidente.
    A comezos do século VIII un nobre franco, Carlos Martel , dirixiu o exército contra os musulmáns que avanzaban por Francia, e derrotounos en Poitiers (732).
    O fillo de Carlos Martel, Pipino o Breve , converteuse en rei dos francos e fundou unha nova dinastía, a carolinxia.
    Sucédelle, Carlomagno , e reconstrúe o Imperio romano de Occidente.
    Estableceu a capital en Aquisgran
    6.1 Características:
    Carlomagno : freou o avance do Islam e estableceu unhas fronteiras máis seguras .
    Dividiu o territorio en marcas e condados
    (MARCAS: territorios defensivos localizados nas fronteiras do Imperio)
    Converteu todos os pobos baixo o seu dominio ao cristianismo e reforzou a unión entre o poder político (o Emperador) e o relixioso (o Papa).
    No ano 800, Carlomagno foi coroado emperador polo papa León III.
    Garantiu a paz e a cultura renaceu, co establecemento de escolas e a volta á ensinanza do latín.
    6.2 Fin do Imperio
    - A morte de Carlomagno herda o imperio o seu fillo: Ludovico Pío que
    - Divide o Imperio entre os seus fillos: Tratado de Verdum
    - Alemaña a Luís; Francia a Carlos e Italia a Lotario
    - Ruptura definitiva:
    - Século IX: Invasións Normandas
    - Século X: Búlgaros e Húngaros
    - Ante estas invasións e perigos o Imperio desfíxose e os Condes convértense en señores case independentes, os tres estados divídense en principados.
    - Nace o Feudalismo

Para saber máis:

Ver video: 



Ficha de exercicios: FICHA TEMA XIV


Visitar estes enlaces:
Inicio da Idade Media. Fonte: Isaac Buzo
Enlaces Tema XIV ( Final da entrada)

TEMA 13: Hispania e Galicia antes e durante a conquista Romana



Temas 12 e 15 do Libro de Texto
Os pobos prerromanos en Hispania e Galicia
1. A chegada de pobos colonizadores
  • Entre os séculos XI e VI a.C. algúns pobos indoeuropeos penetraron na Península Ibérica e instaláronse na Meseta e na zona Norte peninsular.
  • Tamén ao longo da primeira metade do I milenio a.C. chegaron ao Leste e ao Sur peninsular algúns pobos mediterráneos: fenicios, gregos e cartaxineses.
  • Estes pobos colonizadores fundaron diversas colonias e estableceron relacións comerciais cos pobos indíxenas.
  • Nas actuais provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz atopábase o reino de Tartessos, cuxa principal riqueza eran os metais (ouro, prata e estaño).
2. Os pobos prerromanos
  •  A mediados do I milenio a.C. a Península Ibérica estaba dividida en dúas grandes áreas culturais: a ibera e a celta.
  • Os iberos ocupaban as terras da costa mediterránea, desde o Sueste e a Alta Andalucía ata os Pireneos. Tiñan un gran desenvolvemento urbano e cultural, e coñecían a escritura.
  • Os celtas habitaban o centro, o Oeste e o Norte peninsular. Vivían nuns poboados chamados castros e coñecían a metalurxia, pero non a escritura.
  • As relacións entre celtas e iberos comportaron a aparición dos celtiberos, uns pobos de orixe e lingua celtas, pero influenciados polos iberos. Asentáronse no Leste da Meseta e no Sistema Ibérico. 
3. A cultura castrexa
  • A cultura castrexa abranguía a meirande parte de Galicia, o Norte de Portugal e o Oeste de Asturias.
  • A principal característica da cultura castrexa eran os castros, pequenos poboados fortificados protexidos por elementos naturais. No seu interior localizábanse as vivendas sen formar rúas e no centro situábanse edificios comúns (relixiosos ou funerarios).
  • As vivendas eran de planta circular. Os seus muros construíanse de pedra e cubríanse dunha teitume de pólas e palla que se sostiña cun poste central.
  • Os pobos galaicos vivían da agricultura e da gandaría, e tamén da pesca e do marisqueo. A minaría era unha importante fonte de riqueza.
  • Estes pobos mantiñan relacións comerciais entre eles e con pobos atlánticos e do interior peninsular. Non usaban a moeda nin a escritura.
  • A sociedade castrexa organizábase en tribos onde existía certa xerarquización social, con predominio da caste militar. A súa relixión era politeísta e destacaron na arte da forxa e na ourivaría.
4. Os iberos
  • Os iberos vivían en poboados amurallados situados en lugares elevados e preto de fontes de auga.
  • No interior do poboado, as vivendas agrupábanse formando rúas e, a miúdo, existían prazas destinadas a usos comunitarios.
  • As vivendas adoitaban ser de planta rectangular. Edificábanse sobre un zócalo de pedra e os muros eran de adobe, cunha teitume de pólas e palla que se impermeabilizaba cunha capa de arxila.
  • Os iberos practicaban a agricultura, a gandaría e a metalurxia. Elaboraban cerámicas e tecido. Coñecían a escritura e acuñaban moeda, que lles permitía un intenso comercio cos pobos colonizadores.
  • A súa sociedade tiña unha estrutura xerarquizada: unha aristocracia propietaria de carácter guerreiro e sagrado, exercía o poder.
  • Os iberos destacaron na arte da escultura figurativa e no relevo en pedra.
Hispania e Galicia na hispania romana
1. A conquista romana
  • As Guerras Púnicas enfrontaron romanos e cartaxineses polo dominio do Mediterráneo occidental.
  • No século III a.C., os cartaxineses, con Amílcar Barca ao mando, conquistaron o Sueste peninsular. No 220 a.C., o seu fillo Aníbal planeou a conquista de Roma dende a Península Ibérica.
  • Para frear a expedición de Aníbal, os romanos decidiron conquistar a Península Ibérica e expulsar os cartaxineses (desembarco en Ampurias, no 218 a.C.).
  • A conquista romana da Península Ibérica produciuse entre o 218 e o 19 a.C. en catro fases:

    • Entre o 218 e o 201 a.C, Roma dominou o litoral mediterráneo.
    • Do 201 ao 154 a.C, controlou a Meseta oriental.
    • Do 154 ao 133 a.C, conquistou a zona occidental da Península, que ofreceu maior resistencia.
    • Do 29 ao 19 a.C, someteu as belicosas tribos do Norte peninsular. A conquista deuse por acabada.
2. Hispania, un territorio do Imperio romano
  • Para administrar os territorios conquistados, os romanos dividiron a Península Ibérica en provincias, e puxeron un gobernador á fronte de cada unha.
  •   
  • Hispania integrouse no circuíto económico romano:
    • A produción agrícola (cereais, aceite, viño, gando...) e pesqueira (salgadura) aumentou grazas aos avances técnicos. Nos latifundios empregábanse escravos.
    • A produción artesanal tivo un gran desenvolvemento (cerámica, tecidos, armas...).
    • As minas (ouro, prata, ferro, cobre...) explotáronse con novas técnicas de extracción.
    • Moitos produtos exportábanse por todo o Imperio por vía marítima e grazas á extensa rede de calzadas, construída para facilitar o comercio.
3. Gallaecia, unha provincia romana
  • O territorio ocupado polos galaicos pasou a formar parte do imperio romano co nome de Gallaecia.
  • Esta provincia romana foi dividida en tres conventus e a maior parte do territorio galego incluíuse no Conventus Lucensis.
  • Coa chegada dos romanos impúxose o pagamento de taxas, que os galaicos pagaban en especies (peles, cabalos...) e a obriga de enviar soldados ao exército romano.
  • O principal interese de Roma por estas terras foi a explotación dos recursos mineiros (estaño, prata, ouro...).
  • As poboacións establecéronse preto das minas e en enclaves portuarios dende onde partían as mercadorías de minerais. Moitos castros convertéronse en explotacións agrícolas e pesqueiras.
  • As cidades, construídas segundo o modelo urbanístico romano, estaban unidas por unha rede de calzadas e nelas edificáronse obras públicas (pontes, termas...).
4. O legado de Roma
  • A integración de Hispania no mundo romano supuxo a adopción da lingua, o dereito, as institucións, a relixión e a arte propios desta civilización.
  • Este proceso de asimilación cultural por parte dos indíxenas foi longo e coñécese como romanización. A cultura romana difundiuse grazas ás cidades.
  • En España consérvanse numerosas construcións e obras artísticas da época romana:
  •  


    • Obras públicas e de enxeñaría (acuedutos, teatros, anfiteatros, murallas, pontes, calzadas, templos, arcos, termas, monumentos funerarios...).
    • Mostras artísticas (mosaicos, esculturas, etc.).
    •  
VIDEOS SOBRE O TEMA:



Máis videos en: Recursos de 1º de ESO

Tema XII: O IMPERIO ROMANO E A SÚA HERDANZA CULTURAL




RESUMO TEMA XII: ROMA (Historia, Vida e Arte)
A Orixe de Roma
•    No II milenio a.C. A Península Italiana estaba ocupada polos latinos (no centro), os etruscos (no Norte) e os gregos (no Sur).
•    A mediados do século VIII a.C., algunhas tribos de latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber e ergueron poboados sobre sete outeiros, que serían a orixe da cidade de Roma.
•    Roma converteuse moi cedo nun importante enclave comercial, onde se realizaban gran parte dos intercambios entre os distintos pobos.

A historia de Roma divídese en tres etapas: monarquía, República e Imperio

A Monarquía:
•    Nos primeiros tempos, Roma foi gobernada por unha monarquía.
•    O rei, que tiña os máximos poderes, gobernaba coa axuda dun Senado, composto das grandes familias aristocráticas (patricios).
•    Roma tivo sete reis; os catro primeiros, latinos e os tres últimos, etruscos.
•    Baixo a influencia etrusca a cidade de Roma engrandeceuse e mellorou: edificación de novas pontes, acuedutos, rede de sumidoiros, murallas...

A República: Tras a expulsión dos etruscos introdúcese a República
•    O goberno da República fundamentábase en tres institucións:
•    Os comicios, reunión de cidadáns romanos para votar leis e elixir maxistrados.
•    Os maxistrados que gobernaban a cidade, os máis importantes eran os cónsules.
•    O Senado, que era o centro da vida política, ratificaba as leis aprobadas polos comicios e resolvía os asuntos de política exterior e de finanzas.
•    Na Roma republicana, os cidadáns gozaban de diferentes dereitos en función do grupo social ao que pertencían.
•    Os patricios eran familias aristocráticas, grandes propietarios de terras descendentes dos fundadores de Roma, e que tiñan nas súas mans o goberno da cidade.
•    Os plebeos, o grupo máis numeroso, incluían os campesiños, os artesáns e os comerciantes que non tiñan propiedades e nun principio carecían de dereitos políticos. No século V a. C. conseguiron poder elixir a un representante: O tribuno da plebe e tamén outros dereitos por medio da Lei das Doce Táboas.
•    Os non cidadáns sen dereito de ningún tipo: Escravos e libertos (escravos liberados)

A expansión de Roma. A Conquista do mediterráneo:
•    O crecemento da súa riqueza e un numeroso e eficaz exército permitíronlle a Roma a conquista de enormes territorios.
•    Entre o 500 e o 250 a.C, a cidade de Roma apropiouse da Península Itálica.
•    Entre os anos 264 e 146 a.C., Roma enfrontouse a Cartago, nas denominadas guerras púnicas, e conquistou o Mediterráneo occidental.
•    Entre os séculos II a.C. e II d.C., as lexións romanas conquistaron Grecia e o Mediterráneo oriental, e completaron a ocupación en Hispania, Galia e Britania

A Crises da República:
•    As conquistas proporcionáronlle a Roma grandes riquezas, pero tamén orixinaron grandes desigualdades sociais.
•    Gran parte dos campesiños arruináronse ao ter que abandonar as súas terras para servir no exército.
•    Os prexudicados polas conquistas protagonizaron conflitos sociais (revolta dos irmáns Graco) en demanda dunha mellor repartición da riqueza.
•    A crise do século I a.C. provocou que o Senado e os maxistrados lles desen o poder aos xefes militares, ditadores, que se enfrontaron entre si, xerando violentas guerras civís.
•    Un destes militares, Xulio César, proclamado ditador perpetuo (48 a.C.), foi asasinado por aqueles que vían perigar o seu poder (44 a.C.).

O Imperio:
•    Octavio Augusto, fillo adoptivo de Xulio César, inaugurou un novo sistema de goberno: o Imperio.
•    Concentrou na súa persoa todos os poderes civís e militares que antes exercían os maxistrados.
•    Foi nomeado cónsul vitalicio e xefe do exército (emperador), redactaba as leis (edictos) e converteuse na primeira autoridade relixiosa (gran pontífice).
•    O Senado, os maxistrados e os comicios continuaron existindo, pero o seu papel era só simbólico.
•    Era o emperador quen designaba todos os cargos importantes que dirixían o Imperio, para aplicar e transmitir as súas ordes creouse o Consello imperial.
•    Os territorios que se incorporaron ao Imperio organizáronse en provincias, a cuxa fronte colocaba a un gobernador axudado por funcionarios romanos.
•    Ao longo dos séculos I e II d.C., o Imperio acadou a súa máxima expansión e prosperidade (pax romana).
•    Durante ese período, as guerras foron escasas e os territorios conquistados romanizáronse.
•    Roma converteuse nunha gran cidade de máis dun millón de habitantes.
•    No ano 212, o emperador Caracalla quixo equiparar a todos os habitantes do Imperio e concedeulles a cidadanía romana.

A Crises do Imperio: Século III d C:
•    A partir do século III d.C., o Imperio tivo que enfrontarse a unha serie de problemas.
•    As fronteiras volvéronse inseguras a causa dos continuos ataques dos pobos xermánicos (bárbaros).
•    A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as revoltas contra o emperador.
•    A estes problemas sumáronselles os problemas económicos: descenso da produción agrícola e mineira, estancamento do comercio e empobrecemento da poboación.
•    No ano 395, para facilitar a súa defensa, o emperador Teodosio dividiu o Imperio entre os seus fillos, Arcado e Honorio.
•    A partir dese momento quedaron separados o Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de Oriente.
•    No Imperio de Oriente (bizantino) o emperador soubo manter a súa autoridade e defender as fronteiras, e o Imperio sobreviviu.
•    En Occidente, pola contra, a decisión de Teodosio foi insuficiente para salvar o Imperio.
•    A comezos do século V, os pobos xermánicos traspasaron as fronteiras e entraron no Imperio occidental.
•    As pobos invasores fóronse instalando nas terras de Occidente e crearon reinos independentes.
•    A caída do último emperador romano de Occidente (Rómulo Agústulo) marca a fin da Antigüidade e o inicio da Idade Media. Ano 476 da nosa era

O Mundo Romano:
•    Roma foi un Imperio de cidades, fundáronse centos e todas elas tiñan unha estrutura semellante.
•    As cidades eran o lugar de residencia das autoridades e da administración, e o centro económico onde se realizaban as actividades artesanais e comerciais.
•    Ademais, as cidades contribuíron á romanización do Imperio, isto é, axudaron a difundir a lingua, os costumes, as leis e o modo de vida dos romanos.
•    Os romanos introduciron o arado, os muíños para prensar aceite e viño, novos sistemas de regadío e o cultivo de novos produtos: árbores froiteiras, hortalizas, cereais...
•    En todas as provincias xurdiron colonias agrícolas, con campesiños que explotaban a terra para a súa propia subsistencia.
•    Tamén se estenderon os latifundios, que eran explotados por patricios e onde traballaban maioritariamente escravos.
•    Nos primeiros séculos do Imperio, o comercio entre as provincias viuse favorecido pola paz interna, a seguridade nas comunicacións e o aumento da produción.
•    Os romanos contaban con magníficas calzadas que unían Roma con todas as provincias do Imperio.
•    O comercio internacional efectuábase esencialmente por vía marítima: Ostia, Antioquia e Alexandría eran os portos máis importantes.
•    A existencia dunha moeda sólida e común en todas as terras do Imperio axudou ao desenvolvemento comercial.

A Vida Cotiá:

Profesións:
•    maxistrado, sacerdote (nobreza) -  financeiro (clase ecuestre)  -  comerciante (plebeo rico)  -  obreiro, artesán (clase baixa)  -  Familia baixo o dominio do pai ou marido (patria potestade) -  Fillos:  o colexio acompañados do pedagogo  -  Matrona: ó cargo do fogar: escravos, compras, etc.  -  Mulleres de clases humildes:  vendedoras, tecedoras, prostitutas
Vivenda:
•    Nas cidades: DOMUS: vivenda dos aristócratas (ricos): de planta rectangular, de un ou dous pisos, con habitacións moi amplas e INSULAS: vivendas da clase media. Son edificios de varios pisos
•    No Campo: VILAS con gran cantidade de estancias: casa do propietario, cortes, celeiros...
Vestido:
•    Túnica (prenda interior)
•    Toga (vestiario masculino)
•    Stola e palla (vestiario feminino)
Alimentación:
•    Almorzo: pan con aceite, viño, queixo, mel, froita
•    Comida: carne fría, legumes, froitas, sobras e algo de viño
•    Cea: comida forte do día facíase en familia. Para os máis ricos podía ser un verdadeiro festín: entremeses, asados, sobremesas e viños
Os máis modestos contentábanse cunha cunca de cereais, algo de touciño, verduras e legumes
    Relixión: Culto público e privado
•    En Roma rendíaselles culto en privado aos deuses da casa e do fogar (lares e penates), e tamén se honraba os espíritos dos antepasados (manes).
•    En público os romanos acolleron os deuse gregos e latinizaron o seu nome
•    A partir do século II d C  o Cristianismo empeza a coller algo de forza.
•    Houbo moitas persecucións: as catacumbas
•    Constantino decretou a fin das persecucións contra os cristiáns (Edicto de Milán, 313).
•    A finais do século IV, o emperador Teodosio fixo do cristianismo a relixión oficial do Imperio.
•    Co tempo, o cristianismo espallouse por todo o Imperio.

O Urbanismo e a Arte Romana:
•    As cidades romanas estaban amuralladas e as rúas estruturábanse formando ínsulas, isto é, rueiros de casas con patio central.
•    As cidades estaban amuralladas e dispoñían de dúas arterias principais: o cardo (eixe N-S) e o decumano (eixe L-O) que se cruzaban nunha praza, o foro.

Arquitectura: Obras útiles e prácticas
•    Mesturaron os elementos arquitectónicos gregos coas técnicas aprendidas dos etruscos, coma o arco e a bóveda.
•    Tamén usaron a cúpula, que lles deu ás súas edificacións unha grande amplitude e grandiosidade.
•    Na maioría de construcións usaron o ladrillo cocido e unha masa parecida ao cemento.
•    Nos edificios públicos máis luxosos estes materiais recubríanse con adobe pintado ou con mármore.
•    Crearon a columna de tipo composto ( mixtura do Xónico e do Corintio )
De entre as obras públicas romanas cabe salientar:
•    Os edificios relixiosos.
•    Os dedicados á administración e ao goberno do Imperio.
•    Os destinados ao lecer.
•    As vías de comunicación.
•    Os monumentos conmemorativos.


A Escultura: O realismo romano
•    A maioría dos palacios e espazos públicos romanos estaban adornados con esculturas que copiaban os modelos gregos.
•    A innovación da escultura romana recae no retrato, que representaba un marcado realismo, en contraposición co idealismo dos gregos.

A Pintura:
•    Os romanos adoitaban decorar as súas vivendas con pinturas murais.
•    Os temas máis representados eran os mitolóxicos, as escenas da vida cotiá, os retratos, as paisaxes e as construcións arquitectónicas de fantasía.
•    As pinturas realizábanse coa técnica do fresco e protexíanse cunha capa de cera que avivaba as cores.

O Mosaico:
•    Os  romanos utilizaron mosaicos para decorar os pavimentos e as paredes dos palacios e das casas.
•    Os mosaicos podían ter unha decoración xeométrica ou figurativa.
•    Entre a figurativa atopamos os mesmos temas que na pintura.

TEMA XII. ROMA. 2ª parte

TEMA XI: A CIVILIZACIÓN GREGA

A Civilización Grega. 1ª  parte: O Mundo Grego

RESUMO DA HISTORIA DE GRECIA:
LOCALIZACIÓN : Península Balcánica

PRIMEIROS POBOADORES:
CRETENSES: Rei Minos.  Cidades: Knosos e Faistos.
AQUEOS:  Conquistan Creta.  Fundan Micenas
DÓRICOS:  Sitúanse en Peloponeso.  Fundan Esparta
XÓNICOS: Sitúanse en Ática. Fundan Atenas

ATENAS

CLASES SOCIAIS: Eupátridas ou cidadáns. Metecos ou estranxeiros.  Doulcos ou escravos.
ECONOMÍA: marítima e comercial .
ESTADO: Democrático.
ORGANIZACIÓN POLÍTICA:
Poder Executivo:  - ARCONTES, ESTRATEGOS
Poder Lexislativo: - ECLESÍA (ASEMBLEA)(Aproba as leis).  - BULÉ (Propón leis).
Poder Xudicial:  - HELIASTAS: delitos comúns.  - AEROPAGO: delitos de sangue.

ESPARTA: 

CLASES SOCIAIS: esparciatas (dirixentes, con dereitos); periecos ( Libres pero sen dereitos); ilotas ( escravos do estadoI
ESTADO:  Monarquía aristocrática militar
ORGANIZACIÓN POLÍTICA:
Reis: máxima autoridade
Xerusía ou consello de anciáns: goberno xunto cos reis
Asemblea: Acepta ou rexeita as propostas dos anteriores
Eforado: Inspección dos asuntos estatais

EVOLUCIÓN POLÍTICA

MONARQUÍA: Governo dun rei
ARISTOCRACIA: Governo dos ricos.
DEMOCRACIA: Os cidadáns elixen aos seus governantes
                      CLÍSTENES: Crea os demos. Crea o ostracismo.
                      PERICLES: Consolida a democracia.

As GUERRAS MÉDICAS: PERSIA VS. GRECIA
      - CAUSA: Expansionismo persa polo Mar Exeo.
                  - PRETEXTO: Rebelión de Mileto contra Persia.
     PRIMEIRA GUERRA MÉDICA: - Contra Darío.  - Batalla de Maratón: Gana Grecia.
                  SEGUNDA GUERRA MÉDICA: - Contra Jerjes. - Salamina, Platea e Micala: Gana Grecia.
TERCEIRA GUERRA MÉDICA: - Contra Artajerjes. - Batalla de Eurimedonte: Gana Grecia. - Paz de Calias ou de Cimón.

As GUERRAS DO PELÓPONESO: ESPARTA VS. ATENAS
      CAUSA: Disputa entre as Ligas de Peloponeso e a de Delos.
      BATALLA: Esparta (Lisandro) vence a Atenas en Egospotamos.

     GUERRA TEBANA: TEBAS VS. ESPARTA : Batalla de Leuctra: Vence Tebas. Funda a Liga de Beocia. Batalla de Mantinea:      Vence Esparta.

GUERRAS MACEDÓNICAS
     CAUSA: Expansionismo de Filipe II e Alexandro Magno.
     Batalla de Queronea: Filipe II conquista Grecia. Crea Liga de Corinto.
     Batallas de Gánico, Isso e Arbelas: Alexandro conquista Persia.
     * Morre Alexandro (33 anos)

DIVISIÓN DO IMPERIO MACEDÓNICO:
     REINO DE MACEDONIA: Antígono.
     REINO DE EXIPTO: Ptolomeo.
     REINO DE SIRIA: Seleuco.

A VIDA COTIÁ
A VIVENDA:dunha soa planta ou de dúas, construidas con materiais lixeiros. Tódolos cuartos dan aun patio ou pórtico. Sobresaen sempre dous : Un reservado para as mulleres O XINECEO e outro para os homes O ANDRÓN´.

O VESTIDO
    * Os materiais que utilizaban os gregos para confeccionar os seus vestidos eran, preferentemente, o liño , a lá e as peles .
    * O vestido do home acostumaba ter dúas pezas: unha interior ou QUITÓN e unha exterior, manto ou HIMATIÓN .
    * Os rapaces levaban túnicas curtas sen cinto.
    *   As túnicas curtas eran empregadas para realizar traballos e as longas utilizábanse para ocasións especiais.
    . O vestido das mulleres era parecido ao dos homes. A túnica chamábase PEPLO .
    . Levaban colares, pulseiras, pendentes e aros
    * As mulleres tinguían o pelo para parecer loiras, porque esta era a cor máis apreciada.
    * Tamén empregaban postizos e perrucas .
    * Utilizaban cremas de beleza, toda clase de perfumes e maquillaxe.

A COMIDA
    * A comida compúñase de pan ou de maze e do acompañamento de pan ou opson . Opson designaba todo alimento que non fose pan: olivas, allo, cebolas, legumes, queixo, carne, peixe, froita e lambetadas. Moi pouca carne
    * Comían cos dedos non coñecían o garfo, pero si coñecían o coitelo e a culler. e bebían auga ou auga con mel (hidromel) tamén algo de viño mixturado con auga. Tamén bebían leite, sobre todo de cabra
    * As mulleres eran as que cociñaban, sobre todo as escravas.
    * Empregaban pratos de madeira, de barro ou metal.
    * O alimento base dos espartanos era o caldo negro, que era un guiso sazonado con carne de porco, sangue, vinagre e sal.
   
A FAMILIA:Era patriarcal o pai era o cabeza de familia.
    * A muller estaba relegada ao traballo do fogar e ao coidado dos fillos e fillas.
    * Os fillos a partir dos sete anos recibían unha educación na escola e acudían ao ximnasio.
    * Aos 18 anos eran efebos e despois do servicio militar eran cidadán de pleno dereito.
As Mulleres Na Antiga Grecia
    * As nenas atenienses non ían á escola, aprendían coa nai,     avoa ou criadas as labores da casa.
    * Algunhas aprendían a ler, algo de cálculo e algo de     música.
    * Casaban sobre os 15 anos e o matrimonio era concertado     polos pais.
    * A muller quedaba totalmente sometida ao marido, que podía     repudiala ou matala no caso de adulterio.
    * Durmía nunha habitación distinta á do marido.
    * Se o home morría non tiña dereito ás propiedades do  marido e podía ser expulsada da casa.
    As bailarinas, músicas, prostitutas e hetairas tiñan máis liberdade.
CURIOSIDADES
    * Os baños públicos eran lugares de reunión.
    * Gustáballes a música. Os instrumentos máis utilizados eran a cítara e o óboe.
    * O teatro era unha gran atracción. Os actores ían cubertos con máscaras. A traxedia
    * Tiñan moitos xogos: dados, bolas, aros, episkyros…
    * Os gregos dábanlle moita importancia ao exercicio físico. Practicaban para participar nos XOGOS OLÍMPICOS que se celebraban cada 4 anos.
    * Os gregos consultaban a miúdo un oráculo.(Un sacerdote ou sacerdotisa falaba no nome dos deuses)
Pódese decir que aos gregos debemoslle: A moeda como forma de pagamento. A democrácia. A filosofía. A pizza (na magna Grecia) significa pan.O parafuso (Arquímedes ou Arquitas de Tarento? ). A catapulta. O reloxo de auga. A tella e a construcción con argamasa de cal. As vogais. As notas musicais. As olimpiadas. Os dados. A ducha (aparece por primeira vez representada nun xarrón).



Ficha de actividades de reforzo:
 

A Civilización Grega. 2ª parte: Crenzas, arte e cultura

RESUMO DA ARTE E A CULTURA GREGA
A ARTE E A CULTURA GREGA
INTRODUCCIÓN
A cultura que crearon os antigos gregos e romanos constitúe un dos grandes patrimonios da humanidade e é a base da nosa cultura occidental.
En Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a democracia como forma de goberno.
A RELIXIÓN
•    Era:
•      Politeísta, cun panteón de deuses)
•     Antropomórfica: Deuses con forma e sentimentos humanos
•    Con cultos: privados, públicos e Panhelénicos (deuses compartidos por tódolos gregos)
A CULTURA
Características:
•    Preocupación pola Natureza
•    Paulatino triunfo da razón : Pensamento Racional
•    Cultivado polos Filósofos que explicaban as grandes interrogantes da vida mediante o diálogo e a reflexión.
•    A Ciencia vinculase tamén ao pensamento racional, buscando  as causas que regulaban a orixe e o funcionamento da natureza (explicacións científicas).
•    Os seus ideais son: A verdade, o ben, a beleza e o equilibrio
•    Cultivan os grandes xéneros literarios: A Épica, lírica, teatro, historia
No teatro as obras divídense en:
•    A traxedia amosaba os sentimentos, os conflitos humanos e a forza da paixón.
•    A comedia recreaba de forma satírica distintos aspectos da vida cotiá.
A ARTE:
A)    Arquitectura:
•    Edificios equilibrados e proporcionados de gran beleza e perfección (Templos e teatros)
•    Era arquitrabada (adintelada), sen arcos nin bóvedas, con columnas verticais e vigas horizontais, que reciben o nome de lintel ou arquitrabe.
•    Distínguense tres ordes (estilos) arquitectónicas:  a dórica , a xónica e a orde corintia variedade tardía da xónica.

Os templos:
•    Os templos eran a morada dos deuses e no seu interior non entraban os fieis. A planta era rectangular e distinguíanse as seguintes partes:
•    No centro situábase a cella, onde se gardaba a estatua da deidade.
•    Rodeábanse de unha columnata que constituía o perístilo
•    O exterior decorábase con esculturas, situadas no frontón e no friso.
Os teatros:
•    Os teatros son a outra gran construción pública da época grega, construíanse aproveitando as abas das montañas.
•    As bancadas tiñan forma semicircular e unha inclinación que lles proporcionaban unha acústica e unha visibilidade perfectas, a escena e a orquestra situábanse na parte chá.
•    As partes son:
•    Cávea: bancada para os espectadores
•    Orquestra: Circulo central onde actúa o coro
•    Edificio de fondo onde actúan os actores e onde están os vestiarios
B)    A ESCULTURA

•    A escultura procuraba a representación da beleza ideal e o movemento.
•    Para isto, buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo, o canon.
•    Na escultura da antiga Grecia podemos distinguir tres grandes etapas:
•    Época arcaica: representábase a mozos espidos (kouroi) e doncelas ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, en posición frontal.
•    Época clásica caracterízase pola perfección técnica, a beleza, a serenidade e o canon ou proporción das partes da figura respecto ao conxunto: (O corpo tiña 7 veces a cabeza)
•    Época helenística, os corpos retorcíanse, o movemento esaxerábase e os rostros amosaban sentimentos.

C)    A CERÁMICA
•    Obras moi variadas e de grande perfección
•    Decoradas con fermosas pinturas que representaban todo tipo de escenas, principalmente da vida cotiá, mitolóxicas e incluso eróticas
D)    A PINTURA

•    Aínda que sabemos que moitos edificios gregos estaban decorados con pinturas, a maioría delas non se conservaron.
•    Grazas á conservación da cerámica podemos coñecer a temática e algunhas das características da pintura grega.
PERSONAXES  DA CULTURA
En Historia: O pai da Historia é Heródoto, autor dos Nove Libros da Historia “Guerras Médicas”
Tucídides, escribiu acerca da Guerra do Peloponeso e Jenofonte, escribiu  “a retirada dos dez mil”
En matemáticas: Pitágoras
En medicina: Hipócrates
En Filosofía:  Sócrates, Platón e Aristóteles.
En  Política: Solón e Pericles
En  escultura: Fidias autor da técnica dos “panos mollados”; Mirón; Policleto; Praxiteles...
Na épica: Homero
En Teatro: A Traxedia alcanzou o seu máis desenvolvemento con: Esquilo, Sófocles e Eurípides.
Na Comedia sobresaíu  Aristófanes.


ALGÚNS EXERCICIOS INTERACTIVOS:


Para saber máis podes visitar os Blogs e páxinas Webs mencionadas na marxe dereita deste Blog ou ben visitar as mencionadas na última diapositiva da primeira das presentacións, tamén podes visionar este VIDEO


Si ques ver algunha película desta época suxiroche visites esta páxina:

IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04